Caritel, Teatro

Caritel, Teatro
[ESPECT]

Compañía profesional de teatro creada por Manuel Guede Oliva. Entre 1982 e 1985 realizou diversos espectáculos, todos eles dirixidos por Manuel Guede, que transitan entre a denuncia política e unha crecente mestura de linguaxes escénicas: Samuel e Abraham (1982), a partir dun texto de V. Haïm; Anunciación da virxe Traamunda todo por detrás (1983), versión libre dunha peza de M. Martínez Mediero; A culpa é da poltrona (1983), versión dunha obra de F. Karinthy; Esto non é serio, señores (1984), con retallos de Karl Valentin, e Ollo ao piollo, King-Kong (1985), coprodución realizada co Centro Dramático Galego a partir de diversos materiais do debuxante de banda deseñada Lauzier. A compañía creou en Ourense a Sala de Teatro Caritel, nuns locais cedidos polo ministerio de Cultura, onde presentan os seus espectáculos ademais de programar traballos doutras compañías.

Palabras veciñas

Cáritas | caritativo -va | Caritel | Caritel, Teatro | Caritón de Afrodisia | Carius, Georg Ludwig | cariz