"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría xeolóxica segundo a que todas as rochas da Terra formáronse por precipitación no fondo do mar, que cubría, segundo os autores, toda a Terra. Un dos defensores principais desta teoría foi o alemán Abraham Gottlob Werner (s XVIII). Estes principios básicos foron moi populares porque sostiñan a interpretación da Biblia, especialmente o Diluvio Universal. A teoría oposta é o plutonismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de excitación nerviosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina teolóxica que sostén que hai dúas persoas, divina e humana, encarnadas no Verbo. Tomou o seu nome do patriarca de Constantinopla Nestorio, que por defender a verdadeira divindade e humanidade de Xesús Cristo, rexeitou o termo theotokos (Virxe), aplicado a María, porque confundía ambas as dúas realidades. Á parte deste rexeitamento, a teoloxía de Nestorio afirmou a unidade de Xesús Cristo, e denunciou a fórmula de san Cirilo de Alexandría, ‘unión apostática’, como portadora de monofisismo. As motivacións políticas converteron o nestorianismo en herexía total. O Papa Celestino I, no Concilio de Roma de 430, condenouno, e o Emperador Teodosio II convocou o Concilio de Éfeso (431), que confirmou a condena romana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de campos magnéticos que producen o cerebro e o sistema nervioso en xeral. É un novo medio para estudar alteracións no funcionamento do sistema nervioso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección mental que depende da actividade do sistema límbico e do sistema vexetativo, que se caracteriza por presentar respostas de ansiedade e hiperreactivas e por amosar unha maior fatiga física e mental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia que presentan algúns microbios ou as súas toxinas a fixarse nas estruturas do sistema nervioso.
-
-
Fórmula de dereito internacional segundo a que un país xustifica a súa exclusión dun conflito ou dunha tensión momentánea e regula as obrigacións consecuentes. Formulouse por primeira vez na Conferencia de Bandung (1955) e estruturouse na de Belgrado en 1961 polo Movemento de Países Non-aliñados. Algunhas nacións basearon a súa política nun neutralismo total, como é o caso de Suíza, e outras nun neutralismo parcial, que permite certas intervencións limitadas.
-
Tendencia ou actitude de permanecer neutral.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de teorías sobre crítica literaria que xurdiron en EE UU despois da Primeira Guerra Mundial. Consideraban que a análise da obra literaria debía ser interpretada á marxe do contexto histórico, social ou biográfico, ao partir da idea de que a linguaxe poética é un discurso con características propias. O ideólogo e fundador foi T. S. Eliot e dos seus representantes destacaron W. Empson, A. Tate e J. Crowe Ransom, quen, coa súa obra The New Cristicism (1924), deu nome ao movemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema óptico que consiste nun romboedro de espato de Islandia tallado en dúas partes, segundo a diagonal menor, que son enganchadas novamente con bálsamo de Canadá. Un raio de luz natural que incide sobre o prisma, paralelamente á aresta máis longa, é dividido en dous raios polo fenómeno da birrefrinxencia: o raio ordinario e o raio extraordinario. Polarízanse os dous en direccións perpendiculares, o raio ordinario é desviado por reflexión total e o extraordinario xusto polas costas do romboedro. Utilízanse como produtores (polarizador) e como detectores (analizador) de luz polarizada e teñen sido substituídos por láminas dicroicas (polaroide). OBS: Tamén se denomina nicol.
-
-
Doutrina da seita libertina gnóstica dos nicolaítas, á que se fai mención na Apocalipse, que defendía o abuso dos praceres carnais para matar a concupiscencia. A finais do s II o nicolaísmo enfrontouse a outras seitas. Ireneo de Lyon fixo os nicolaístas discípulos de Nicolao, prosélito de Antioquía.
-
Incontinencia da clerecía e doutrina contraria ao celibato eclesiástico na Idade Media e durante a reforma gregoriana.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación aguda ou crónica de nicotina que se produce polo abuso de tabaco.
