"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • PERSOEIRO

    Xefe bérber. Sublevouse contra o dominio romano (372) e despois de derrotalo proclamouse rei. Vencido por unha coalición entre o xeneral romano Teodosio e o seu fillo Xildón, suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Estudiou nas universidades de Bonn e Estrasburgo, e foi profesor nas de Estrasburgo, Múnic, Erlangen, Wurzburgo e Berlín. En 1875 descubriu a fenilhidrazina e, posteriormente, ideou a convención que leva o seu nome. Estudiou sistematicamente os azucres e descubriu a estrutura de moitos, como a glicosa e a frutosa, algunhas substancias colorantes artificiais e os aminoácidos, dos que obtivo os polipéptidos por condensación. Foi o primeiro en sintetizar a ribosa e obtivo o primeiro barbitúrico, o veronal. En 1890 concedéuselle a medalla Davy da Royal Society de Londres e en 1902 recibiu o Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre os azucres e as purinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia os produtos e os preparados que se empregan para a protección dos vexetais contra as súas enfermidades e parasitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de produtos que se empregan para combater as enfermidades e pragas das plantas ou das substancias que se usan na súa profilaxe. Inclúe os insecticidas, acaricidas, bactericidas, funxicidas, herbicidas, reguladores do crecemento, aceites adxuvantes, disolventes, antioxidantes e conservadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da fitopatoloxía que trata da química, a formulación e a aplicación dos produtos e as materias que se empregan no control das pragas e enfermidades das plantas, e tamén dos correctores que se utilizan habitualmente para regular algúns procesos fisiolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona vexetal. As fitohormonas realizan a súa acción nun lugar diferente de onde se sintetizan e actúan controlando o desenvolvemento dos vexetais. Existen dous grandes grupos de fitohormonas: as promotoras do desenvolvemento (auxinas, citoquininas e xiberelinas) e as inhibidoras (ácido abscísico e etileno).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. En 1842 conseguiu imaxes impresas a partir de daguerrotipos. Traballou con J. B. C. Foucault no campo da óptica e fixo a primeira medición da velocidade da luz no aire. Probou que o efecto Doppler se pode utilizar para medir a velocidade radial das estrelas. Estudiou tamén a dilatación dos cristais e a polarización da luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de abano aberto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto fluorado que se pode considerar formalmente derivado do metano. Emprégase como refrixerante para baixas temperaturas, irrita o aparato respiratorio e a altas concentracións actúa como narcótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación impresa en Ourense a partir do 22 de novembro de 1968. Trátase dun boletín moi modesto que tenta resumir todas aquelas novas de interese cultural, social ou económico de interese para os seus asociados. Incluíu, ademais dun pequeno editorial, información sobre o idioma galego, humor, libros, autores, conferencias e xornadas. Tamén inseriu actividades da propia agrupación e avisos sobre vindeiros proxectos. Algúns dos seus artigos, sobre todo os económicos, tratábaos con certa ironía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político brasileiro. Como ministro de Guerra (1906-1909) instaurou o servizo militar obrigatorio. Foi presidente da República entre 1910 e 1914 e houbo de enfrontarse a graves axitacións populares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mañufe (Gondomar). Fundouse, segundo unha inscrición conservada no lintel da porta, en 1757. Ten planta rectangular con baixo, destinado a adega, e piso. Conserva un pequeno patín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Vilagarcía de Arousa. Construída en estilo románico entre os ss XII e XIII, ten nave e ábsida de planta rectangular con cuberta de madeira. O arco de triunfo é de medio punto peraltado e arranca dunha liña de imposta decorada con billetes que se apoia en semicolumnas pegadas. Na ábsida destacan as pinturas murais dispostas en dous corpos separados pola liña de impostas. Datadas no s XVI, representan no testeiro a Anunciación, na parte superior, e os apóstolos Pedro e Paulo na inferior; nas paredes represéntase a santa Elena e, posiblemente, o Apóstolo Santiago. As figuras caracterízanse por ter un canon próximo ao natural e pola súa composición inmersas nun escenario paisaxístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1951. Foi dirixida por Michael Curtiz e interpretada por William Holden, Nancy Olson, Frank Lovejoy e Gene Evans. Este filme, baseado nunha obra de Ernest Hemingway, presenta a historia de amor entre un tenente do exército e unha enfermeira durante a Segunda Guerra Mundial. A sinxeleza dos planos e a interpretación dos protagonistas é o máis destacado desta película.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada que se emprega na formación de palabras co significado de ‘ácido fórmico’ ou ‘formilo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode formar.

