"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Que refracta.

    2. Aparato que cambia a dirección dun feixe luminoso por refracción.

    3. Telescopio que consta de dúas lentes convexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de refrear ou de refrearse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de refrescar ou de refrescarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de refritir.

    2. Que está moi fritido.

    3. Condimento que se prepara fritindo en aceite ou manteiga outros ingredientes, especialmente cebola, allo e pemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente de auga pouco abundante, de leito estreito e profundidade escasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrutura metálica que consta dunha barra con suxeición para a folla dunha porta ou ventá e unha argola na que se fai entrar a barra cando se quere pechala.

    2. Taco que se coloca no extremo ou na parte inferior do paraugas, do bastón ou doutros utensilios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico, químico e fotógrafo francés. Profesor na École Polytechnique de París como sucesor de Gay-Lussac (1840), estudou os fluídos e os vapores e ideou un tipo de higrómetro. Descubriu o tetracloruro de carbono e investigou os halóxenos e os hidrocarburos. Membro fundador da Société Héliographique (1851) e da Société Française de Photographie (1854), descubriu o uso do ácido pirogálico como axente para positivar e publicou First Elements of Chemistry (1850). Os seus calotipos publicáronse baixo o título Etudes et Paysages (1853).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Órrea (Riotorto). O seu cumio acada os 650 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Escornabois (Trasmiras). O seu cumio acada os 833 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse en Madrid con Carlos de Haes, e en París e Bruxelas, onde se integrou no grupo L’Essor e no Círculo dos XX. Establecido en Euskadi, entrou en contacto con Pío Baroja, Unamuno e Rodrigo Soriano, entre outros, e en 1911 estableceuse definitivamente en Barcelona. A súa pintura, influída polo impresionismo e o divisionismo, e centrada basicamente na paisaxe e escenas cotiás, constitúe unha síntese persoal caracterizada pola espontaneidade e pola tendencia a un primitivismo case naif. Foi precursor e modelo da xeración posmodernista catalá. Da súa produción pictórica destacan Palacio Real (1878), Plaza de Lerma, Gallinero (1912) ou La procesión de los capuchinos, co que acadou unha medalla na Exposición Nacional de 1908, e ilustrou La España Negra de Émile Verhaeren.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en microbioloxía e parasitoloxía. Catedrático e xefe do servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, ten numerosas publicacións no eido da microbioloxía. Académico numerario da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia, recibiu, entre outros, o Premio Barrié de la Maza (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Microbiólogo. Doutor en Farmacia, foi catedrático de Microbioloxía na Universidade de Santiago de Compostela e xefe da sección de Microbioloxía do CSIC en Santiago. Realizou numerosos estudos sobre inmunoloxía, bacterioloxía clínica e bioquímica de antibióticos. Ten publicados multitude de artigos científicos e foi membro emérito da American Society Microbiology, membro da Society General Microbiology, do American Institute Biological Sciences e da Sociedad Española de Quimioterapia; académico da Real Academia Galega de Ciencias e da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia; e correspondente da Real Academia Nacional de Medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto ordenado de regras, disposicións e preceptos, ditados pola autoridade competente para a execución dunha lei, para o funcionamento dunha corporación, dunha dependencia ou dun servizo. Ten un valor subordinado á lei e é consecuencia das competencias propias que o ordenamento xurídico concede ao poder executivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cova do Rei Cintolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Grixalba (Sobrado). O seu cumio acada os 634 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo mercadolóxico de W. J. Reilly, exposto en The Law of Retail Gravitation (1931), segundo o cal a atracción de cada centro mercantil é directamente proporcional aos seus habitantes e inversamente proporcional ao cadrado da súa distancia, en relación cos outros mercados veciños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de reimpoñer ou reimpor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e enxeñeiro. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, foi director do área de estudos, traballos e recursos de Fenosa (1981), director xeral de Unión Eléctrica Fenosa (1983-1989), conselleiro delegado de Unión Eléctrica Española (1989-2002) e presidente do consello de administración de Unión Fenosa (2002). Tamén foi conselleiro de Gibbs and Hill Española, Compañía Española de Industrias Electroquímicas, Electra Conquense, Norcontrol e vicepresidente de Begasa. Escribiu, en colaboración co fotógrafo Xosé Luís Suárez Canal, O Viño (1993). Recibiu o título de doutor honoris causa pola Universidade de Vigo (1997) e o de comendador da Real Orde do Mérito Civil de Noruega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incorporación dos fondos dun proxecto de investimento no mesmo proxecto ou noutro distinto. Destacan os reinvestimentos normais, que constitúen a razón de ser dos bancos, e os de tesouraría, que resultan da inversión do saldo diario da tesouraría das axencias e dos servizos dos bancos pola necesidade de non manter capitais improdutivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Samos. Construída en estilo románico no s XII, ten nave única e ábsida pentagonal con tres ventanais. Na fachada, moi reformada, presenta unha porta cun dobre arco de medio punto. Conserva varios canzorros na cornixa. No interior destaca o retablo maior, barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO