"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Que ocupa o lugar número cinco nunha serie.
-
Que equivale a cada unha das porcións que resulta de dividir un todo en cinco partes.
-
Botella de cervexa que equivale a 1/5 de litro.
-
-
Dereito que percibía o señor da terra ou o monarca sobre as vendas ou concesións de algo, e que se correspondía cunha quinta parte do valor das mesmas.
-
quinto real
Tributo percibido pola Coroa de Castela desde a época medieval, que correspondía á explotación das minas dos seus dominios, das que recibían os dous terzos da produción.
-
-
Moeda castelá, referida ao ordenamento de 1373, concedido por Enrique II de Castela.
-
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘cicel’.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Quinto Cálabre desde que Besarión (1403-1472) descubriu un manuscrito en Otranto, antiga Calabria. É autor do poema épico Ομηου sobre os acontecementos entre a Ilíada e a Odisea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo francés. Investigou o plasma sanguíneo humano e localizou sorprendentes analoxías coa auga de mar. Escribiu L’eau de mer, milieu organique (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. De nome Héitor González Gutiérrez, desenvolveu o seu labor en diversos países de Hispanoamérica, ata que en 1960 regresou a España para interpretar un papel secundario en Pecado de amor (1961). A partir dese momento participou en diversas producións españolas, como Crimen de doble filo (1964) e La busca (1966), e estranxeiras, como 55 Days at Peking (1963) e Doctor Zhivago (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e militar. Ingresou na Armada como gardamariña en Ferrol, pero en 1808 pasou ao exército de terra para combater na Guerra da Independencia. Acadou o grao de xeneral e apoiou o Pronunciamento de Las Cabezas de San Juan de del Riego (1820). Foi elixido deputado polo Reino de Galicia (1820-1821) e vicepresidente nas Cortes. Defendeu a capitalidade da provincia para A Coruña e Pontevedra. Durante o Trienio Liberal (1820-1823) foi mariscal de campo. Exiliado en Londres durante a Dédada Ominosa (1823-1833), á súa volta (1834) ascendeu a tenente xeneral e foi capitán xeneral de Castela a Nova. Foi elixido deputado (1836-1838) e senador (1837-1838) pola provincia da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Oceanógrafo. Licenciado en Ciencias pola Universidad Complutense de Madrid, foi oceanógrafo-xefe de equipo no Centro Oceanográfico da Coruña, secretario da comisión técnica científica da consellería de Pesca, xefe do servizo e sección da dirección provincial do ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e concelleiro na Coruña. Boa parte do seu labor dedicouno á investigación sobre os mamíferos mariños e a pesca da balea en España. Escribiu La riqueza marisquera de Galicia (1974) e Guía de cetáceos. Cetáceos de las costas ibéricas atlánticas (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Extirpación dun quiste.
-
CAPITAIS
Capital de Ecuador e da provincia de Pichincha (1.399.378 h [2001]). Está situada a 2.800 m de altitude, na aba L do volcán Pichincha, á beira do río Machangara. O crecemento da cidade quintuplicou a poboación ao longo do s XX, motivado en parte, pola construción do ferrocarril en Guayaquil, que tamén impulsou a industrialización. Fundada no s XV, foi a capital dun reino precolombino ata que a ocuparon os incas. En 1526 chegou a ser capital do imperio escindido fronte ao Reino de Cuzco (1534). Escenario das guerras civís peruanas, en 1556 converteuse en capital dunha gobernación e da audiencia desde 1563. Foi residencia da aristocracia terratenente colonial e no s XVII sufriu un forte descenso a causa das pestes. En 1809 a aristocracia local uniuse aos independentistas pero foi reconquistada polos españois en 1812, e non foi liberada ata 1822 por José de Sucre e incorporada á Gran Colombia. En 1830 a aristocracia de Quito formou o estado independente de Ecuador. A cidade foi a sede dos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está libre ou non sometido a algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disacárido que resulta da hidrólise da quitina e derivado da celobiosa por substitución dos hidroxilos en posición 2 polos grupos N-acetilamino.
-
-
Túnica de liño ou la, longa e sen mangas, que usaban na antiga Grecia.
-
Nome que reciben os moluscos anfineuros, da clase dos poliplacóforos, de corpo oval e sen saco visceral, cuncha dorsal de oito placas imbricadas en posición diagonal, aparato dixestivo en liña recta, cabeza sen ollos nin tentáculos, e pé como o dos gasterópodos. É mariño e habita sobre rochas calcarias litorais, a pouca profundidade, onde se alimenta de algas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que se presenta en compostos tales como a quitina e os glicolípidos, cunha estrutura que corresponde á da D-glicosa, pero cun grupo amínico en substitución do hidroxilo no C-2.
-
-
Relativo ou pertencente aos quitridiomicetos.
-
Fungo da clase dos quitridiomicetos.
-
Clase de fungos, da división dos mastigomicotas, con células reprodutoras flaxeladas. A maioría son parasitos de vexetais, doutros fungos e de invertebrados acuáticos, malia que algunhas especies son saprófitas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Necrópole real e nobiliaria de Baixa Nubia (324-565) descuberta e escavada por Walter B. Emery (1931-1934), actualmente cuberta polo lago Nasser, a uns 37 km ao N de Wadi Halfa e na beira dereita do Nilo. Está composta por máis de vinte e dúas tumbas que, xunto coas de Ballana, á outra beira do Nilo, pertencen ao grupo X de Nubia. Construídas con ladrillo e pedra con teito abovedado, dentro dunha fosa de 5 m de fondura, e a miúdo cun certo número de cuartos, estaban cubertas con terra ata formar enormes túmulos. O enxoval, rico e variado, estaba formado por armas, arneses traballados, incensarios, lámpadas de bronce e outros obxectos. Atopouse á beira dun gran número de esqueletos de animais e de persoas, sacrificados en beneficio do rei.
-
MONTES
Monte situado no límite entre as parroquias de Lobeira e Santa Cruz de Grou (Lobeira). O seu cumio acada os 850 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten mal humor ou moito xenio.
-
-
Acción e efecto de racionar.
-
Control da demanda de determinados artigos, xeralmente destinados a cubrir necesidades básicas de consumo persoal, debido a circunstancias excepcionais ou a unha escaseza continuada da oferta. En España introduciuse ao termo da Guerra Civil o 14 de maio de 1939, co establecemento da cartilla de racionamento, e suprimiuse o 1 de xuño de 1952.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
rizotomía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadea de emisoras radiofónicas de radiofórmula constituída en 1983. De ámbito nacional, pertenceu a unha sociedade do Grupo Prisa, Comunicación Radiofónica S. A., que posteriormente se inseriu no hólding Unión Radio, constituído en 1993, ano en que se fusionou con Radio 80, de Antena 3 Radio, polo que a emisora desapareceu e a súa infraestrutura serviu para crear M 80.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de datación do carbono 14.