      1. Aparencia exterior de algo segundo a disposición da súa materia e o conxunto de superficies ou liñas que a determinan.

      2. Liñas e superficies que configuran o corpo humano, especialmente o da muller.

    2. Cada unha das diferentes realizacións coas que pode presentarse algo.

      1. Cada unha das diferentes posibilidades de ser, actuar ou facer algo.

      2. Maneira de comportarse segundo as conveniencias sociais.

      1. Condición física ou mental dunha persoa, especialmente cando son favorables.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aparencia exterior de algo segundo a disposición da súa materia e o conxunto de superficies ou liñas que a determinan.

      2. Liñas e superficies que configuran o corpo humano, especialmente o da muller.

    1. Cada unha das diferentes realizacións coas que pode presentarse algo.

      1. Cada unha das diferentes posibilidades de ser, actuar ou facer algo.

      2. Maneira de comportarse segundo as conveniencias sociais.

      1. Condición física ou mental dunha persoa, especialmente cando son favorables.

      2. Disposición dun deportista para practicar un deporte concreto. Conséguese cando existe un equilibrio entre peso, forza, axilidade e control mental.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode formar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de formar ou formarse.

    2. Agrupación de persoas que se reúnen para unha actividade determinada.

      1. Proceso de desenvolvemento/perfeccionamento e de inculcación/asimilación cultural, moral e condutual co que se pretende lograr a madureza do educando e a súa competencia para participar na vida social.

      2. formación profesional

        Nivel educativo que ten como finalidade a capacitación e cualificación profesional dos traballadores dos sectores primario, secundario e terciario, cun enfoque esencialmente técnico e práctico, se ben a dimensión teórica, ou científico-técnica, está cobrando maior relevo como consecuencia do desenvolvemento tecnolóxico e da importancia das novas tecnoloxías. A Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE, 1992) contempla dous niveis fundamentais de formación profesional, os Ciclos Formativos de Grao Medio, que se cursan despois de rematar a Educación Secundaria Obrigatoria, e os Ciclos Formativos de Grao Superior, que se cursan tras finalizar o Bacharelato. As titulacións agrúpanse en familias (química, imaxe persoal, actividades físicas e deportivas, actividades agrarias, informática, imaxe e son, etc), o currículo dos Ciclos Formativos organízase en módulos ou áreas de coñecemento, algúns deles transversais a diversas familias, e a súa duración vai das 1.300 ás 2.000 horas, e incorpora...

    3. Conxunto de estratos que forman unha porción significativa na sucesión estratigráfica dunha área determinada. Caracterízase por unha composición litolóxica definida e a posibilidade de poder correlacionar diferentes sucesións estratigráficas. As formacións denomínanse polos nomes xeográficos da área de onde é típico o desenvolvemento da unidade.

    4. Tipo de vexetación que vén definido pola forma biolóxica dominante, que normalmente corresponde ás unidades de vexetación coñecidas popularmente, como o bosque, a carrasca, o mato ou o prado. Nesta vexetación o que destaca é o aspecto, non a composición florística.

      1. Cada unha das formas características que veñen definidas polas posicións conservadas dos avións dunha escuadra ou as naves dunha flota nas súas evolucións.

      2. Agrupación de soldados en parada ordenados en fileiras ou columnas.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO