"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

  • GALICIA

    Militar. Coñecido como Farruco, foi capitán de milicias e chegou a Río de la Plata como soldado do exército español (1764). Entre 1782 e 1797 construíu un fortín nun estratéxico paso dos contrabandistas de gando e coiros ao L do departamento de Durazno, que foi declarado Monumento Histórico Nacional (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Catedrático de instituto, centrou os seus estudos na lingüística, sobre todo na lexicografía, e na literatura. É autor da parte galega do Dicionario de las lenguas de España (1985) e O españolismo lingüístico (2004). É coautor, xunto con Rafael Chacón Calvar, do Cuaderno de o galego correcto (1993), do Cuaderno de o galego de uso (1993) e do Dicionario crítico de dúbidas e erros da lingua galega (1992). Tamén publicou Historia de la literatura gallega (2002), editou Los manifiestos políticos en el siglo XIX (1808-1874) (1998) e traduciu e editou Viaje por España 1808, de Charles Richard Vaughan (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante, escritor e político. En 1895 marchou coa súa nai, Xoaquina Castelao Genme, a Arxentina para reunirse co seu pai, Mariano Rodríguez Dios, propietario dunha polbeira e dun almacén de comercio en Santa Rosa de Toay (La Pampa), onde naceron as súas irmás, Xosefina e Tareixa. En 1900 toda a familia, agás o pai que regresaría máis adiante, voltou a Galicia e instalouse en Rianxo. Entre 1901 e 1903 estudou por libre o bacharelato e preparou o seu ingreso na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Durante a súa etapa universitaria participou en actuacións teatrais e en parladoiros, ao tempo que traballaba como practicante no Hospital Provincial e despois como alumno interno no Hospital Clínico. Realizou as súas primeiras pinturas e debuxos enmarcados no costumismo idealizante da Xeración do 98. Nos seus cadros de cegos empregou as tintas planas dun xeito modernista. En 1909 obtivo a licenciatura e marchou a Madrid para cursar o doutoramento. Colaborador da revista...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e político. Ordenado sacerdote en Barcelona (1493), foi bispo de Badajoz, Palencia, Burgos e Córdoba e conselleiro dos Reis Católicos. Foi presidente do Consello de Indias (1519-1524) e encargado dos asuntos comerciais da Casa de Contratación de Sevilla. Opúxose aos proxectos de C. Colón. O seu poder decaeu tras o ascenso ao trono de Carlos I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de cantaría. Traballou no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e na catedral de Ourense, para a que fixo unha porta para a capela do Santo Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Segovia 1533 - Mallorca 1617) Escritor e místico xesuíta. Ingresou na Compañía de Xesús para dedicarse ao ensino en Mallorca ata a súa morte. Publicou Ejercicio de perfección y virtudes cristianas. Foi beatificado en 1825 e canonizado en 1888. Iconograficamente represéntase como un ancián imberbe vestido con hábito negro e faixa, ao xeito da sotana dos cregos, ou como bispo con sotana violeta, roquete e peitoral. Como atributos leva na man dereita un báculo rematado en cruz de dobre travesa (propio dos fundadores) e un crucifixo dos misioneiros e un rosario (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 30 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escenógrafo. Cultivou os temas folclóricos e históricos dentro dun estilo decorativista e adheriuse ao grupo Mir Iskusstva. Como escenógrafo colaborou cos ballets de Diaghilev.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal. Ingresou no exército imperial ruso (1914) e coa Revolución de 1917 pasou ao exército vermello. No inverno de 1940-1941 contribuíu á derrota dos alemáns, que intentaban apoderarse de Moscova e tivo unha participación decisiva na Batalla de Stalingrado. Mariscal desde 1944, foi proclamado heroe nacional de URSS en 1949. Nomeado mariscal de Polonia, adoptou esta nacionalidade e foi vicepresidente do Consello de Ministros de Polonia (1952). Posteriormente regresou á URSS, onde ocupou cargos no Ministerio de Defensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Chegou á Coruña en 1906, onde se relacionou coas diversas escolas racionalistas alentadas pola Antorcha Galaica del Librepensamiento e coa Escuela Integral para Niñas, que promoveu en 1913 xunto coa súa muller, Luisa Elizalde. Participou intensamente na defensa do laicismo na sociedade civil intervindo en numerosos actos públicos, como o Congreso de la Paz celebrado en Ferrol (1915), onde se aprobou a súa proposta de crear un comité permanente para darlle pulo á loita antimilitarista. Como publicista, colaborou na Revista Blanca, onde publicou o ensaio “La escuela: su pasado, su presente y su porvenir” (1925), no semanario coruñés La Voz del Obrero e deixou impreso o folleto “Disertación Científico Social” (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e escritor. Membro do colectivo poético Rompente, participou na obra conxunta deste colectivo titulada Galletas Kokoschka non (1979), coa que pretendían experimentar con novas formas. No apartado audiovisual colaborou co grupo musical Siniestro Total e realizou diversos traballos para a TVG. Escribiu Anaí, o conto (1983), en que incluíu unha partitura de Enrique Macías; o poemario Miniaturas (1987), formado por composicións moi breves nas que introduce unha trama amorosa, acompañadas de pequenas prosas con algún monólogo interior e textos de carácter cinematográfico; e Et finira le jour de son commencement (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés. Dedicouse plenamente ao estudo erudito no colexio de Coqueret, baixo a dirección do helenista Dorat. Alí formouse no núcleo da escola que foi coñecida como La Pléiade, da que Ronsard foi o precursor, ademais de inspirador da Defense et Illustration de la langue française (1549) de Du Bellay. Enriquecedor da lingua poética, perfeccionou o soneto. A primeira obra foi Odes (1550-1552), seguida dos sonetos Les amours (1552). Escribiu tamén Las folastries (1553), Le bocage (1554), La continuation des amours (1555-1556), a súa obra de estilo máis persoal, e Les Hymnes. Debido ao fracaso de La Franciade (1572), retirouse da carreira pública, e, finalmente, escribiu Les amours d’Hélène (1578).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rastro que deixa ao seu paso un corpo que se move, especialmente cando esvara sobre a auga.

