"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e guionista cinematográfico arxentino. Na súa obra dramática destacan títulos como Knepp (1983), Krinsky (1983), Poniendo la casa en orden (1985), Cartas a Moreno (1987) ou Rajemos, Marqués, Rajemos (1976), texto destinado ao publico infantil e presentado en Galicia en 1985 polo grupo Tagallo e en 1990 pola Compañía Kalandraka.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora, artista gráfica e deseñadora. Muller do pintor M. Larinov, estableceuse en París en 1914. A súa obra caracterizouse polo colorismo cubista e a inspiración no folclore ruso. Combinou a arte popular cos trazos estilísticos fauves e cubistas. Xunto co seu esposo iniciou o raionismo. Fixo decoracións para os ballets de D’agilev.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Pertencente a unha familia acomodada, en 1576 trasladouse a Salamanca para estudar leis e posteriormente ordenouse diácono, sacerdote e foi capelán de Filipe III. Protexido do duque de Lerma, foi beneficiado da catedral de Córdoba, cumpriu misións en Galicia, Navarra e nas dúas Castelas e foi obxecto dunha amoestación episcopal polo feito de tratar con comediantes, asistir aos touros e escribir versos profanos. En 1580 publicou o seu primeiro poema, unha composición ao comezo da tradución de Os Lusiadas, a cargo de Luis Gómez de Tapia. A súa obra poética bifúrcase en dúas vertentes que moitas veces se superpoñen: a de inspiración popular, constituída por composicións de versos curtos, sonetos e romances (amorosos, cabaleirescos, mouriscos ou pastorís), como “Las flores del romero”, “Amarrado al duro banco”, “Servía en Orán al rey”, “Ande yo caliente”, “La dulce boca que a gustar convida”, “Hermana Marica”, “Ahora que estoy despacio”, “En la capilla estoy condenado...” e...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Coñecido como Gordon Paxá, participou na Guerra de Crimea, nas campañas da India e na expedición francobritánica en China (1860). Entrou ao servizo dos exipcios como gobernador do Sudán Meridional, onde dirixiu unha campaña contra o tráfico de escravos (1874), e posteriormente foi gobernador xeral de Sudán ata 1879. Ocupou diversos cargos en Sudáfrica, China e a India, e volveu a Sudán en 1884 para organizar a retirada; sen embargo, decidiu conter a revolta de Mu ḥ ammad A ḥ mad ibn ‘Abd Allāh e, despois de dez meses de cerco en Khartoum, morreu asasinado antes da chegada das tropas de reforzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta romántico, sexto barón Byron de Rochdale. Coñecido como Lord Byron, foi educado en Aberdeen pola súa nai, unha nobre escocesa. De 1809 a 1812 viaxou pola Península Ibérica, Grecia e Turquía, e compuxo os dous primeiros cantos de Childe Harold’s Pilgrimage (1812), obra autobiográfica. De 1813 a 1816 publicou os poemas narrativos The Giaour, The Bride of Abydos, The Corsair, Lara e The Siege of Corinth. Acusado de crueldade e loucura pola súa ex-muller e tamén de manter relacións incestuosas coa súa medio irmá Augusta Leigh, abandonou Inglaterra en 1816 e viaxou por Bélxica, Alemaña e Suíza, onde faría amizade co poeta Percy B. Shelley. Compuxo daquela o terceiro canto do Childe Harold’s Pilgrimage, e ao ano seguinte, en Florencia, escribiu o cuarto. Neste período escribiu tamén os dramas Manfred e Cain e as traxedias Don Juan, Marino Faliero, The two Foscari e Sardanapalus....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea que presenta talos filiformes de cor vermella acastañada e flores branco-rosadas que aparecen en pequenos glomérulos globosos. Son plantas parasitas de toxos ou xestas. Florecen no período comprendido entre xuño e agosto na maior parte de Galicia. Tamén recibe os nomes de barbas de raposo e cerro do raposo.
-
CIDADES
Cidade do ostān de Golestan, Irán, situada ao longo dun tributario do río Qareh, preto do mar Caspio (188.710 h [1996]). Do seu patrimonio cultural destacan os restos das antigas murallas e a torre mausoleo de Gunbad-i-Qabus (s XI).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Mauritania (13.600 km2; 201.301 h [estim 1992]). A capital é Kaédi (40.633 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
gargarexar.
-
Respirar de xeito ruidoso e fatigoso alguén que padece algunha enfermidade respiratoria.
-
Nacer a auga da terra impetuosamente facendo burbullas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de gorgolexar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte superior da traquea que se une coa larinxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos tres seres monstruosos da mitoloxía grega, fillas das divindades mariñas Forcis e Ceto. De nomes Esteno, Euríale e Medusa, habitaban no confín do mundo. Tiñan serpes ao redor da cabeza, grandes cabeiros semellantes aos dun xabaril, mans de bronce e ás de ouro. Os seus ollos botaban chispas e a súa mirada era tan penetrante que convertían en pedra a quen as miraba. Medusa, a única mortal das tres, foi asasinada por Perseo coa axuda de Atenea. Cando Posidón se uniu a Medusa, o heroe marchou a Occidente para matala; así, un día, aproveitando que durmía, cortoulle a cabeza e do seu pescozo saíron os dous seres que Posidón lle enxendrara, Pegaso e Crisaor.
-
-
Relativo ou pertencente aos gorgonáceos.
-
Cnidario da orde dos gorgonáceos.
-
Orde de cnidarios da subclase dos alcionarios que agrupa a especies coloniais que alcanzan ata 2 m. As colonias fórmanse por un eixe común ou calcário, onde se aloxan os pólipos. No Mediterráneo existen o coral vermello e o negro, e nos mares tropicais, as gorgonias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Motivo decorativo esculpido en pedra ou moldeado en terracota que reproduce a cabeza da Gorgona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado a diversos cnidarios antozoos octocoralarios, da orde dos gorgonáceos, ao que pertencen os xéneros Eunicella, Gorgonia, Muricea e afíns. Forman colonias cun esqueleto axial flexible e están estendidas en forma de abano cos pólipos moi pequenos.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Milán, en Lombardia, Italia, célebre polo queixo deste mesmo nome (16.121 h [1991]). Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o santuario da Madonna dell’Aito (s XV), a vila Sola Busca (1571) e o palacio Pirola (s XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Queixo manteigoso, elaborado con leite enteiro de vaca, de forma cilíndrica, no que se provocou o desenvolvemento do fungo Penicillium glaucum, que lle proporciona un aspecto verdoso. A maduración realízase nun ambiente húmido e a temperatura baixa (5-6°C) durante 2-6 meses.
-
-
gargueira.
-
gorxal.
-
Adorno que se poñía ao redor do colo, que consistía nunha tira ancha de tea amidonada e pregada.
-
-
-
CAPITAIS
Capital do län de Västra Götaland, Suecia (466.990 h [2000]). Está situada na costa occidental do län, no esteiro do Göta, preto da desembocadura en Kattegat. A instalación de comerciantes holandeses influíu na apertura dunha serie de canles a través do núcleo antigo da cidade (Gamlestaden). A expansión urbana débese, sobre todo, ao porto, que se converte en porto nacional cando, en inverno, o de Estocolmo queda bloqueado polo xeo. É un núcleo industrial, con industria de automóbiles, téxtil (algodón), petrolífera, química, de papel e de pasta de papel, construción naval e refinerías petrolíferas. Fundada en 1619 polo Rei Gustavo Adolfo II, foi durante os ss XVII e XVIII un importante centro comercial e marítimo. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o barrio medieval de Haga e a fortaleza de Elfsborg (s XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO