"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
MUNICIPIOS
Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, situado ao SL de Bilbao, no val do río Ibaizabal (23.909 h [1996]). É o centro económico e comercial da comarca do Duranguesado. A súa economía baséase na industria, especialmente na siderurxia e na metalurxia. Fundada en 1180, no s XIX foi un activo centro carlista. Do seu patrimonio monumental destacan as igrexas de Uribarriko Andra Mariaren (s XIV) e a de San Pedro Tabirako (ss XV-XVII), a Kurutziagako, un cruceiro medieval, e o arco Santa Anako (s XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado homónimo, México, situada nos contrafortes de Sierra Madre Occidental (464.566 h [estim 1995]). A gandería é a principal actividade económica, principalmente a cría de gando porcino, bovino e caprino, que se exporta a EE UU. Tamén é importante a agricultura, sobre todo os cultivos de algodón, cereais, viña e árbores froiteiras. Na industria destaca a elaboración de produtos lácteos, a cervexa e o sector téxtil. Do seu patrimonio monumental cómpre salientar a catedral (ss XVII-XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do NO de México, situado entre Sierra Madre Occidental e a parte O da Altiplanicie Mexicana (123.181 km2; 1.431.748 h [estim 1995]). A capital é Durango. A metade da poboación dedícase á agricultura, que é principalmente cerealista. A gandería é bastante importante, xa que é o principal exportador de carne bovina de México. Posúe xacementos de ferro que son explotados por unha pequena industria metalúrxica. Na época colonial formou parte da provincia de Nueva Vizcaya, que en 1760 se constituíu en vicerreinado. Converteuse en estado en 1824.
-
-
Expresa o espazo de tempo en que se realiza a acción do verbo.
-
Expresa que algo é simultáneo ao que se indica despois da preposición.
-
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Foi primo maestro no conservatorio de Nápoles Poveri di Gesù Cristo, en Santa Maria di Loreto e en San Onofrio. Compuxo motetes, salmos, oratorios, misas, pezas instrumentais e cantatas profanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Maxistrado e deportista. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1958). En 1962 ingresou na carreira xudicial: foi xuíz de primeira instancia e instrución, maxistrado de traballo e en 1989 incorporouse como maxistrado ao Tribunal Superior de Justicia de Madrid. Como deportista federado, practicou diversas disciplinas (baloncesto, balonmán, voleibol, pesca submarina, pelota, tenis, caza, pesca, tiro, fútbol e natación), pero destacou especialmente no atletismo. Participou en competicións de saltos (lonxitude, altura e triple), velocidade (200 m) e lanzamento (peso, disco e martelo). Nestas últimas modalidades obtivo os seus maiores éxitos: en lanzamento de disco foi plusmarquista galego xuvenil e subcampión de España, preseleccionado para os Xogos Olímpicos de Roma 1960; en lanzamento de peso foi plusmarquista galego xuvenil e absoluto. Acudiu aos campionatos mundiais de Bruxelas 1963 e Salónica 1964. Capitaneou o club Hércules da Coruña e proclamouse campión...
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da provincia de Segovia, afluente, pola marxe esquerda, do Douro cunha lonxitude de 103 km. Próximo á serra do Guadarrama, pasa por Sepúlveda e Peñafiel, onde desemboca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico de arte e escritor. Defensor do realismo social e do impresionismo, é un dos personaxes representados por Fantin-Latour en Hommage à Delacroix (Homenaxe a Delacroix, 1864). Foi un dos fundadores da revista Réalisme (1856). Escribiu, entre outras obras, La nouvelle peinture (A nova pintura, 1876) e as novelas Le malheur d’Henriette Gérard (A desgraza de Henriette Gérard, 1860), La cause du beau Guillaume (A causa do fermoso Guillaume, 1862) e Le peintre Louis Martin (O pintor Louis Martin, 1881).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Doutorouse en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela en 1983. Foi profesor na universidade compostelá dende 1979 a 1986 e na Universidade de Vigo dende 1986, onde ocupa o cargo de catedrático de Matemática Aplicada dende 1992. O seu labor como investigador céntrase na análise matemática e numérica de ecuacións en derivadas parciais que rexen diferentes fenómenos da física e da enxeñería; especialmente, en problemas de fronteira libre, métodos de elementos finitos e aplicacións en termodinámica, triboloxía e glacioloxía. Parte deste traballo desenvolveuno en centros estranxeiros, como o Institut National de Recherche en Informatique et Automatique de París (1984, 1985 e 1987) e no Institut National des Sciences Apliquées de Lyon (1989, 1991, 1993, 1996 e 1998). É autor de máis de 60 traballos de investigación publicados en revistas científicas. Ofreceu numerosas conferencias en universidades españolas e estranxeiras e participou en máis de 30 congresos nacionais...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiadora. Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1987) e profesora de historia medieval da facultade de Humanidades da Universidade de Vigo dende 1974, da que foi vicedecana (1994-1996) e decana dende 2001. Realizou traballos de investigación relacionados co Bierzo e coa provincia de Ourense; entre outros, destacan os estudios sobre o monacato cisterciense na provincia de Ourense, a antroponimia galaico-leonesa dos s X ao s XIV e a cultura vinícola na zona do Ribeiro, as Rías Baixas e Valdeorras. Colaborou, nas publicacións, Estudios Humanísticos e Estudios Bercianos e nas obras La ciudad y el mundo urbano en la Historia de Galicia (1988), Poder y sociedad en la Galicia Medieval (1992), El monacato en la diócesis de Astorga durante la Edad Media (1995), Historia de Ourense (1996) e Galicia fai dous mil anos. O feito diferencial galego (1997). Entre as súas obras destacan San Pedro de Montes:...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Marca rexistrada de material fotográfico utilizado, principalmente, en marquesiñas e caixas de luz para a exposición de anuncios publicitarios.
