"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Relixioso mercedario. O seu nome provén do feito de que a súa nai morreu antes de nacer el e houbo que facer unha cesárea ao cadáver. Amigo de san Pedro Nolasco, que o recibiu na orde mercedaria, realizou misións de redención en Alxer. Foi martirizado por piratas. Represéntase vestido co hábito branco co escudo da orde mercedaria sobre o peito, en moitas ocasións con roquete e mantela púrpura, como cardeal; leva na man dereita unha custodia, por recibir a comuñón de mans dun anxo ou de Xesús Cristo á hora da morte; e ás veces porta, como atributo persoal, as cadeas coas que lle furaron os beizos. A súa festividade celébrase o 31 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Microbiólogo francés. En 1923 descubriu a maneira de converter a toxina diftérica na anatoxina correspondente que, ademais de non ser tóxica, conserva o poder antixénico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi profesor de música en Salamanca e pasou máis tarde a Boloña, onde publicou a súa obra teórica Musica practica (1482), en que atacaba o sistema de Guido d’Arezzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e dramaturgo. Durante a Segunda República frecuentou o parladoiro do Café Español de Santiago de Compostela e a compañía de Santiago Montero Díaz, Luís Manteiga, Luís Seoane ou Carlos Maside. En 1934 participou na dirección das Misións Pedagóxicas en Galicia. De ideoloxía anarquista, escribiu a obra de teatro Suceso en los arrabales (1933) en Ediciones Resol, alentada por Arturo Cuadrado e imprentadas en Nós. Coñecido nos círculos de vangarda composteláns, foi perseguido polos franquistas tras o golpe militar e condenado a morte, pena logo conmutada pola de sete anos de prisión grazas á intervención de S. Montero Díaz.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Pereira (Chantada). O seu cumio acada os 703 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, unha árbore de sinople, surmontada dunha aguia de sable; bordura de azul, cargada de oito aspas de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Efecto segundo o que os electróns libres, aínda que teñan pouca enerxía cinética (da orde do electrón-voltio), poden atravesar un átomo de gas nobre sen que se produza unha reflexión apreciable.
-
FILOSOFOS
Filósofo e matemático inglés. Seguidor en parte de L. J. J. Wittgenstein, propuxo algunhas modificacións nos Principia Mathematica de B. A. W. Russell e A. N. Whitehead. A maioría dos seus traballos recóllense no volume póstumo The Foundations of Mathematics an Other Logical Essays (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Presbítero. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, obtivo do goberno unha coenxía de graza na catedral compostelá (1853), administrou o hospital de Carretas e foi mestre de cerimonias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Paso marítimo entre as beiras S e N da ría de Vigo que se estende entre punta Aradoiro (Moaña) e Cabanas (Redondela).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santa Comba. Trátase dunha vivenda de planta cadrada, coa fachada principal realizada en cantaría e cun portalón de entrada con arco de medio punto con grandes doelas. No seu interior conserva restos dunha antiga escalinata. Ten unha fiestra nunha esquina e o balcón da parte posterior sitúase sobre tres canzorros de granito. Estivo vinculada ao pazo de Cícere. Foi declarada BIC en 1994.
-
PERSOEIRO
Psicanalista austríaco. De nome Otto Rosenfeld e procedente do círculo freudiano, na súa obra central, Das Trauma der Geburt (O trauma do nacemento, 1924), argumenta que o terror experimentado durante o nacemento afecta ao curso do desenvolvemento psíquico e pode ser causa de neuroses e trastornos posteriores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bacallau’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rede máis forte e grande ca a rapeta.
-
-
-
Acción de raptar.
-
Impedimento que dirime do matrimonio canónico mentres a contraínte raptada non recobre a liberdade.
-
Subtracción dunha muller contra a súa vontade e con intencións deshonestas. Considerado tradicionalmente un delito, o código penal español de 1995 non o tipifica como tal.
-
-
Axitación repentina causada por unha emoción violenta, que provoca a perda de control sobre os propios actos.
-
Estado da alma en que o individuo se sente transportado fóra de si e unido á divindade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen rapta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sección cirúrxica que se practica na columna vertebral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se utiliza no curso dunha autopsia para abrir a canle raquídea e extraer a medula sen lesionala.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é ou ten aspecto menos denso ou compacto.
-
ILLAS
Illa principal do arquipélago de Cook, situada no Pacífico suroccidental (67,1 km2; 12.188 h [2001]). O núcleo principal é Avarua, capital das illas Cook. Cultívase copra, bananas e cítricos.
VER O DETALLE DO TERMO