"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Acción e efecto de recibir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo limitado e pechado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moble, normalmente de madeira, que se adoita usar nas igrexas e nos oratorios, formado por un chanzo ou unha bancada axeitados para axeonllarse neles, e por unha táboa vertical en forma de peitoril, sobre a que hai, inclinada ou plana, unha repisa para apoiarse, que pode tamén servir de atril.

    2. Calquera cousa disposta e acomodada para reclinarse nela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de recocer.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplícase ás persoas, sobre todo relixiosas, que observan unha gran recolección practicando máis estritamente as normas e regras relixiosas.

      2. Aplícase aos relixiosos reformados da orde dos franciscanos, dos eremitas de santo Agostiño e doutras ordes relixiosas femininas reformadas como as agostiñas, penitenciarias ou clarisas.

    1. Que ou quen vive con austeridade e prescinde de comodidades superfluas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Holding empresarial de comunicación constituído en Madrid en 1977 por un grupo de xornalistas a partir da compra da cabeceira Actualidad Económica, á que seguiu a adquisición de Telva (1982) e Marca (1984), e o lanzamento de Expansión (1986) e Diario Médico (1992), que fixeron do grupo a corporación líder na prensa especializada. Denominado Recoletos Compañía Editorial SA, tras a fusión de todas as sociedades que o constituían (1992), a compañía británica Pearson converteuse no seu accionista maioritario (1994). A partir de 1995 continuou a súa expansión cara a Hispanoamérica e estendeu os seus intereses a outros medios como a radio, a televisión e internet.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de recoller.

    2. recollido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de recoller ou recollerse.

    2. Forma de vida retirada e solitaria, sexa ou non dedicada á meditación piadosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de recompoñer.

    2. bicomposto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está moi afastado e difícil de atopar por situarse lonxe da vista.

    2. Que é íntimo ou secreto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de recoñecer ou recoñecerse.

    2. Expresión de gratitude.

      1. Acción de tratar de coñecer algo ou a alguén examinándoo coidadosamente.

      2. Inspección ou exame, xeral ou local, que se practica especialmente cun obxecto legal determinado. 

      1. Confesión que fai unha persoa dunha obriga.

      2. Rexistro ou indagación que fai dalgunha cousa un xuíz ou un perito.

      3. recoñecemento de procura

        erificación que ten que efectuar un avogado, e nalgunha ocasión un funcionario público licenciado en Dereito, para comprobar se unha escritura de poderes é xuridicamente suficiente para intervir nun proceso xudicial, nunha poxa, nun concurso para a adxudicación de obras ou servizos públicos, ou nalgunha outra actuación xurídica. Se o avogado considera que o poder abonda, asina ao pé do documento.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reconfortar.

    2. Aquilo que reconforta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen reconstrúe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de recontar.

    2. Comprobación do número de persoas ou cousas que forman un conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para recordar.

    2. Elemento que se emprega para facer lembrar algunha cousa.

    3. Estampa impresa que se distribúe, como recordo, aos asistentes a determinados actos, especialmente relixiosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. inmundicia.

    2. Produto de secreción do sangue que é reabsorbido por el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén recriminación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de recrutar. Ao longo do tempo realizouse de diversas maneiras e en ocasións coexistiu a prestación forzada coa voluntaria. Os estados do Renacemento implantaron o recrutamento voluntario de mercenarios estranxeiros, mentres que o estado liberal instituíu o servizo militar obrigatorio, aínda que esa obrigatoriedade foi a miúdo amolentada polas clases superiores. Co tempo os países anglosaxóns e algúns do Terceiro Mundo conservaron o recrutamento voluntario en tempos de paz, á vez que a maioría dos europeos e outros, practicaron o obrigatorio; finalmente existe certa tendencia a suprimilo e a crear exércitos profesionais. O servizo militar obrigatorio implantouse en España en 1912 e suprimiuse en 2001.

    2. Momento en que as formas novas dos organismos se incorporan á poboación adulta, xeralmente cambiando de hábitat e de costumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Última parte do tubo dixestivo dos vertebrados, que remata no ano ou ben na cloaca.

    2. Segmento terminal do intestino groso do home, de traxecto máis ou menos rectilíneo, situado a continuación do sigma ilíaco e que se prolonga ata o orificio do ano. O aumento de presión sobre as paredes rectais ocasionado pola acumulación de materias fecais determina o reflexo da defecación.

    3. Último tramo do tubo dixestivo dalgúns invertebrados, como os moluscos e os insectos.

    4. Músculo que flexiona a cabeza e a columna cervical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non cambia de dirección.

    2. Que non se desvía do seu deber nin do que é correcto.

    3. Aplícase ás palabras que expresan un significado literal e non figurado.

      1. Que vai en liña recta.

      2. Que ten o eixe ou as arestas laterais perpendiculares á base.

    4. Aplícase ao dereito dun folio ou dunha carta, por oposición ao verso. Nas citacións bibliográficas de manuscritos ou de libros numerados por folios, adóitase indicalo coa abreviatura r ou , despois do número correspondente.

    5. nominativo.

    VER O DETALLE DO TERMO