diletante

diletante

(< ital dilettante ‘que sedeleita’)

  1. adx e s

    Que ou quen admira ou ama das belas artes.

    Ex: Como bo diletante que é, Afonso asiste todos os anos á temporada de ópera da Coruña. Picasso é un escultor diletante.

  2. adx e s

    Que ou quen cultiva unha actividade ou un eido de coñecemento por pracer, sen ter unha preparación seria nin dedicarse a ela como profesión.

    Ex: O seu interese pola pintura é simplemente diletante, só lle interesa como pasatempo. A Pedro gústalle moito cociñar, niso segue a tradición diletante da súa familia.