Stroessner, Alfredo

Stroessner, Alfredo

Militar e político paraguaio. Xeneral, en 1951 chegou a comandante en xefe das forzas armadas. En 1954 dirixiu un golpe de estado que depuxo o presidente Federico Chávez, e fíxose proclamar presidente da república. Desde entón foi reelixido ininterrompidamente polo seu partido, a Asociación Nacional Republicana ou Partido Colorado, que controlaba o congreso dos deputados grazas a unhas eleccións fraudulentas periódicas. En 1989 foi deposto por un golpe militar capitaneado polo seu antigo colaborador Alfredo Rodríguez.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Asunción