Randufe, torres de

Randufe, torres de

Construción situada en Santa Comba. Trátase dunha vivenda de planta cadrada, coa fachada principal realizada en cantaría e cun portalón de entrada con arco de medio punto con grandes doelas. No seu interior conserva restos dunha antiga escalinata. Ten unha fiestra nunha esquina e o balcón da parte posterior sitúase sobre tres canzorros de granito. Estivo vinculada ao pazo de Cícere. Foi declarada BIC en 1994.

Palabras veciñas

Randolfe Vilariño, Xosé | randomización | Randufe | Randufe, torres de | rañeira | Rañeira | rañeiro