"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • Xénero de fungos, da orde dos cantarelais, co corpo frutífero globoso, con numerosas cintas de cor crema. En Galicia pódese atopar durante o outono e principios do inverno a especie S. crispa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xadrecista. Aos 18 anos conseguiu o título de gran mestre e foi campión mundial xuvenil (Anveres, 1955). En 1962 foi campión, por primeira vez, da URSS. En 1969 gañou o campionato mundial, que perdeu na primeira defensa que fixo en 1972, ante o estadounidense R. Fisher.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Alemaña que comprende parte de Baviera e de Hessen e que se estende entre o Main (ao L, ao S e ao O) e o Kizing (ao N). Montañosa e boscosa, unha zona de 900 km2 foi declarada parque natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Organización paramilitar e policial do Partido Nacionalista Alemán. Creouse en 1925 como garda persoal de Hitler, e desde 1929 estivo ás ordes de H. Himmler. A partir de 1934, cando, coa eliminación de E. Röhm e da Sturmabteilung (SA), desapareceron os seus rivais máis directos, acadou un notable poder e foille confiada a seguridade do estado e, desde 1939, o control dos territorios ocupados. Colaborou coa Gestapo e contribuíu decisivamente ao fracaso do putsch contra Hitler do 20 de xullo de 1944, a raíz do cal Himmler asumiu o comando das forzas do Terceiro Reich.

    2. Membro da Schutzstaffel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abreviatura de “se e só se”, que se emprega especialmente en lóxica matemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abreviatura do latín subspecies, que se emprega en sistemática biolóxica, botánica, zoolóxica e microbiolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. En 1477 estableceuse en Cracovia. No estilo cracoviano, unha variante do gótico báltico, fixo o Retablo da Virxe na Kósciól Mariack (1489) e a Tumba de Casimiro IV de Polonia na catedral do castelo de Wawel (1492). Volveu a Nuremberg (1496-1525), onde fixo obras de marcadas formas expresionistas, das que destacan A salutación anxélica, para a igrexa de Sankt Lorenz, e a súa colaboración na Tumba de Maximiliano I, en Innsbruck (1514).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Coñecido como Fritz Hundertwasser, a súa pintura, de cores vivas delimitadas por un debuxo de trazo groso e liñas sinuosas, está influenciada polo Jugendstil austríaco, especialmente por G. Klimt e P. Klee. Interesouse tamén pola arquitectura desde unha perspectiva ecoloxista e participou en diversos proxectos, entre outros, a casa Hundertwasser en Viena (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director teatral e pedagogo austríaco. Coñecido como Lee Strasberg, foi o creador, influenciado pola psicanálise, do método Stanislavskij, un sistema de ensino que se basea na memoria emocional á que recorre o actor para facer xurdir unha emoción real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e químico alemán. Fundou e dirixiu o Instituto de Química Inorgánica e Nuclear da Universidade de Maguncia. Fixo investigacións en química e física nuclear e radioisótopos, inventou un método de datación que se basea na descomposición do rubidio 87 radioactivo e en 1938 colaborou con O. Hahn nas súas investigacións sobre a fisión do uranio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Dedicouse á crítica teatral (1967-1970) e, posteriormente, colaborou en diversas obras teatrais en Berlín. A súa obra inclúe dramas como Die Hypochonder (Os hipocondríacos, 1972) e prosa como Die Widmung (A dedicatoria, 1977), Der Junge Mann (O mozo, 1984) e Niemand Anderes (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e filósofo alemán. Foi obrigado a abandonar a docencia da teoloxía coa aparición de Das Leben Jesu kritisch bearbaitet (A vida de Xesús, estudada criticamente, 1835), onde expuña a interpretación da esquerda hegeliana sobre a orixe do cristianismo, entendido como invención humana e encarnación do espírito da humanidade na figura de Xesús.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Nun ton entre realista e romántico, escribiu Freund Hein (O amigo Hein, 1902), Menschenwege (Camiños do home, 1899), Der Nackte Mann (O home nu, 1912), Das Riesenspielzeug (O xoguete xigante, 1934) e a autobiografía Ludens (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Fundador e principal dirixente da Unión Social Cristiá (CSU). Foi deputado do Landtag (1949-1978), ministro de Asuntos Especiais (1953), de Asuntos Atómicos (1955), de Defensa (1956-1962) e de Finanzas (1966-1969) e ministro-presidente do goberno de Baviera desde 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra, pai de Johann Strauss. De formación autodidacta, fundou a súa propia orquestra (1825). Director de música de danza da corte imperial (1835), creou o valse vienés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra e compositor, fillo de Johann Strauss. Enriqueceu o valse da primeira metade do s XIX. Compuxo aproximadamente cento cincuenta valses, entre os que destaca An der schönen blauen Donau (No belo Danubio azul, 1867). Creou unha gran cantidade de operetas vienesas, como Die Fledermaus (O morcego, 1874) e compuxo numerosos bailes de salón. En 1841 fundou a súa propia orquestra, que fusionou coa do seu pai cando este morreu (1849). Cando foi nomeado director dos bailes da corte (1863), confioulles a dirección da orquestra aos seus irmáns Joseph Strauss (Viena 1827-1870) e Eduard Strauss (Viena 1835-1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán naturalizado estadounidense. Na súa produción distínguense tres períodos: unha primeira etapa de erudición, con Die Religionskritik Spinozas (A crítica da relixión en Spinoza, 1930); unha segunda co descubrimento da literatura esotérica que o abriu a unha nova comprensión da Antigüidade, con On Tyranny: An Interpretation of Xenophon’s Hiero (1948), Persecution and The Art of Writing (1952) e Natural Right and History (1953); e unha terceira en que se esforzou por restablecer unha lectura inxenua dos clásicos, como en Thoughts on Machiavelli (1958), City and Man (1964) e The Argument and the Action of Plato’s Laws (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Foi director de orquestra en Múnic e Berlín e director xeral da ópera de Viena (1919-1924). Cultivou a música tonal, da que destacan Don Juan (1889), Till Eulenspiegel (1895), Also sprach Zarathustra (Así falou Zarathustra, 1897), Sinfonia Domestica (1904) e Eine Alpensinfonie (A sinfonía dos Alpes, 1915). No campo dramático amosouse moi audaz, especialmente en Salomé (1905), con texto de O. Wilde. Con Elektra (1908) iniciou a colaboración co escritor H. von Hoffmannstal. Outras obras foron Der Rosenkavalier (O cabaleiro da rosa, 1911), Ariadne auf Naxos (1916), Intermezzo (1924), Arabella (1933) e finalmente Capricio (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo e guionista checo. Coñecido como Tom Stoppard, naturalizouse inglés. Das súas obras, caracterizadas por tratar temas filosóficos cun humor enxeñoso, destacan Walk on the Water (1960), Rosencratz and Guildestern Are Dead (1966), Travesties (1974), The Real Thing (1982), Hapgood (1988), Arcadia (1993) ou The Coast of Utopia (2002), ademais dos guións de Brazil (1985) e Shakespeare in Love (1998, Oscar ao mellor guión). En 1997 recibiu o título de sir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político paraguaio. Xeneral, en 1951 chegou a comandante en xefe das forzas armadas. En 1954 dirixiu un golpe de estado que depuxo o presidente Federico Chávez, e fíxose proclamar presidente da república. Desde entón foi reelixido ininterrompidamente polo seu partido, a Asociación Nacional Republicana ou Partido Colorado, que controlaba o congreso dos deputados grazas a unhas eleccións fraudulentas periódicas. En 1989 foi deposto por un golpe militar capitaneado polo seu antigo colaborador Alfredo Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO