"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
VER O DETALLE DO TERMO
sassolita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido bórico, de fórmula H3BO3. É un mineral branco, gris ou amarelento con brillo de nácara, que cristaliza no sistema triclínico.
-
PERSOEIRO
Escritor. De carácter pacifista, é autor de obras onde reflicte a súa experiencia na Primeira Guerra Mundial. Tamén publicou Siegfried’s Journey (1916-1920) e o poemario The Path to Peace (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de naturalistas suízos. Nicolas Saussure (Xenebra 1709-1790) foi un teórico agrícola que escribiu diversos tratados sobre o cultivo da viña. O seu fillo Horace Saussure (Xenebra 17.2. 1740-22.1.1799) dedicouse á xeoloxía e a meteoroloxía. O fillo deste, Nicolas Théodore Saussure (Xenebra 14.10.1767-18.4.1845), procedente do campo da xeoloxía, foi o autor dunha Recherches chimiques sur la végétation (1804), que o consagrou como o mellor fisiólogo botánico do seu tempo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista suízo. Foi profesor de lingüística indoeuropea e de lingüística xeral en Xenebra e catedrático da École Pratique des Hautes Études en París. A dicotomía entre lingua (langue), o sistema de signos, e fala (parole), o acto concreto de cada individuo ao falar; a definición do signo como a combinacón dunha imaxe acústica (significante) e un concepto (significado); a distinción entre sincronía e diacronía; a análise da lingua como unha estrutura onde todo está en relación; o carácter arbitrario do signo lingüístico e a distinción entre as relacións sintagmáticas e as relacións paradigmáticas, son as súas principais achegas á lingüística moderna. Das súas obras destacan Mémoire sur le système primitif des voyelles dans les langues indoeuropéennes (1878), De l’emploi du genitif absolu en sanscrit (1880), pero sobre todo o Cours de linguistique générale considerado como o punto de partida do estruturalismo, que foi preparado polos seus discípulos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Savoia e marqués de Saluzzo. Pasou ao servizo de Austria e obtivo a vitoria de Zenta, que lles permitiu aos austríacos impoñerse a Polonia e Hungría. Tras a Paz de Rastatt (1714) comandou unha expedición contra os turcos, sobre os que tamén se impuxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Formado en Roma, trasladouse a Nápoles (1683), onde escribiu un gran número de óperas que deron forma e estrutura á ópera napolitana posterior con elementos como a aria da capo. Compuxo oratorios e cantatas, como Il giardino d’amore, música instrumental, a ópera cómica Il trionfo dellónore (1718) e o Stabat Mater.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte. Membro da escola de Viena, elaborou unha metodoloxía que distinguía na linguaxe artística unha historia figurativa común a toda unha época, e outra específica das individualidades artísticas. Escribiu Die Kunstliteratur (Literatura sobre a arte, 1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Estudou e traballou na Universidade de Berlín ata que, en 1935, abandonouna forzado polos nazis. Fixo contribucións en teoría de grupos, de matrices, ecuacións alxébricas e ecuacións integrais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista inglés. Representante da escola clásica, as súas contribucións constitúen as bases da inflexión cara ao marxinalismo. Rexeitou a concepción ricardiana do valor-traballo. Escribiu Three Lectures on the Value of Money (1829) e Outline of the Science of Political Economy (1836).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político austro-alemán. Militante nazi desde 1928, favoreceu a entrada das tropas alemás no país (Anschluss). Como consecuencia diso converteuse en statthalter de Austria. Durante a Segunda Guerra Mundial foi comisario do Reich en Holanda (1940-1945). Xulgado polo tribunal de Nuremberg, foi aforcado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia artística dalgúns grupos, caracterizados polo abandono da tradición académica do s XIX e das asociacións artísticas oficiais e polo intento de renovar o gusto, aínda que sen ter elaborado unhas doutrinas ben definidas. O ideal do movemento corresponde ao do modernismo. Existiron en Múnic (1892), -onde destacou a figura de Franz von Stuck-, Berlín (1893) -con Max Liebermann- e Viena, (Wiener Sezession,1897), integrado polos arquitectos O. Wagner, J. Hoffmann e J. Olbrich, e os pintores G. Klimt, K. Moll e L. F. Graf, entre outros. En 1910 fundouse a Neue Sezession, integrado polos pintores novos que foran rexeitados pola Sezession de Berlin.
-
PERSOEIRO
Químico estadounidense. Doutorouse na Universidade de Stanford (1968) e desde 1990 foi profesor de química no Scripps Research Institute, La Jolla, EE UU. Recibiu o Premio Nobel de Química (2001), compartido con W. S. Knowles e R. Noyori, polos seus traballos sobre as reaccións de oxidación catalizadas por quiralidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e pensador, esposo de Mary Shelley. As súas primeiras obras (Zastrozzi, 1810) evidencian a influencia da novela gótica, aínda que axiña sobresaíu en poesía. Destacan Original Poetry by Victor and Cazire (1810), Queen Mab (1813), Alastor (1816) e The Revolt of Islam (1817), onde expuxo a súa concepción do amor e da sociedade. Tras instalarse en Italia escribiu a obra teatral The Cenci (1819), Prometheus Unbound (1821) e Adonais (1821), elexía á morte de Keats, con influencia de Platón, Dante e Calderón de la Barca.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Mali (70.280 km2; 1.521.000 h [estim 1995]). A súa capital é Sikasso (73.050 h [estim 1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de carácter político e satírico, fundada en Múnic en 1896 por A. Langen e Th.Th. Heine. No ano 1944 deixou de editarse. Volveuna editar en 1954 O. Iversen e desapareceu definitivamente no ano 1967.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Burkina Faso (13.736 km2; 153.560 h [estim 1997]). A súa capital é Léo (10.012 h [1985]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria suíza fundada en 1872 con sede en Basilea. En 1997 fusionouse coa Union des Banques Suisses no Banque Unie de Suisse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa francesa dedicada á fabricación de automóbiles fundada en 1934 por Henri Pigozzi, a partir das instalacións da firma Donnet-Zedel, que adquiriu en 1933. En 1954 pasou a mans da Ford Motor Company, que a vendeu á Chrysler Corporation (1958). En 1963 foi asinado un acordo entre SIMCA Automobiles, Chrysler Corporation e Barreiros Diesel SA para a fabricación dos automóbiles SIMCA en España.
-
PERSOEIRO
Grafista, arquitecto e deseñador austríaco. Naturalizado italiano, foi o fundador da Global Tools, unha escola baseada na libre creatividade individual. O seu traballo definiuse como “metatécnico”, onde as morfoloxías naturais se entrecruzan nun conxunto con implicacións lúdicas e imaxinativas. Deseñou máquinas de escribir para Olivetti e pezas producidas para “Memphis”.
VER O DETALLE DO TERMO