San Cibrao das Viñas, Santo Cristo de
San Cibrao das Viñas, Santo Cristo de
Capela situada en San Cibrao das Viñas. Construída no s XIV con reformas posteriores, ten unha soa nave con cuberta de madeira a dúas augas sostida por un beiril apoiado en canzorros xeométricos e figurados, de tradición románica. O arco triunfal é apuntado e apóiase en dúas liñas de imposta con molduras. No exterior destaca pola súa sobriedade. A espadana foi un engadido posterior.