dilixencia
(
-
s
f
-
Calidade de dilixente. Na tradición oral recóllense ditos como: “A dilixencia aproveita ás veces máis ca a ciencia. A dilixencia non quere preguiza nin quere paciencia”.
Ex: A dilixencia de Andrés valeulle un ascenso na empresa.
Confrontacións: presteza. -
Coidado no cumprimento das obrigas. Cando non se especifica, esíxese a que é habitual nas que son obrigadas.
Ex: No caso do narcotraficante lévanse todos os trámites cunha dilixencia extrema.
-
-
s
f
Cousa ou acción que se fai para solucionar un asunto.
Ex: Levoume toda a mañá facer todas as dilixencias que tiña pendentes.
Confrontacións: trámite, xestión. -
[DER]
-
s
f
Acta que deixa constancia da maneira e circunstancias en que se executa un acordo ou unha decisión xudicial.
-
s
f
Manifestación de coñecemento que nun procedemento civil, penal ou administrativo, recolle a constancia dun feito concreto ou a dación de conta a un órgano xudicial para que este adopte a resolución que proceda. Realízaa o secretario xudicial.
-
s
f
Conxunto de actuacións que conforman un procedemento xudicial e que son despregadas polo xuíz, polo secretario xudicial e polos avogados das partes.
-
dilixencia de proba
Actuación xudicial que, coa intervención das partes litigantes, pretende a práctica da proba proposta.
-
dilixencia laboral
Requisito da prestación de traballo á que se obriga o traballador, da que non pode separarse, que consiste no desempeño do traballo de forma eficiente.
-
dilixencia notarial
Documento notarial que reflicte unha actuación notarial practicada en virtude dunha instancia contida nun documento principal ao que se subordina.
-
dilixencia para prover/abastecer mellor
Acordo extraordinario de práctica de novas probas que pode ordenar, de oficio, o xuíz ou o tribunal, co obxecto de completar a proba practicada a instancia das partes. Realízase con finalidade probatoria por razóns de xustiza material. Produce unha suspensión do prazo para ditar sentencia. Non a poden esixir as partes, nin poden modificar as normas sobre a carga da proba que a esta lles corresponden. Estas dilixencias non poden versar sobre feitos novos que as partes non alegaran, e tampouco se poden alterar os feitos fixados nos escritos de demanda, contestación, réplica e dúplica.
-
dilixencia preparatoria
Procedemento establecido para o axuizamento oral dos delitos perseguibles de oficio. É un proceso especial destinado a facilitar un proceso ulterior, o xuízo executivo, mediante a creación dun título que leva aparellada execución. Con estas dilixencias o actor consegue os medios de comprobación adecuados para fundamentar a súa acción.
-
dilixencias preliminares
Actividades previas ao proceso xudicial que teñen por obxecto preparalo mediante a obtención das informacións necesarias para o inicio do proceso.
-
dilixencias previas
Instrución previa das causas criminais, na fase anterior á que as mesmas se continúen por calquera das tramitacións procesais previstas.
-
dilixencias urxentes
Dilixencias que deben ser realizadas con urxencia, pois no caso de dilatarse provocaríaselle un grave prexuízo ás partes. Pódense practicar os días e horas inhábiles.
-
s
f
-
s
f
Carruaxe grande que se empregaba no transporte regular de viaxeiros. O nome foille dado pola súa velocidade. No s XII a plataforma descansaba directamente sobre os eixes das rodas. Estas primeiras dilixencias melloraron cando se comezou a empregar resortes no s XVIII. Nese século, apareceron as primeiras liñas regulares a Inglaterra; en pouco tempo haberíaas por toda Europa e América. Habitualmente, teñen tres compartimentos: o anterior, cuberto, era o máis cómodo e cabían seis ou oito pasaxeiros de primeira clase; na parte posterior había o compartimento de segunda, e os pasaxeiros de terceira viaxaban nos asentos da baca, sobre o teito, diante do espacio destinado á equipaxe. Desapareceron gradualmente coa expansión do ferrocarril ao longo do s XIX.
Refráns
- A dilixencia aproveita ás veces máis cá ciencia.
- A dilixencia é nai da boa ventura.
- A dilixencia non quere preguiza nin quere paciencia.
- Ó feito non lle agrada o por facer.
- O feito vence ao por facer.
- O que has facer despois, faino agora.
- O que has facer hoxe non o deixes para mañá.
- O que has facer tarde, faino cedo.
- O que poidas facer hoxe, non o deixes para mañá.
- O que ten ansia non dorme nin descansa.
- Para o que has de facer non digas ¡Mañá!.
- Quen non ten a quen mande, érgase e ande.
- ¡Deus me dea apego ao traballo e o demais que o leve o diaño!