Ramón Nonato, san

Ramón Nonato, san

Relixioso mercedario. O seu nome provén do feito de que a súa nai morreu antes de nacer el e houbo que facer unha cesárea ao cadáver. Amigo de san Pedro Nolasco, que o recibiu na orde mercedaria, realizou misións de redención en Alxer. Foi martirizado por piratas. Represéntase vestido co hábito branco co escudo da orde mercedaria sobre o peito, en moitas ocasións con roquete e mantela púrpura, como cardeal; leva na man dereita unha custodia, por recibir a comuñón de mans dun anxo ou de Xesús Cristo á hora da morte; e ás veces porta, como atributo persoal, as cadeas coas que lle furaron os beizos. A súa festividade celébrase o 31 de agosto.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Portell, Lleida

  • Deceso

    Lugar : Cardona