"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Aplicación da fotografía ao estudo dos espectros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á espectrofotografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio dos espectros realizados mediante o espectrógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao espectrógrafo ou á espectrografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espectrómetro que permite rexistrar sobre un soporte de imaxe, que pode ser unha placa fotográfica, uns receptores fotoeléctricos ou unhas cámaras de televisión, o espectro da radiación estudiada. A incorporación dunha cámara fotográfica a un espectrómetro convérteo nun espectrógrafo. Un espectrógrafo de placa fotográfica, asociado a un telescopio clásico, permite analizar o dominio espectral comprendido entre os 310 nm e os 1.100 nm. A placa fotográfica pode substituírse, neste dominio, por cámaras electronográficas, cámaras CCD, cámaras de televisión ou receptores fotoeléctricos.

    2. Aparato que determina o nivel relativo das diferentes frecuencias que integran un son complexo. Permite analizar os harmónicos e expresar a súa porcentaxe e o seu nivel. Está composto dunha serie de filtros que descompoñen a corrente microfónica, de xeito que só permiten o paso dunha serie de frecuencias. Estas, trala correspondente análise electrónica e dixitalización coa axuda de medios informáticos, convértense en variacións de luminosidade sobre unha pantalla, e dan conta dos compoñentes da onda sonora inicial.

    3. Espectrómetro de masa dotado dun sistema de rexistro fotográfico.

    4. Espectrómetro magnético dotado dalgún tipo de sistema que rexistre as intensidades dos diferentes feixes de partículas cargadas electricamente, separados de acordo co valor do seu momento lineal. É, polo tanto, un espectrómetro magnético rexistrador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Imaxe ou representación gráfica que se obtén mediante un espectrógrafo.

    2. Representación visual dos trazos acústicos que constitúen os sons dunha cadea fónica, observable nunha pantalla e da que se pode obter impresión en papel a partir dun soporte magnético. A dimensión horizontal desta representación mostra a progresión temporal e o eixe vertical a escala de frecuencias. Así mesmo, canto maior é a intensidade (é dicir, máis alto o son) máis escura é a mancha representada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que consiste nun espectrohelioscopio dotado dunha cámara cinematogáfica, que se emprega para filmar a evolución de fenómenos solares, xeralmente en luz monocromática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio do espectro solar que se realiza, xeralmente, mediante un espectroheliógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao espectroheliógrafo ou á espectroheliografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espectrógrafo de alta resolución que se emprega para estudar e fotografar, de forma monocromática, o espectro solar. Xeralmente, consiste nun espectrómetro de fenda que permite seleccionar unha lonxitude de onda, ou unha banda estreita, do espectro solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fotografía do Sol en luz monocromática que se obtén, xeralmente, mediante un espectroheliógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Análise do esperma que consiste no estudo do número, da morfoloxía e da funcionalidade dos espermatozoides. É un dos procedementos empregados para avaliar a fertilidade masculina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou casa das Pegas Construción situada en Sandiás, erixida no s XVIII. A planta adopta a forma de escuadro ao estar formada por dous corpos de dúas alturas. Conserva unha escaleira exterior de pedra cara ao patio e unha capela exenta dedicada a santa María Madanela. Na porta de entrada conserva brasóns alusivos, entre outros, aos Armada, Araúxo, Puga e Salgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e perito agrícola. Foi director (1915) do periódico La Noche. De tendencia conservadora e simpatizante do maurismo, foi membro da Liga de Defensores de Vigo e destacou no movemento antiforista; participou na VII Asemblea Agraria da Coruña (1919), na que defendeu, xunto con Amado Garra, un relatorio sobre redención foral. En 1923 presentouse ás eleccións a Cortes pero non puido conseguir a súa acta de deputado ao ser derrotado por Rafael Gasset Chinchilla. Foi alcalde de Vigo durante a Ditadura de Primo de Rivera (5.12.1923-18.1.1927). Como rexedor municipal conseguiu a cesión de Fernando Quiñones de León, marqués de Alcedo, do Parque e do Pazo de Castrelos para a cidade, a cambio de obter para este o título de Grande de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para rexistrar os movementos respiratorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exploración radiográfica, en desuso, do sistema esplenoportal mediante unha inxección dunha substancia de contraste que se introduce no bazo, coas conseguintes radiografías seriadas, que permiten visualizar a dinámica e a morfoloxía deste sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • criptografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Estudiou na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid, onde coñeceu a Antonio Tenreiro, co que colaborou entre 1921 e 1969. En 1921 iniciaron a construción do Banco Pastor da Coruña; nel empregaron o formigón armado e un vocabulario próximo ao eclecticismo historicista que tentaba enlazar coa arquitectura do rañaceos da Escola de Chicago. A súa colaboración serviu para depurar o eclecticismo e introducir os novos criterios xurdidos do Grupo de Artistas y Técnicos Españoles para el Progreso de la Arquitectura Contemporánea (GATEPAC). Na transformación da fronte do Cantón herculino empregaron as novas tecnoloxías aplicadas á construción. Entre as construcións realizadas en colaboración destacan as casas Barrié (1926), Montero (1926) e Estúa (1928). No Cine Savoy (1931) introduciron elementos expresionistas ou de arte decorativa na utilización das formas curvas nos balcóns. Durante a primeira metade dos anos 30 traballaron na proxección de numerosos edificios do ensanche coruñés,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • taquigrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á estenografía.

    VER O DETALLE DO TERMO