"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Dispositivo que permite dar corda aos reloxos, sen uso de chave auxiliar e sen abrilos, mediante o movemento de rotación dunha rodiña ou coroa, soldada cun eixe que substitúe a chave, efectuado cos dedos. Ideado por Abraham-Louis Breguet a comezos do s XIX, permite tamén facer xirar as agullas para cambiar a hora.
-
Reloxo de peto que está provisto deste dispositivo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desacougo que se experimenta ao sentirse culpable dunha acción considerada mala.
-
-
Que está moi afastado no espazo ou no tempo.
-
Aplícase ao elemento unido a un sistema informático por unha conexión eléctrica e que implica unha comunicación a distancia ou transferencia de datos a través dunha liña de transmisión.
-
Que é moi improbable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para remunerar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de renacer.
-
ENTRADA LARGA
Período histórico europeo, tradicionalmente fixado entre mediados do s XV e mediados do s XVI, en que se asistiu a un reflorecemento da civilización, das artes, dos estudos e de calquera outra actividade humana.
VER O DETALLE DO TERMO
Significado do concepto
O concepto de Renacemento é correlativo ao de Idade Media: naceu como unha oposición que se dispuña a edificar unha nova civilización, forte e poderosa, que pretendía substituír os séculos de barbarie transcorridos desde a caída do Imperio Romano. Tratábase de establecer novamente unha ben determinada clasicidade, que imitase e tomase como modelo, para rexurdir, na historia da literatura e na arte, o concepto de época de ouro, localizada, aproximadamente, na segunda metade do s XV e na primeira metade do s XVI italianos. As etapas anteriores foron consideradas por algúns historiadores non como unha idade do Renacemento senón como o momento do humanismo, en tanto que este é unha preparación do período renacentista. Este criterio, tan... -
MACIZO
Macizo herciniano situado ao NO de Alemaña. Prolongación das Ardenas, é un espazo compartimentado que se divide no Taunus (880 m), o Hunsrück (818 m), o Westerwald (657 m) e o Eifel (1.000 m). O Rin e algúns dos seus afluentes córtanse cunha serie de profundas corgas. Está formado por materiais depositados durante o Primario no sinclinal anglo-xermánico. Predominan as rochas cristalinas e metamórficas, como xistos, gres e calcaria. Desde o punto de vista humano, os vales, con solos a miúdo fértiles, constitúen sectores poboados e ricos, en contraste cos sectores de altiplanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Anjou 1607 - Andagaron, Canadá 1642) Mártir francés. Foi cirurxián e estivo ao servizo dos xesuítas na evanxelización dos huróns en Canadá. Morreu torturado polos iroqueses e canonizárono xunto cos mártires canadenses. A súa festividade celébrase o 19 de outubro.
-
PERSOEIRO
Duque de Anjou (1431-1453), duque efectivo de Bar (1430-1480), duque de Lorena (1431-1453), conde de Provenza (1434-1480), rei de Nápoles (1438-1442), rei de Catalunya (1466-1472) e rei nominal de Xerusalén. Encarcerado polo duque de Borgoña, non puido tomar posesión do Reino de Nápoles, que foi tomado por Afonso V de Aragón. Renunciou a Nápoles en 1442 e aceptou a coroa catalá ofrecida pola da Generalitat de Catalunya no transcurso da guerra contra Xoán II.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? - Sorrento, Nápoles ?) Bispo de Angers. Morreu antes do bautismo por culpa involuntaria do bispo de Angers e a tradición di que sete anos máis tarde o mesmo bispo o resucitou. A súa festividade celébrase o 12 de novembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do latín renatus ‘volto a nacer’. Trátase dun nome de orixe pagá usado polos cristiáns co sentido místico de ‘nado á nova vida (por vía do bautismo)’. Vén de renascor ‘volver a nacer, renacer’.
-
-
Proveito ou beneficio que produce alguén ou algo nun traballo.