    2. Rastro que queda de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Lugo a partir de maio de 1924. Cesou en novembro dese ano (nº6). Subtitulada “Revista de Arte” e “Revista de la nueva generación gallega” (nº6), foi dirixida por Evaristo Correa Calderón. De carácter ecléctico, integrou as correntes máis abertas e vangardistas en materia de creación literaria do momento. Aínda que non naceu con espírito de ruptura, acabou integrando unha xeración de autores galegos, sobre todo lucenses, moi vinculados ás posicións nacionalistas. Incluíu críticas e colaboracións literarias de autores nacionais e estranxeiros, así como traducións de autores cataláns, franceses ou alemáns. O 15 de xaneiro de 1975 saíu publicado un número extraordinario, en conmemoración do quincuaxésimo aniversario da súa creación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir de xuño de 1986. Subtitulouse “Cóctel literario”. Promovida polo colectivo poético do mesmo nome e editada polo Colexio Universitario da Coruña, foi unha publicación de carácter poético caracterizada polo seu afán innovador e rupturista. Rexeitou a normativa oficial do galego, optando por variantes próximas ao portugués e seguindo unha liña transgresora e provocadora. Aínda que a presentación da revista era limitada, contiña colaboracións literarias creativas que empregaban técnicas propias das vangardas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra sueco. Influído por Nielsen, Sibelius, Schönberg e Stravinskij, foi autor, entre outras obras, de sete sinfonías, diversos concertos para violín, doce cuartetos de corda e nove óperas, das que destaca Marinetter (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardón literario en galego e castelán convocado desde 1992 pola Fundación Caixa Galicia dentro do proxecto Biblioteca Nova 33 para autores menores de dezaoito anos. No apartado de lingua galega foron galardoados Carlos Vila, con Alén da aventura (1992); Felipe Riola, Apocalipse Möbius (1993); Felipe Riola, Á sombra da torre (1995); Inmaculada López, Neve en abril (1996); Eva Moreda, Breogán de Guisamonde, o Cabaleiro da Gaivota (1997); Alberto Santiago, Case unha cidade (1998); Raquel Campos, OTMA Nicolaievna. As catro grandes descoñecidas (2002) e Fátima Peón, Camposanto (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xornalista. Estudou dereito en Santiago de Compostela, onde comezou a colaborar coa prensa e foi catedrático de Historia Natural en Oviedo, Pontevedra e Zamora. Foi un dos organizadores do republicanismo español e deputado nas Cortes pola provincia da Coruña (1854-1856). Viuse obrigado a exiliarse en dúas ocasións (1846 e 1862). Dirixiu o xornal La Discusión (1861) e publicou Historia de la causa formada en Zaragoza el año de 1861 contra el ex constituyente D. Eduardo Ruiz Pons y consortes (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constante, inicialmente empírica, que intervén nos espectros atómicos de todos os elementos. O valor de R é 1,097373177(83)× 107 m-1.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, marqués de Sade. Desde 1768, a súa vida quedou marcada polo escándalo e a prisión; e en 1794 comezou a publicación dalgunhas obras escritas en etapas de cautividade como Justine ou les malheurs de la vertu (1791), La philosophie dans le boudoir (1795) e La nouvelle Justine, suivie de l’histoire de Juliette, sa soeur (1797). Unha boa parte da súa produción non foi publicada ata o s XX como Historiettes, contes et fabliaux (1926) e Les cent vingt journées de Sodome (1931-1935), ademais de cartas e doutros escritos inéditos. O comportamento erótico de moitos dos seus personaxes deu lugar ao termo sadismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi desterrado dúas veces polas súas sátiras. Destacan La hija de Celestina (1612), Casa del placer honesto (1620), El subtil cordobés Pedro de Urdemalas (1620) e Don Diego de Noche (1623).

    VER O DETALLE DO TERMO