"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
-
Relativo ou pertencente ás caprifoliáceas.
-
Planta da familia das caprifoliáceas.
-
Familia da orde das dipsacais constituída por uns 15 xéneros que reúnen unhas 400 especies de arbustos e lianas, propias do reino holártico, especialmente nas rexións mediterránea e eurosiberiana. En Galicia está representada polas madreselvas e os sabugueiros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido oleoso de sabor rancio, presente en forma de glicérido no aceite de coco e nas graxas do leite, que se funde a 16,7 °C e ferve a 239,7 °C. É lixeiramente soluble en auga e soluble en alcol e éter. Emprégase na síntese de colorantes, de perfumes antisépticos e de funxicidas, e como plastificante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos caprimúlxidos ao que pertencen as avenoiteiras.
-
-
Relativo ou pertencente aos caprimúlxidos.
-
Ave da familia dos caprimúlxidos.
-
Aves insectívoras nocturnas ou crepusculares, de ollos grandes, peteiro e patas pequenas, ás longas e colas amplas. Os sexos presentan plumaxes similares e crípticas. Aniñan directamente sobre o chan e capturan os insectos durante o voo. Nos voos de exhibición, practicados ao solpor, fanse aparentes as manchas brancas que adoitan presentar os machos nas puntas das ás. A especie centroafricana Macrodipteryx longipennis presenta en cada á unha enorme pluma que remata nunha ancha bandeira no extremo. En Europa está presente o xénero Caprimulgus, de especies coñecidas como avenoiteiras.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos caprinos.
-
-
Mamífero da subfamilia dos caprinos.
-
Subfamilia de mamíferos bóvidos, que comprende un bo número de especies, coñecidos co nome de cabras.
-
gando caprino
Gando formado por cabras, machos cabríos e cabuxos. É un gando moi resistente, ligado a unha agricultura de carácter extensivo, que se explota principalmente en rexións áridas ou montañosas. Críanse nos pastos, aínda que tamén se adaptan ás cortes.
-
-
-
TERRITORIOS
Territorio en forma de banda do NL de Namibia, que enlaza o país co río Zambeze e que se estende entre Angola, Zambia e Botswana. O chanceler alemán Caprivi obtivo a posesión deste territorio para Inglaterra en 1893. En 1939 a Unión Sudafricana anexionou a parte oriental deste territorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político alemán, conde de Caprivi. Foi xefe da mariña alemá (1883-1888) e chanceler do Imperio (1890-1894). En política exterior renovou a Triple Alianza (1891) e distanciouse de Rusia. Cedeu Zanzíbar a Inglaterra a cambio de Heligoland (1890) e obtivo a posesión denominada banda de Caprivi. En desacordo con Guillerme II, retirouse da política en 1894.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos caproídos.
-
Peixe da familia dos caproídos.
-
Familia de peixes da orde dos zeiformes, caracterizados por presentar un corpo de forma discoidal, alto e comprimido dorsoventralmente, con algunhas especies case romboidais; a cabeza, non moi grande, presenta unha crista occipital; os ollos son relativamente grandes e a boca pequena e protráctil, formando un tubo curto no xénero Capros. Nas augas atlánticas europeas e galegas aparecen dúas especies, correspondentes a dous xéneros diferentes (os únicos descritos para esta familia): Capros aper e Antigonia capros, esta última moi rara; ambas as dúas miden ata 15 cm e son de cor vermella ou rosada. Son peixes gregarios que viven formando bancos en augas relativamente profundas, dende os 40 ata máis de 600 m; os adultos ocupan as augas profundas, mentres que as crías viven en augas medias, onde se alimentan principalmente de crustáceos. Adoitan pescarse con redes, pero o seu consumo é moi reducido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lactama cíclica do ácido ε-caproico que se obtén industrialmente a partir do oxima da ciclohexanona por transposición de Beckmann. Emprégase como materia prima na fabricación de fibras sintéticas, de plastificantes e de coiro sintético e tamén como vehículo de pinturas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos caproídos ao que pertence o pimpín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das brasicáceas ao que pertence o panqueixo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide propio dos froitos das plantas do xénero Capsicum, coñecidos co nome de pementos, que lles confire o sabor picante característico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas e arbustos da familia das solanáceas que comprende unhas 50 especies do centro e sur de América. As plantas, coñecidas vulgarmente como pementeiros, foron levadas a Europa a principios do século XVII e os froitos, denominados pementos, deben o seu característico sabor picante ao alcaloide capsicina. As especies máis cultivadas son C. annuum e C. frutescens.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cuberta proteica, constituída por subunidades de proteína (iguais ou distintas) chamadas capsómeros, dun virión que envolve o ácido nucleico (ADN ou ARN). As cápsides son formas regulares que poden presentar simetría icosaédrica ou helicoidal. Certos virus, chamados virus envoltos, presentan unha cuberta lipídica externa adicional, a membrana, constituída por lípidos, glícidos e proteínas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Capsiense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura prehistórica do norte de África que sucedeu ao Ateriense e se desenvolveu durante o Paleolítico superior e o Mesolítico. O xacemento característico é Rammadiya, onde se atoparon moreas de cinsa, instrumentos microlíticos de sílex e cunchas de caracol. En Kenya descubriuse unha industria lítica semellante que levou aos especialistas a definir alí unha variante rexional desa industria.
-
PERSOEIRO
Soprano. Comezou os estudios no Conservatorio do Liceu de Barcelona, onde debutou en 1914 con Rigoletto. Foi profesora de canto no Conservatorio Superior de Música de Barcelona. Actuou con grande éxito nos mellores teatros de Europa e América. Compuxo algunhas melodías, entre as que destaca Transcripció per a cant dúnes variacions sobre un tema de Mozart.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das unidades proteicas que constitúen a cápside dun virión.
-
-
Calquera cousa que teña forma de recipiente ou caixa pequena ou mesmo de bolsa.
-
-
Cuberta ou membrana que protexe diferentes estruturas delicadas en moitos organismos. Poden presentala moitas bacterias, diversas algas, radiolarios, etc.
-
cápsula mucosa
Capa difusa externa da parede dalgunhas bacterias, con estrutura homoxénea de baixa densidade e grosor variable, composta xeralmente por algún polisacárido de aspecto mucoso. Utilízase para a produción industrial de axentes xelificantes ou viscosos a partir de microorganismos.
-
-
-
Membrana que envolve un órgano ou parte dun órgano, como a cápsula adiposa do ril, que o envolve e o sostén; a cápsula de Bowman, que envolve o glomérulo renal; a cápsula de Glisson, que envolve o fígado, etc.
-
cápsula articular
Saco fibroso, recuberto pola membrana sinovial, que envolve unha articulación, formado por tecido conxuntivo denso con fibras coláxenas e elásticas.
-
cápsula externa
Capa de substancia branca do encéfalo situada por fóra do núcleo lenticular do corpo estriado.
-
cápsula interna
Capa de substancia branca situada entre a cabeza do núcleo caudal e o tálamo óptico, por unha parte, e o núcleo lenticular, por outra. Ten un brazo anterior e un posterior. Por ela pasan as vías piramidais motoras procedentes dos centros corticais e as vías sensitivas ou cinta de Reil. A súa lesión provoca a hamiplexia máis común, chamada capsular.
-
cápsula suprarrenal
Glándula suprarrenal.
-
-
...
-
-
-
Acción de capsular unha botella.
-
Acción de colocar os medicamentos en cápsulas.
-