-
-
Resultado que se deriva da actuación propia dunha determinada unidade económica referida a un certo período. Polo que atinxe aos procesos produtivos, considérase que o rendemento é a variación que experimenta a produción ante un certo incremento dos factores produtivos, basicamente o traballo, ou unha modificación na súa combinación.
-
Retribución que se percibe por un capital investido. Mídese como porcentaxe sobre o valor do investimento e é un indicador da súa eficiencia.
-
-
Relación entre o número de moles do produto que se forma nunha reacción química e o número de moles dun reactivo limitador na súa formación, alcanzando a estequiometría do proceso.
-
Relación de proporcionalidade, directa ou inversa, que se establece entre o efecto útil que se obtén nunha máquina, nun mecanismo ou nunha instalación e a enerxía que se consome para obtelo. O rendemento é sempre inferior á unidade polo feito de que sempre hai perdas de enerxía.
-
Cociente entre o fluxo total emitido por unha lámpada e a potencia consumida. Exprésase correntemente en lumens por wat (lm/W).
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Vigo a partir de xullo de 1958. Subtitulouse “Revista del Centro Gallego de Produtividad” e tiña unha periodicidade mensual nos seus comezos. Cesou probablemente a finais de 1960. Centrada no eido industrial, analiza a problemática da industria da época, a eficacia dos directores de empresa en relación coa produtividade, a aplicación de novas técnicas industriais e a organización de calquera empresa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista. Xogador profesional do Club Atlético de Madrid, gañou catro Copas do Rei (1984-1985, 1990-1991, 1991-1992 e 1995-1996), unha Liga (1995-1996) e unha Supercopa (1985). Foi 22 veces internacional absoluto, participou no Mundial de México 1986 e na Eurocopa de Alemaña 1988. Retirado en 1996, foi concelleiro de deportes de Marbella (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Foi abade mitrado de Villafranca del Bierzo e bispo de Lleida entre 1819 e 1824. Opúxose ao sistema constitucional e, detido como represalia pola invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís (1823), foi desterrado a Málaga e despois a Tortosa. Unha vez restablecido o absolutismo, reuniu nun volume os seus escritos anticonstitucionais. En 1824 foi nomeado arcebispo de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato ou dispositivo que consiste nunha resistencia variable que se pode axustar ou regular á vontade. Xeralmente consiste nun condutor en forma de circuíto e un cursor desprazable que permite intercalar máis ou menos espiras. Hai tamén reóstatos líquidos, nos que os eléctrodos poden ser introducidos máis ou menos no electrólito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de reparcelar.
-
-
Acción e efecto de repartir ou repartirse.
-
-
Distribución dun produto acabado entre os diferentes clientes, sexa comerciante por xunto ou comerciante polo miúdo, feita desde un almacén ou depósito.
-
repartimento de beneficios
Distribución de beneficios que se realiza ao acabar un exercicio económico acordada entre os accionistas dunha sociedade.
-
-
Asignación dos diferentes papeis a cada un dos membros dunha compañía nunha representación teatral ou nun filme.
-
-
Sistema de repoboación empregado durante a Reconquista polos reinos cristiáns que consistía na distribución das terras entre os conquistadores. En Andalucía favoreceu aos nobres e ás ordes militares, que recibiron grandes extensións de terreo, orixe dos latifundios andaluces.
-
repartimento de indios
Asignación de man de obra indíxena aos colonos casteláns.
-
-
Cesión que fai un concello, unha deputación ou o estado, de terras do seu dominio entre os traballadores pobres da terra, a cambio do pagamento dun canon anual.
-
-
-
Rexistro, índice, caderno ou libro abreviado onde se escriben ou imprimen noticias ou indicacións dispostas de xeito que se poidan atopar facilmente, e que remiten a outro lugar onde están explicadas máis extensamente.
-
Conxunto de obras musicais ou teatrais que unha orquestra, unha compañía ou unha persoa ten aprendidas e está preparada para executar ou representar.
-
Conxunto de obras homoxéneas.
-
-
-
Que está moi cheo.
-
Que está farto de comer ou beber.
-