"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponte Caldelas baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional de teatro creada por Manuel Guede Oliva. Entre 1982 e 1985 realizou diversos espectáculos, todos eles dirixidos por Manuel Guede, que transitan entre a denuncia política e unha crecente mestura de linguaxes escénicas: Samuel e Abraham (1982), a partir dun texto de V. Haïm; Anunciación da virxe Traamunda todo por detrás (1983), versión libre dunha peza de M. Martínez Mediero; A culpa é da poltrona (1983), versión dunha obra de F. Karinthy; Esto non é serio, señores (1984), con retallos de Karl Valentin, e Ollo ao piollo, King-Kong (1985), coprodución realizada co Centro Dramático Galego a partir de diversos materiais do debuxante de banda deseñada Lauzier. A compañía creou en Ourense a Sala de Teatro Caritel, nuns locais cedidos polo ministerio de Cultura, onde presentan os seus espectáculos ademais de programar traballos doutras compañías.
-
PERSOEIRO
Escritor grego, autor de As aventuras de Quereas e Calirroe, novela de aventuras con alusións históricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico alemán. Profesor de química en Heidelberg, ideou o método de Carius para a análise cuantitativa de halóxenos na materia orgánica, que se basea na conversión destes en haluros de prata pola acción do ácido nítrico concentrado en presenza de nitrato de prata.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aparencia dunha cousa ou dun asunto que permite prever cál pode ser o seu resultado.
-
Aspecto da atmosfera.
-
Aspecto da face dunha persoa que reflicte o seu estado de ánimo.
-
-
PERSOEIRO
Caricaturista e fotógrafo. Colaborador da prensa escrita, foi moi coñecido polos retratos de personaxes famosos do seu tempo como Baudelaire, Courbet, Sarah Bernhardt ou Victor Hugo. As súas obras caricaturescas constitúen verdadeiros estudios do carácter humano, apoiados na observación e nos xestos das persoas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos/Carolina.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico canadense. Nas súas producións reflíctese o seu interese por Québec, polas comedias musicais e pola poesía. Obtivo unha importante difusión internacional cos filmes La vie heureuse de Leopold Z (A feliz vida de Leopold Z, 1967), Red (Vermello, 1969), La vraie nature de Bernardette (A verdadeira natureza de Bernardette, 1971), Fantastica (1980) e La Guêpe (A avespa), entre outras películas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Cale (Mello-en-Beauvaisis ? - Clermont-en-Beauvaisis, actual Clermont-de-l’Oise, Île-de-France, 1358) Líder militar da insurrección campesiña da Jacquerie. Carlos II de Navarra desarmou as súas forzas cerca de Clermont o 10 de xuño de 1358 e conseguiu a rendición da cidade. Carle foi aprisionado e decapitado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cacarexar as galiñas antes e despois de pór o ovo.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na comarca da Ribera Alta, regado polo río Magro (14.366 h [1996]). A agricultura ten unha importante presenza con plantacións de hortalizas, árbores froiteiras, ervello de Ceratonia, viña e cereais. O sector industrial baséase nas empresas de transformación alimentaria. Antigo casarío islámico do termo de Alzira, foi poboado por moriscos e cristiáns. A igrexa parroquial de Santa María conserva un Descendemento, do s XVIII, pertencente á escola de Bergara. En 1870 viuse afectado por un tremor de terra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista irlandés. Da súa produción destaca a narración breve Traits and Stories of the Irish Peasantry (Características e historias dos labregos irlandeses, 1830) e a novela Fardorougha the Miser (Fardorougha o avaro, 1839).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor veneciano. Especializado na pintura de vedute (‘vistas’), foi coñecido polos seus cadros conmemorativos das solemnidades da República, reproducidos con finalidade propagandística.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e erudito italiano. Escribiu Sulle monete (Sobre as moedas, 1751-1759), dentro da liña do cuantitativismo e do mercantilismo, e Del Commercio Libero dei grani (Sobre o comercio libre do trigo, 1771), onde se manifestaba contrario aos principios da fisiocracia e ao libre comercio do trigo. Tamén escribiu Antichità italiche (Antigüidades itálicas, 1788-1790).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Como arquitecto maior de Filipe V deseñou o palacio e os xardíns de La Granja de San Ildefonso en Segovia. Foi mestre do seu fillo François Carlier (? - Bayonne 29.12.1760), profesor na Academia de Bellas Artes de San Fernando e deseñador das igrexas do Pardo e das Salesas Reales de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Moeda de ouro e prata cuñada por Carlos I de Anjou, rei de Nápoles (1266-1285).
-
Moeda cuñada polos reis de nome Carlos, como o Emperador Carlos V ou Carlos II de Navarra, ou por outros que se inspiraron neles, como Martiño I de Sicilia.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cardo do xénero Carlina, da familia das asteráceas, de follas espiñentas, brácteas involucrais internas coriáceas e longas, e aquenios pilosos que dan lugar a flores de cor amarela. En Galicia están presentes as especies C. corymbosa e C. vulgaris.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas da familia das asteráceas que reciben a denominación de carlinas ou cardos do cuco.
-
-
Peza de madeira plana, polo xeral cadrada e solidamente ensamblada, cun burato no que se apoia o extremo inferior do pau e serve de base para encaixar os mastros dos barcos, o cabrestante, etc. No primeiro caso a carlinga descansa sobre a quilla e, no segundo, na cuberta e nos vaos. Fíxase nun sitio cunhas cuñas de madeira que ao desprazarse permiten dar unha maior ou menor caída ao pao.
-
Espacio dun avión destinado á tripulación e aos pasaxeiros.
-