"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Camariñas, fundado en 1996 por iniciativa do concello e dedicado ao encaixe. Os obxectivos que persegue son promover o coñecemento e a difusión do encaixe de palillos, unha actividade tradicional no concello e na comarca de Terra de Soneira; a recuperación de pezas antigas e tradicionais e deseños característicos da zona; a potenciación do desenvolvemento e evolución do sector encaixeiro, así como servir de centro de investigación, documentación e consulta sobre o encaixe en Camariñas.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Colombia (33.268 km2; 1.632.093 h [estim 2000]). A súa capital é Pasto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político colombiano. Intelectual liberal, foi nomeado presidente do estado (1811). Centralista, enfrontouse aos federalistas e máis tarde foi derrotado e feito prisioneiro polos realistas (1814). Liberado, Bolívar nomeouno vicepresidente de Colombia (1821).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aglucona da narinxina que se obtén por hidrólise e que, ao contrario desta, non é amarga. Preséntase en forma de láminas que se forman a 251°C e son solubles nos disolventes orgánicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Glicósido que está presente nas flores, no froito e na codia da laranxeira. É moi amarga e emprégase como aditivo nalgunhas bebidas non alcohólicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte superior da farinxe situada detrás do nariz que comunica coas fosas nasais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á nasofarinxe.
-
CIDADES
Cidade da costa sudoccidental de Peloponeso, Grecia, no nomós de Messenia, chamada actualmente Pilos. Foi o lugar onde se librou a Batalla de Navarino , en outubro de 1827, entre as forzas aliadas de Francia, Reino Unido e Rusia e as frotas turca e exipcia, ancoradas neste porto. A derrota sufrida polos otománs obrigounos a aceptar a independencia grega (1829).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Catedrático musical e director de coro. Foi director da Coral Universitaria de Madrid e presidente da Comisión de Arte Centro Gallego de Madrid. Autor da tradución de óperas ao galego, das que destacan La seva padrona, Bastián ed Bastiana, Il maestro di música e La represa, foi nomeado Socio de Honor de la Coral Mercedaria de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ariedade de pexegueiro do que se diferencia pola ausencia de tomentos na pel do froito.
-
Froito da nectarina, semellante a un pexego, que presenta a polpa de cor amarela ou branca, co óso non adherido.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos nectarínidos.
-
Ave da familia dos nectarínidos.
-
Familia de aves, da orde dos paseriformes, de pequenas dimensións , que presenta a lingua protáctil, de punta bífida e pegañenta, sen filamentos, cos bordos dos terzos basais en forma de dobre tubo, 10 rémixes primarios e os tarsos delgados e curtos. Aliméntanse de néctar e de pequenos insectos, e comprende catro xéneros, Arachnothera, Cinnyris, Chalcomitra e Nectarinia, que habitan nas selvas tropicais e subtropicais de Asia, África e Australia.
-
-
PERSOEIRO
Político e médico. Especializado en fisioloxía, en 1922 obtivo unha cátedra na Universidad de Madrid. Durante a Ditadura de Primo de Rivera, ingresou no PSOE, e en 1931 foi elixido deputado. Durante a Guerra Civil Española foi ministro de Facenda e Economía no goberno de Largo Caballero (1936-1939). Desde este cargo reorganizou a economía de guerra e ordenou o traslado a URSS dunha gran parte das reservas de ouro do Banco de España. Coa dimisión de F. Largo Caballero, foi nomeado primeiro ministro (1937-1939) e posteriormente ministro de Defensa Nacional (1938-1939). Condicionado pola evolución da guerra, en outubro de 1937, decidiu o traslado do goberno a Barcelona. En febreiro de 1939, coa caída de Catalunya, exiliouse. Foi presidente do goberno republicano no exilio ata 1946.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘pulga’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘caldeira’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Vitorino Nemésio Mendes Pinheiro da Silva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nódulo ou tumor nervioso que se orixina a partir da vaíña de Schawn dun nervio periférico. O nervio máis afectado é o acústico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á neuroendocrinoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Materia que estuda as relacións entre os sistemas nervioso e endócrino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao neutrino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de partícula fundamental, constituído por tres especies que pertencen ao grupo dos leptóns e que teñen carga eléctrica nula, masa en repouso nula ou moi pequena, e spin 1/2. Existen o neutrino do electrón ou neutrino electrónico (νe), o neutrino do muón ou neutrino muónico (νμ ) e, hipoteticamente, o neutrino da tau (ντ ). A existencia do neutrino foi postulada por W. Pauli en 1931 e a primeira observación experimental foi feita en 1956 por Reines e Cowan.