-
-
Doutrina que nega radicalmente a posibilidade do coñecemento. A corrente nihilista, dogmatización do escepticismo e vinculada a miúdo co pesimismo, caracterízase por unha actitude negativa respecto a todo. Segundo Nietzsche o nihilismo é a consecuencia da interpretación da existencia dada pola Europa cristiá e moderna.
-
Doutrina segundo a que non se recoñece ningunha autoridade, nin no terreo social nin no político. Neste sentido político, o vocábulo foi empregado e divulgado polo escritor ruso Ivan Turgenev. Poden ser considerados como manifestacións de significado nihilista os atentados terroristas contra persoas consideradas representativas da orde social vixente, como tamén a indisciplina estrutural entendida como rexeitamento do rigor da organización e da acción programada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de noctámbulo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de vida dalgúns grupos humanos que se desprazan periódica ou constantemente dun lugar a outro na procura de condicións de vida mellores. É practicado polos grupos humanos de economía cazadora-recolectora, os cazadores do Ártico e os pobos de agricultura primitiva. A vida nómade por excelencia é a dos pobos de economía gandeira, que han de andar cos rabaños na procura de pastos mellores e dos depósitos de auga ou de sal que lle conveñen aos animais. A súa sociedade é sempre patriarcal, cunha forte división tribal e vivendas móbiles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina filosófica defendida primeiramente por Roscelin e Pedro Abelardo, fronte ao realista Guillaume de Champeaux (s XIII), e despois por Guillerme de Ockham, fronte ao formalismo de J. Duns Escoto (s XIV). Opúxose a recoñecer nas esencias toda clase de existencia real diferenciada no si dos individuos e, polo tanto, nos conceptos universais, toda clase de valor representativo. Os universais son só palabras ou ben signos naturais mentais. Non obstante a garantía última da verdade radica na sensibilidade, por iso propugnou o empirismo de todos os tempos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moeda cuñada na época bizantina que equivalía ao soldo de ouro de Constantino I o Grande. Foi a unidade monetaria principal do Imperio Bizantino ata 1453. Aceptada en todos os mercados durante a Idade Media, sufriu só algunhas alteracións despois dos Comnenos (ss XI e XII).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente doutrinal que se orixinou no Cisma de Novaciano (s III). Baseou a súa doutrina no rigorismo das formas, e mesmo negou á Igrexa o poder de perdoar os pecados e de readmitir aos caídos nas persecucións. Sobreviviu en todo o Imperio Romano polo menos ata finais do s VII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento cultural de alcance político que se iniciou en Catalunya a principios do s XX. Os seus principais abandeirados foron Eugeni d Ors, Josep Carner, Jaume Bofill i Mates, Josep Pijoan, Francesc d A. Galí, J. Torres García, Xavier Nogués e Feliu Elias cuxa característica común foi a superación da tradición romántica e o modernismo. Acordaron que 1906 representara a apertura do movemento, que, pouco a pouco, foi construíndo todo un programa, grazas á plataforma mínima de goberno que representou o poder de Enric Prat de la Riba e o seu equipo político. O seu obxectivo primeiro foi a formación dunha lingua literaria común, codificada pero flexible, e útil para calquera disciplina. Nas artes plásticas, ao comezo, o novo movemento concretouse no arcaísmo depurador que cultivaron algúns posmodernistas, moitos dos que se integraron despois na asociación Les Arts i els Artistes, que sintetizou inquedanzas renovadoras diversas. En pintura foi encarnado polo clasicismo de J. Torres García,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina e práctica dos que prescinden da roupa como medio máis natural con vista ao desenvolvemento de toda a actividade humana. Como movemento, naceu ao comezo do s XX en Alemaña e estendeuse a outros países europeos, EE UU e Canadá, a pesar da oposición que atopou na lexislación de moitos países.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moeda cuñada.