formación
(< lat formatĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de formar ou formarse.
Confrontacións: composición, constitución. -
s
f
Agrupación de persoas que se reúnen para unha actividade determinada.
-
[EDUC]
-
s
f
Proceso de desenvolvemento/perfeccionamento e de inculcación/asimilación cultural, moral e condutual co que se pretende lograr a madureza do educando e a súa competencia para participar na vida social.
-
formación profesional
Nivel educativo que ten como finalidade a capacitación e cualificación profesional dos traballadores dos sectores primario, secundario e terciario, cun enfoque esencialmente técnico e práctico, se ben a dimensión teórica, ou científico-técnica, está cobrando maior relevo como consecuencia do desenvolvemento tecnolóxico e da importancia das novas tecnoloxías. A Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE, 1992) contempla dous niveis fundamentais de formación profesional, os Ciclos Formativos de Grao Medio, que se cursan despois de rematar a Educación Secundaria Obrigatoria, e os Ciclos Formativos de Grao Superior, que se cursan tras finalizar o Bacharelato. As titulacións agrúpanse en familias (química, imaxe persoal, actividades físicas e deportivas, actividades agrarias, informática, imaxe e son, etc), o currículo dos Ciclos Formativos organízase en módulos ou áreas de coñecemento, algúns deles transversais a diversas familias, e a súa duración vai das 1.300 ás 2.000 horas, e incorpora un módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) que os alumnos e alumnas deben cursar nunha empresa do sector dos estudios que realizan. Paralelamente á implantación deste subsistema, Formación Profesional Específica, tamén se desenvolven os subsistemas da Formación Ocupacional e de Formación Permanente, aínda que o obxectivo é que os tres subsistemas poidan convivir baixo unha mesma estrutura, a dos Institutos Integrados de Formación Profesional.
-
s
f
-
s
f
[ESTRATIG]
Conxunto de estratos que forman unha porción significativa na sucesión estratigráfica dunha área determinada. Caracterízase por unha composición litolóxica definida e a posibilidade de poder correlacionar diferentes sucesións estratigráficas. As formacións denomínanse polos nomes xeográficos da área de onde é típico o desenvolvemento da unidade.
-
s
f
[BOT/XEOL]
Tipo de vexetación que vén definido pola forma biolóxica dominante, que normalmente corresponde ás unidades de vexetación coñecidas popularmente, como o bosque, a carrasca, o mato ou o prado. Nesta vexetación o que destaca é o aspecto, non a composición florística.
-
s
f
-
Cada unha das formas características que veñen definidas polas posicións conservadas dos avións dunha escuadra ou as naves dunha flota nas súas evolucións.
-
[BÉL]
Agrupación de soldados en parada ordenados en fileiras ou columnas.
-
-
[ECON]
-
formación bruta de capital
Crecemento sen deducir amortizacións do investimento e o capital nun sector concreto da economía durante un período determinado. Está formado pola formación bruta de capital fixo e a variación de existencias.
-
formación bruta de capital fixo
alor dos bens duradeiros adquiridos polas unidades de produción para ser utilizados nun período superior a un ano.
-
formación bruta de capital