formal
formal
(< lat formāle)
-
adx
Relativo ou pertencente á forma.
-
adx
[FILOS]
Aplícase o que foi sometido ao formalismo ou á formalización.
-
adx
Que está feito ou formulado tendo en conta os requisitos ou normas esixidos.
Ex: Xa me fixeron un contrato formal. Para o ano casan porque teñen un compromiso formal.
-
adx
Que se fai con seriedade.
Ex: Mantivemos unha conversa formal durante dúas horas.
Antónimos: informal. -
adx
Que se comporta de maneira seria e educada e cumpre cos seus compromisos.
Ex: Pórtase moi ben, é un neno moi formal.
Antónimos: informal. Confrontacións: responsable. -
s
m
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que designa o aparello para darlle forma á tella.