Randolfe Vilariño, Xosé
Randolfe Vilariño, Xosé
Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela (1984-1989), onde se graduou en artes aplicadas na sección de esmaltes. Na súa obra fúndense diversos estilos e influencias como o expresionismo, o surrealismo e a nova figuración. Emprega diversas técnicas e materiais, como o acrílico e as colaxes sobre tea ou papel. Participou en diversas ocasións na Bienal de Pontevedra e noutras mostras.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Carballedo