"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso que ten lugar ao facer reaccionar un ácido carboxílico cun alcohol para dar un éster máis auga. Nesta reacción os materiais de partida e os produtos están en equilibrio, que pode desprazarse en calquera dirección cando se emprega un exceso dun dos compoñentes. O proceso de esterificación introducido por E. Fisher e S. Speier no 1895 consiste en ferver o ácido carboxílico cun exceso de metanol ou de etanol en presenza dun 3% de ácido clorhídrico. Os catalizadores máis empregados para acelerar a reacción, que é lenta en condicións normais, adoitan ser o ácido sulfúrico concentrado ou un ácido de Lewis. O proceso inverso á esterificación é a hidrólise dun éster, que recibe o nome de saponificación cando a reacción ten lugar nun medio básico. A reacción dun éster cun alcohol para dar outro éster diferente sen a obtención dun ácido libre, recibe o nome de transesterificación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Converter ou transformar unha substancia no seu éster.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura alongada e delgada que soporta as células reprodutoras dalgúns fungos, como as que sosteñen as esporas e fican no basidio logo da dispersión destas.
-
-
Que non dá froito ou que non produce nada.
-
Aplícase ao individuo que presenta esterilidade.
-
Aplícase á flor que non ten nin estames nin pistilos.
-
Aplícase á rocha que ten pouco ou ningún mineral nunha explotación do xacemento.
-
Que está libre de microorganismos.
-
-
-
Calidade de estéril.
-
Imposibilidade de ter descendencia no proceso de reprodución sexual. No caso dos humanos hai unha esterilidade fisiolóxica que pode ser prepúbere, debido á falta de maduración dos espermatozoides ou ao feito de non iniciarse a ovulación, e pospúbere, cando se chega á andropausa e á menopausa. Durante os períodos teoricamente fecundos pode aparecer unha esterilidade de tipo patolóxico. A esterilidade patolóxica masculina ten numerosas causas: ausencia de espermatozoides, deficiencia na súa formación ou no seu tempo de vida, dificultade para que os espermatozoides sexan depositados no aparato xenital feminino, e as causas ocasionadas por lesións ou atrofia dos testículos ou tamén por causas psíquicas. A esterilidade patolóxica feminina é moito máis complexa. As causas poden ser alteracións na estrutura dos órganos xenitais, pero as máis importantes son de orixe endócrina e producen alteracións de ovulación e implantacións defectuosas por falta de preparación do endometrio; outras causas de...
-
Enfermidade que se caracteriza pola imposibilidade de producir grans de pole vivos nos estames das flores, a causa, probablemente, dun factor de control que se localiza no citoplasma das células e non no núcleo. Aprovéitase en técnicas biotecnolóxicas, en cultivos in vitro, para producir híbridos cunha eficacia do 100%.
-
-
-
Acción de esterilizar ou esterilizarse.
-
Intervención que ten por obxecto anular a facultade de reprodución dun organismo. Pódese realizar por métodos cirúrxicos, químicos ou mediante irradiacións. No home realízase xeralmente coa ligadura e corte dos condutos deferentes dos testículos, operación coñecida co nome de vasectomía; e na muller faise mediante o bloqueo das trompas de Falopio con grampas, coñecida como ligadura de trompas. En moitos animais a esterilización faise por extirpación dos órganos sexuais ou castración.
-
Proceso que consiste na eliminación total de toda forma microbiana (bacterias, fungos, virus), tanto latente como vexetativa, que existe nun determinado medio (alimentos, instrumentos cirúrxicos, feridas, etc). Pode ter lugar por procedementos químicos ou físicos. Os axentes físicos máis empregados son a calor, que pode ser húmida ou seca, a filtración e as radiacións. Entre os sistemas que empregan a calor húmida destaca o autoclave de Chamberland, con temperaturas de 120°C a 140°C, ou a tindalización, que permite a eliminación das endósporas, e entre os que empregan a calor seca está a incineración ou as estufas de tipo Pasteur ou Poupinel con temperaturas de 160°C. A filtración a través de distintos tipos de membranas emprégase para solucións que non se poden esterilizar por outros métodos. Entre as radiacións máis utilizadas destacan as ultravioletas, que non atravesan o plástico ou algúns tipos de cristais, por iso son de acción superficial, os raios X, que si atravesan os plásticos,...
-
-
-
Que esteriliza.
-
Aparello que se emprega para a esterilización, como o autoclave ou a lámpada de raios ultravioletas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que esteriliza.
-
-
Facer estéril.
-
Producir a esterilización dun ser vivo.
-
Liberar de microorganismos un produto, un obxecto ou un medio mediante un proceso de esterilización.
-
olverse estéril.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moeda inglesa cunha lei de tres diñeiros de prata, cuñada por Enrique II Plantagenet (1154-1189) e os seus sucesores. Aparecía o busto do rei coroado e no reverso unha cruz e tres grupos de tres puntos en cada ángulo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á libra esterlina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao esterno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grixoa de Esternande.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das pezas que, unha vez soldadas, forman o esterno dos vertebrados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Placa do esqueleto externo que cobre a rexión ventral de calquera segmento corporal dos artrópodos.
-
-
Óso plano, alongado e desemparellado da cintura pectoral dos vertebrados, que se sitúa en posición ventral e media. Está presente nos vertebrados terrestres, aves e mamíferos acuáticos, e ausente nos peixes. Os anfibios, que carecen de costelas, teñen o esterno unido á cintura pectoral. Nos réptiles, excepto ofidios, quelonios e algúns saurios, o esterno pecha ventralmente a caixa torácica. Nas aves aparece moito máis desenvolto, co fin de servir de inserción aos músculos das ás, e presenta unha prominencia laminar denominada quilla. Nos mamíferos o esterno ten unha lonxitude duns 15-20 cm e unha anchura duns 5-6 cm. Está composto de diversas pezas soldadas, as estérnebras, que en sentido cranio-caudal reciben o nome de manubrio, corpo e apéndice xifoide, e presenta tamén dous bordos laterais onde se insiren as costelas e a clavícula.
-
Parte anterior de cada un dos segmentos do exoesqueleto dos artrópodos.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao esterno e á clavícula.
-
Articulación do esterno e a zona exterior da clavícula que, co seu movemento, contribúe ao do ombreiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Músculo da rexión lateral do pescozo que empeza na clavícula e no esterno e se insire na apófise mastoidea do óso temporal e no óso occipital.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao esterno e ás costelas.
-
-
Relativo ou pertencente aos esternoptíquidos.
-
Peixe da familia dos esternoptíquidos.
-
Familia de peixes abisais peláxicos ou batipeláxicos, de corpo moi comprimido e coloración xeralmente prateada, quilla abdominal, aleta dorsal cunha lámina espiñenta e aleta adiposa bastante longa e moi baixa. A boca está fendida case verticalmente e ten maxilares provistos de grandes dentes; algunhas especies poden abrir a boca de xeito particular ao levantar a cabeza respecto á columna vertebral grazas a unhas vértebras especiais presentes no pescozo. Esta adaptación sérvelles para aproveitar un maior rango no tamaño das eventuais presas coas que teñen contacto nas grandes profundidades nas que adoitan vivir. Son peixes depredadores que realizan migracións na columna de auga en función da hora do día en que estean, máis preto da superficie durante a noite. Aínda que resultan frecuentes non teñen interese económico. Reciben a denominación popular de peixes machada.
-