"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Mariscal prusiano. En 1806 pasou ao servizo de Rusia co nome de Ivan Ivanovič Dibič. Contou coa confianza de Alexandre I e de Nicolao II. Durante a guerra ruso-turca (1828-1829) tomou Varna e Adrianópole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción intramolecular que experimentan os diésteres da maioría dos ácidos dicarboxílicos, excepto os ésteres malónicos, formando un β cetoéster cíclico, sempre que poida formarse un anel sen case tensión. Foi descuberta por W. Dieckmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Leigo franciscano. Misioneiro nas Canarias, foi canonizado en 1558 polo Papa Sisto V, a instancias de Filipe II. Na iconografía leva o hábito franciscano dos leigos formado por unha túnica, un escapulario e un cordón e, como atributos persoais, unha cruz na man e unhas rosas recollidas no seu escapulario a xeito de mandil. A súa festividade celébrase o 13 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Frade capuchino. Predicou por toda a Península, especialmente por terras andaluzas, e foi beatificado por León XIII no 1894. Escribiu numerosos sermóns, opúsculos e estudios ascéticos e morais; entre eles, cómpre destacar Afectos de un pecador arrepentido (1776) ou El soldado católico en guerra de religión (1794). Na iconografía represéntase como un ancián de longas barbas brancas, vestido co hábito dos capuchinos e cunha cruz na man. A súa festividade celébrase o 24 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista galego. Licenciado en Ciencias da Información e en Filosofía e Letras, traballou no Archivo Histórico Provincial y Universitario de Valladolid. Foi colaborador de diversos xornais, entre os que destacan La Región, La Voz de Galicia, Faro de Vigo e El Norte de Castilla e, entre outras, nas revistas Contrastes, Mundo Obrero e Folklores. Publicou Támega en Galicia (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano. Colaborou en diversas revistas e xornais, entre eles El Eco Franciscano. Publicou Oraciones indulgenciadas (...) (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e catedrático da Universidade de Berlín e de Kiel. Xunto con K. Alder, levou a cabo a síntese diénica, coñecida como reacción de Diels-Alder, que permite a fabricación de diversos produtos como o alcanfor, a vitamina D, o caucho e outras substancias utilizables. Por este descubrimento recibiron o Premio Nobel de Química en 1950. Anteriormente, descubriu o subóxido de carbono (C3O2), investigou a estrutura dos esterois e foi o primeiro en empregar o selenio para a deshidroxenación de produtos naturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Cursou estudios en Augsburgo e Múnic. As súas primeiras investigacións e centráronse na construción dun novo motor térmico baseado na reprodución práctica do ciclo teórico descrito en 1824 por N. L. S. Carnot. En 1892 obtivo a primeira patente e en 1893 describiu o seu motor en Theorie und Konstrution eines rationellen Wäremotors. En 1897 conseguiu comercializalo a empresa Krupp.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Foi un membro fundador do grupo francés Nicolas Bourbaki. Traballou en moitas áreas das matemáticas actuais: topoloxía xeral, espacios vectoriais topolóxicos, grupos clásicos, historia ou didáctica das matemáticas. É unha das figuras públicas máis destacadas das matemáticas contemporáneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo francés. Comezou a súa carreira profesional a finais a Segunda Guerra mundial. Reporteiro de diversas publicacións e xornais, en 1951 trasladouse a Toulouse, onde se estableceu como fotógrafo independente. Nese mesmo ano viaxou a España e coñeceu a Salvador Dalí, de quen tomou un retrato coñecido internacionalmente. Fundador do grupo Libre Expresión en 1963, agrupou a diversos admiradores da obra de Otto Steinert e da fotografía subxectiva. Expuxo a súa obra na galería da súa propiedade en Toulouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro de camiños. Foi inspector xeral do Cuerpo de Ingenieros de Caminos e traballou en Ourense, onde participou na construción da estrada nacional N-120. Interesado pola arqueoloxía, dedicouse á investigación e estudiou do campamento militar de Aquis Querquennis e o Itinerario de Antonino. Foi vogal da Comisión Provincial de Monumentos Históricos de Ourense e colaborou no seu boletín, onde publicou “Epifanía latina en la provincia de Orense” (1906), “Los caminos antiguos y el itinerario número 18 de Antonino en la provincia de Orense” (1906) e, con Arturo Vázquez Núñez, “La epigrafía latina en la provincia de Orense”. Escribiu De Clunia a Intercocia, según el itinerario número 18 de Antonino (1916). Pertenceu dende 1908 á Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo alemán. Foi profesor na Universidade de Bonn e, seguindo o seu maxisterio e a súa obra, formouse toda unha xeración de docentes que, na segunda metade do s XIX, ocuparon as cátedras das universidades alemanas. Fundador da filoloxía románica, foi tamén o mestre dos iniciadores desa disciplina en Francia, como Gaston Paris. Formado nos estudios clásicos da man de F. G. Welcker, a influencia do romanticismo levouno a interesarse polas antigas literaturas románicas. Comezou polo estudo dos antigos romances casteláns, algúns dos que traduciu ao alemán (Altspanische Romanzen übersetz, Romances do español antigo traducidos, 1818), pero, tras unha visita a Goethe en 1818, e por recomendación deste, dirixiu a súa atención cara á poesía trobadoresca. Froito deste novo interese son as obras Über die Minnehöfe (Sobre as cortes de amor, 1825), Die Poesie der Troubadours (A poesía dos trobadores, 1826) e Leben und Werke der Troubadours (Vida e obra dos trobadores, 1829), coas que inaugurou a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. Foi primeiro violinista da catedral de Lugo e da Real Capela de Madrid. Exerceu a docencia no Conservatorio Nacional de Música y Declamación e foi autor de pezas e exercicios para violín. Recibiu a Encomienda de la Real Orden de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, escritor e crítico teatral. Apostou decididamente pola modernidade, apoiou a incorporación do espírito e das tendencias vangardistas ás letras e ás artes e participou activamente en multitude de empresas e iniciativas tendentes a promover a modernización do Estado. Colaborador habitual de publicacións como La Pluma, Revista de Occidente, España, Índice, Madrid, Hora de España ou El Sol, os seus traballos de crítica teatral, dos que sempre se ten destacado a súa sensibilidade, erudición, responsabilidade e honradez, constitúen unha obrigada referencia para coñecer o pulso escénico e analizar as tendencias de renovación teatral que se intentaron desenvolver en Madrid durante o primeiro terzo de século; traballos publicados en catro volumes co título xenérico de Artículos de crítica teatral. El teatro español de 1914 a 1936 (1964). Cómpre salientar os seus estudios sobre “Bécquer y Eulogio Florentino Sanz” (1914), “Colegio de México: Horacio en México” (1940),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido amarelo que se obtén por hidrolise do fosfuro de calcio e que se inflama espontaneamente en contacto co aire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome do curso medio do Brahmaputra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que dilacera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade que presentan certos fluídos que constitúen sistemas coloidais, pola que se fan máis viscosos mesmo ata solidificarse, ao aumentar a velocidade do seu movemento ou ao ser sometidos a presión. Orixínase pola fricción entre as partículas en suspensión. O efecto oposto é a tixotropía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen admira ou ama das belas artes.

    2. Que ou quen cultiva unha actividade ou un eido de coñecemento por pracer, sen ter unha preparación seria nin dedicarse a ela como profesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou actitude de diletante.

    VER O DETALLE DO TERMO