-
CIDADES
Cidade da provincia de KwaZulu-Natal, Sudáfrica, situada na costa do Océano Índico. É un dos principais portos de África e un importante núcleo industrial, con dúas refinerías de petróleo. O seu porto é un destacado núcleo comercial, desde onde se exporta carbón, millo e se importa maquinaria. Tamén son importantes para a cidade os ingresos xerados polo turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos durranitas.
-
Individuo da tribo durranita de Afganistán.
-
Tribo de Afganistán que se denominaba antigamente abdalai, ata que a partir de 1747 Ahmad Shād, chamado Durrānī (perla das perlas), unificou as tribos afganas, ocupou o trono do país e cambiou o nome.
-
-
PERSOEIRO
Dirixente anarquista. Iniciouse na actividade sindical dentro da Unión de Metalúrgicos, integrada na UGT (1912). Desertou do exército e participou na fracasada folga xeral de ferroviarios, polo que se exiliou en Francia (1917), onde se relacionou con exiliados anarquistas. En xaneiro de 1919 volveu a España, afiliouse á CNT e participou na creación dos grupos anarquistas Los justicieros (1920) e Crisol (1922), que se transformou, meses máis tarde, en Los solidarios. Tralo establecemento da Ditadura de Primo de Rivera, refuxiouse en París e en decembro de 1924 marchou a América, onde visitou Arxentina, México, Cuba, Uruguay e Chile. Regresou a Europa en febreiro de 1926 e organizou un atentado contra Afonso XIII en París, pero fracasou e foi encarcerado. Logo da proclamación da Segunda República instalouse en Barcelona e integrouse na Federación Anarquista Ibérica (FAI) no 1932, na que organizou unha á radical dentro da CNT, o grupo Nosotros. Participou na insurrección do Alto Llobregat...
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da República de Taxikistán (524.000 h [1994]). É un importante núcleo industrial, onde destacan as industrias mecánicas e o sector téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e pianista checo. Estudiou en Praga, foi kapellmeister do príncipe Radziwill e do príncipe de Prusia e traballou en París e Londres, onde exerceu a docencia e se asociou á editorial musical do seu sogro Domenico Corri. Escribiu un método de piano, diversos concertos e sonatas para este instrumento e pezas para arpa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Discípulo de Viollet-le-Duc, foi o arquitecto da Exposition Universelle de 1889, na que construíu a Galerie des Machines. Entre as súas obras destacan as galerías do Muséum d’Histoire Naturalle de París (1881). En 1869 obtivo o Prix de Rome.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Foi capitán do exército e alcalde maior dos coutos de Landrove e Grallal. En 1597 dirixiu unha compañía de arcabuceiros que escoltaron os barcos dedicados ao transporte de mercadorías para a Armada dende Bizkaia a Ferrol. En 1598 participou nos enfrontamentos contra os ingleses á fronte dunha embarcación, foi capturado e permaneceu en prisión en Londres ata que en maio de 1599 fuxiu. Chegou a Viveiro no 1601 e volveu servir no exército, na gornición da Coruña. En 1597 construíu o pazo de Grallal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ditador haitiano. Coñecido como Papa Doc polo seu traballo como médico, ingresou no Movemento de Obreiros e Campesiños (MOP) no 1946 e participou no derrocamento do presidente Elie Lescot. Foi nomeado director do Servicio de Saúde (1946), subsecretario de Estado de Traballo (1948) e ministro de Traballo (1949) no goberno de Dumarsais Estimé. Foi destituído en 1954 e exiliouse durante dous anos, pero trala caída de Magloire e dun período de nove meses de tensións, nos que se sucederon sete presidentes, chegou ao poder nas eleccións presidenciais do 22 de setembro de 1957. Contou co apoio da burguesía negra e mantivo unha política de terror, sostida por un corpo especial de represión, os tontons macoutes. O 30 de abril de 1961, antes da fin do seu mandato, convocou unhas eleccións inconstitucionais, das que saíu reelixido. O 1 de abril de 1964 autonomeouse presidente vitalicio e declarou sucesor o seu fillo Jean-Claude Duvalier. Mantívose no poder ata a súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político haitiano, fillo de François Duvalier. Coñecido polo sobrenome de Baby Doc, sucedeu a seu pai na presidencia do país (21.4.1971). Durante o seu goberno iniciou unha política de tímidas aperturas, adoptou unha nova Constitución e convocou eleccións lexislativas en 1984, pero antes dos comicios encarcerou o líder opositor Sylvio Claude, de maneira que o partido oficial, o CONAJEC (Comité de Acción Jeanclaudista), obtivo a vitoria. Sobreviviu a diversos atentados e ao intento de derrocamento organizado por un grupo de exiliados dirixido por Bernard Sansarico (1982). As revoltas populares e a retirada do apoio norteamericano obrigárono a fuxir de Haití o 7 de febreiro de 1986 e só Francia aceptou concederlle asilo de xeito temporal.
VER O DETALLE DO TERMO