Gorgonzola
Gorgonzola
Municipio da provincia de Milán, en Lombardia, Italia, célebre polo queixo deste mesmo nome (16.121 h [1991]). Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o santuario da Madonna dell’Aito (s XV), a vila Sola Busca (1571) e o palacio Pirola (s XVIII).