"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Pintor. Trasladouse a Nápoles onde traballou con Josep de Ribera. Atribúeselle A adoración dos pastores da igrexa da Pietá dei Turchini.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sober. De orixe beneditina, documéntase dende 1206, cando o monxe Arias Afonso doou o casar de Doade ao bispo de Lugo. En 1290 o Papa Nicolao V confirmou os dereitos sobre esta parroquia ao mosteiro de San Vicente do Pino. Consérvase a igrexa construída en 1804. Trátase dun templo de nave única con cuberta de madeira e capela maior cuberta a catro augas. O arco triunfal destaca pola súa imposta clásica. No interior sobresaen os retablos neoclásicos do s XIX coas imaxes de Cristo, san Martiño, a Piedade e a Virxe. Na sancristía consérvanse imaxes do s XVIII de san Miguel, santo Antonio, san Roque e san Bieito. Na fachada principal destaca a portada formada por un lintel e unha fornela de arco de medio punto. Coróase cunha espadana barroca con dous vans e un frontón partido. A torre campanario rodéaa unha balconada con adornos piramidais nos seus vértices.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Documento apócrifo redactado entre os ss VIII e IX, pero datado no 313, no que Constantino I recoñecía o Papa Silvestre I como soberano e outorgáballe a soberanía sobre a cidade de Roma, as provincias de Italia e todo o Occidente. Os privilexios temporais estendíanse á Igrexa de Roma, feito que serviu de fundamento para as reivindicacións temporais dos papas, logo da constitución dos Estados Papais. Durante a Idade Media, discutiuse a autenticidade do documento, pero os humanistas do s XV demostraron que se trataba dunha falsificación.
-
PERSOEIRO
Escultor, fillo e discípulo de Pedro Dobao Rodríguez. Licenciado en Belas Artes na Universidade de Vigo (1998), foi profesor de secundaria (1998-1999). Na súa obra empregou os grandes formatos. En 1999 fixo fotomontaxes para o Centro Cultural e a Comunidad de Montes de Valadares, e en 2000 realizou un estudo histórico-xeográfico para o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Esculpiu diversas placas conmemorativas, comerciais e pergameos de bronce na provincia de Pontevedra (1994-2000). Participou no proxecto Galicia Terra Única (1997), no I Simposium Internacional de Escultura do programa Arte e natureza no monte Alba (Vigo, 1999), coa obra Natureza e Cultura, e no X Simposium Internacional de escultura en Galilea, no que realizou, á vista do público, o grupo Arquitectura do sol (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé Antón López Dobao.
-
GALICIA
Artista plástico. Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (1996), realizou cursos de especialización en pintura e escultura na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo (1996). Dende 1998, residiu en Italia, onde traballou para as galerías de Padua e Perugia, e na organización de exposicións. Dirixiu as súas investigacións aos temas relacionados coa morte e a maternidade. Seleccionárono para a Exposición Internacional de Pintura, I Salón de Outono da Cidade da Coruña (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo alemán. Coñecido polo nome de Cochleus, combateu a Lutero e publicou Commentaria de actis et scriptis Lutheri, 1517-1546 (Comentarios dos actos e escritos de Lutero, 1517-1546, 1549).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico que estableceu unha clasificación dos elementos químicos, agrupándoos segundo as súas similitudes nas denominadas tríadas de Döbereiner.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Raza de cans de máis de 70 cm de altura na cruz e 45 kg de peso, corpo musculoso e estilizado, cabeza alongada e pescozo longo. O pelo é curto, liso e duro, de cor castaña ou negra, con áreas de cor caoba na gorxa, meixelas, beizos, cellas, peito e patas. As orellas son caídas e, nalgúns países, permítese recortalas, ao igual ca a amputación do rabo. Constitúe unha raza empregada, fundamentalmente, para a garda e defensa. Creouse na década de 1860, a partir doutras 7 razas -entre elas o pastor, o dogo e o rottweiler- por un recadador de impostos alemán chamado Louis Dobermann como axuda para o seu traballo. Logo foi empregado e criado pola policía de Turingia e tivo un papel importante, como can rastrexador, mensaxeiro ou de patrulla, durante as dúas guerras mundiais. Emprégase como can policía en moitos países, sobre todo nos EE UU. Debido á sua natureza agresiva, téndese a críar só os animais de carácter máis equilibrado para obter animais de compaña.
-
PERSOEIRO
Político húngaro. Foi membro do Partido Socialdemócrata e do Partido dos Pequenos Propietarios, do que chegou a ser vicepresidente (1945) e presidente (1947-1949). Durante a Segunda Guerra Mundial loitou na resistencia húngara. Foi ministro sen carteira (1945-1946), ministro de Agricultura (1946-1948) e presidente do consello de ministros (1949-1952). Membro do comité central do Partido Socialista dos Traballadores Húngaros, dirixiu o praesidium da República Popular de Hungría (1952-1967). Recibiu o Premio Lenin (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor checo. Alumno de V. Novak, cultivou un estilo neorromántico con influencias do folclore do seu país e escribiu algunhas pezas coa técnica de cuartos de ton.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor costarriqueño. A súa obra é naturalista, cunha profunda preocupación social na que reflicte a situación do campesiñado costarriqueño. Publicou, entre outras obras, Ese que llaman pueblo (1942) e Una burbuja en el limbo (1946). Recibiu o Premio Magón 1968.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Participou na resistencia contra os nazis e escribiu as novelas Listy Nikodema (Cartas de Nicodemo, 1952) e Kosciolw Chocholowie (A igrexa de Chocholowie, 1954), ademais de ensaio de influencia católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo e crítico literario ucraíno. Colaborou na revista Contemporanul, na que aplicou o materialismo histórico á teoría e crítica literaria. Os seus Studii critice (Estudios críticos) exerceron grande influencia na literatura romanesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico, publicista e poeta ruso. Colaborou na revista Sobremennik. Desde concepcións liberais evolucionou cara a ideas democrático-revolucionarias do socialismo utópico, en defensa dos campesiños oprimidos. Os seus ensaios sobre Gončarov, Ostrovskij e Turgen’ev son mostras clásicas da crítica literaria rusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Cofundador do grupo poético Kwadryga (1927), a súa poesía é de temática proletaria, con referencias á súa cidade natal. Publicou Powrót na Powisle (O retorno a Powisle, 1935) e Dom i inne wiersze (A casa e outras poesías, 1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Canal do Danubio construído en 1949 en Dobruxa, Romanía.
-
PERSOEIRO
Escultor e pintor. Comezou a súa formación na Leyton School of Art e no estudo do escultor W. Reynolds-Stephens. As súas primeiras obras foron pitóricas, pero trala Primeira Guerra Mundial, época na que se alistou nos Artists’ Rifles, dedicouse á escultura. Profesor no Royal College of Art (1946-1953), a súa escultura recibiu a influencia de Maillol. Traballou a pedra e o bronce e cultivou o retrato e os nus femininos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xenetista ucraíno. Foi profesor na Universidade de Kiev, onde realizou os seus estudios, e na de Leningrado. Fixo estudios sobre a herdanza e a evolución cultural. Escribiu, entre outras obras, Genetics and the Origin of Species (A xenética e a orixe das especies, 1937), Evolution, Genetics and Man (A evolución, a xenética e o home, 1956), Heredity and the Nature of Man (A herdanza e a natureza do home, 1964) e Genetics of the Evolutionary Process (Xenética do proceso evolucionario, 1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Dirixiu en La Habana a revista de sociedade Vivero en Cuba (1911-1957).
VER O DETALLE DO TERMO