Porto, Xosé

Porto, Xosé

Escritor. Coñecido como Xosé de Valbuxán, é autor dunha poesía de raizame popular que intenta actualizar as formas propias da literatura folclórica galega. Escribiu Saudade e morriña ou Door de lonxanía (1976), A festa das festas (1981), un feixe de poemas e panxoliñas referido ao Nadal, A Virxe das Ermidas (1987), onde canta ao santuario mariano que se localiza á beira do río Bibei, e Yosso: el cisne de Valbuxán (1989).