"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Reiriz (Samos). O seu cumio acada os 540 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde ás voces ‘pote e cepo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e cartógrafo turco. Baseándose en diversos mapas aparentemente moi antigos, en 1513 fixo un mapa do Atlántico Sur onde figuraba a costa de América do Sur e da Antártida, e en 1528 realizou un mapa do Atlántico Norte no que aparecen as novas terras de América Central e do Norte. O enigmático da súa obra, é que representa accidentes xeográficos e terras descoñecidos na súa época e difíciles de cartografar. O conxunto dos seus coñecementos cartográficos e de navegación resumiunos en Kitab-ī-Bahriye (Sobre a navegación, 1521).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir de xuño de 1981. Funcionou como boletín local da Confederación Sindical Galega nesa cidade. De carácter reivindicativo e orientado aos sectores obreiros, amosou unha fonda preocupación polo problema do paro na comarca. Nas súas portadas apareceron algunhas ilustracións de Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar ou edificio convenientemente disposto para gardar pólvora e outros explosivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai pólvora ou a vende.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Lérez que nace na parroquia de Millarada (Forcarei) e desemboca na de Parada (Cercedo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Pintor, Xastre ou Negro, formou parte dos milicianos que intentaron conter a sublevación militar que iniciou a Guerra Civil. Detivérono ao finalizar o conflito e permaneceu encarcerado ata 1943. En 1945 incorporouse á guerrilla e foi elixido xefe militar da IV Agrupación Guerrilleira de Galicia e iniciou unha forte actividade propagandística e de combate. Morreu nun tiroteo coa Garda Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Pontedeva. Datada no s XVIII, ten unha nave de tres tramos separados por arcos de medio punto e capela maior. A fachada é barroca e remata cunha espadana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen fuma porros.

    2. Que ou quen viste ou se comporta dun xeito que está fora do convencionalismo social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Tambre, que nace e desemboca na parroquia de Nogueira (Sobrado).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Areas (Ponteareas). Ten planta en forma de U e foi realizada en cantaría. Na fachada principal conta cunha escaleira que dá acceso ao patín dianteiro onde se atopa a porta principal cun escudo enriba. Ten varias edificacións anexas e unha capela, que conserva pinturas no seu interior que datan posiblemente do s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e escritor. Abandonou os estudos eclesiásticos e licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1845). Cofundador de La Aurora de Galicia (1845), con Francisco Añón, e Faro de Vigo (1853), con Xosé Carvajal Pereira, escribiu Poesías de Jose María Posada y Pereira (1886) e Poesías selectas (1888), que se recolleu na Biblioteca Gallega de Martínez Salazar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao anterior á cultura indoeuropea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor checo. Principal representante do modernismo en Bohemia, partiu do simbolismo alegórico e utilizou cores escuras, con preferencia violetas, animadas por brancos atenuados. Das súa obra destacan Os namorados e O lago negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen preitea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mostra respectuosa de submisión ou cortesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de preitear.

    2. Litixio ou contenda entre dúas partes.

    3. Procedemento contencioso, civil ou criminal, entre dúas partes litigantes. Presentada a demanda, solicítase a tutela do tribunal fronte ao demandado. Despois de examinar as alegacións e as probas, e de facer un resumo oral ou escrito delas, o tribunal dita sentenza, contra a que se pode presentar recurso.

    4. Preitos presentados desde 1508 polos descendentes de Cristovo Colón á coroa castelá en que esixían a confirmación das concesións acordadas nas Capitulaciones de Santa Fe (1492) e outros privilexios acordados en 1492, 1493 e 1497. O preito principal desenvolveuse ata 1536, cando se lle concedeu a Luís Colón o título de almirante con carácter hereditario, entre outros privilexios.

    VER O DETALLE DO TERMO