neutrino
neutrino
(
s
m
[FÍS]
Tipo de partícula fundamental, constituído por tres especies que pertencen ao grupo dos leptóns e que teñen carga eléctrica nula, masa en repouso nula ou moi pequena, e spin 1/2. Existen o neutrino do electrón ou neutrino electrónico (νe), o neutrino do muón ou neutrino muónico (νμ ) e, hipoteticamente, o neutrino da tau (ντ ). A existencia do neutrino foi postulada por W. Pauli en 1931 e a primeira observación experimental foi feita en 1956 por Reines e Cowan.