Portobarreiro, pazo de

Portobarreiro, pazo de

Construción situada en Areas (Ponteareas). Ten planta en forma de U e foi realizada en cantaría. Na fachada principal conta cunha escaleira que dá acceso ao patín dianteiro onde se atopa a porta principal cun escudo enriba. Ten varias edificacións anexas e unha capela, que conserva pinturas no seu interior que datan posiblemente do s XVII.

Palabras veciñas

Porto, Xosé | porto-cava, anastomose | Porto-Novo | Portobarreiro, pazo de | Portobravo | Portocamba | Portocarrero