"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Director de escena ruso. Comezou a súa andaina no teatro infantil como responsable dunha compañía estatal de teatro para a infancia e a mocidade entre 1954 e 1963. Continuador das tendencias innovadoras de Vsevolod Meyerhold, os seus espectáculos destacan pola potenciación da dimensión física da interpretación, explorando a dimensión expresiva do xesto, do movemento ou do son, e pola revisión permanente das posibilidades de escenificación de autores clásicos e contemporáneos de relevancia. Esta escolla estética foi a causa dunha difícil relación cos responsables culturais da Unión Soviética que nos anos sesenta e setenta apostaban pola dimensión ideolóxica dos espectáculos fronte ás tentacións esteticistas. Entre as súas propostas máis innovadoras cómpre salientar As tres irmás (1967), sobre o texto homónimo de Čekhov; Romeo e Xulieta (1970), na que parte da obra de William Shakespeare; ou o Tartufo (1981) e o Misántropo (1986), segundo os textos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe publicada en Donostia como suplemento literario do Boletín de la Real Sociedad Económica de Amigos del País. Dirixido por Luis Michelena, Ángel Irigay e A. Arrué, recolleu a obra dos poetas vascos máis destacados da época como Blas de Otero, José Miguel de Azaola, Miguel Aresti e Gabriel Celaya. A partir de 1952 abandonou o seu bilingüismo para dedicarse en exclusiva a publicar poemas en éuscaro, o que motivou a tradución dalgunhas composicións de Ángela Figuera, Gabriel Celaya e Blas de Otero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Durante a Guerra de Independencia foi secretario de Interior da Junta de Gobierno (1813-1814), actividade pola que foi condenado a prisión (1814-1817). Despois da independencia, foi ministro de Interior e de Mariña (1823) e diplomático en Inglaterra (1824). Foi deputado por Santiago (1831) e senador (1831-1846, 1843-1852). Participou na convención que discutiu e aprobou a Constitución de 1833.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Trasladouse a Chile en 1791. Apoiou o movemento independentista, polo que estivo preso na illa Juan Fernández entre 1814 e 1817. Trala independencia formou parte da comisión encargada de redactar a Constitución de 1823 e presidiu o Senado (1824) e a Asamblea Nacional (1827). Escribiu Memoria política (1825) e El chileno consolado en los presidios (1826).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre inglés, duque de Bridgwater. Promoveu a construción das canles de Worsley a Manchester e de Manchester a Liverpool.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor noruegués. Destacou polas súas novelas de estilo realista e polas súas obras teatrais de influencia ibseniana. Da súa produción destaca Almue (1891).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo. Nacionalizado estadounidense en 1937, fundou en Nova York unha escola que leva o seu nome (1955) e unha compañía de ballet (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta letón. É autor de Dievs, tava zeme deg (Deus, a túa terra arde, 1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Loitou na Guerra da Independencia e durante o reinado de Fernando VII foi ministro da Guerra (1814-1815 e 1817-1819). Despois da revolta de Riego (1820), exiliouse e dedicouse a organizar a resistencia ao réxime liberal. En 1823 entrou en España cos Cen Mil Fillos de San Luís e presidiu a Junta Provisional de Oiartzun.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do PCE, do PSOE e da UCD, foi director xeral de Vivenda da Xunta de Galicia na etapa preautonómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político paraguaio. Presidente da República (1894-1898), impulsou a revitalización do Parlamento e tentou chegar a un acordo cos liberais. Potenciador da cultura, durante o seu mandato fundáronse o Instituto Paraguayo e a Escuela Normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista alemán. Estudiou ciencias naturais en Berlín. Gracias á súa amizade con A. von Humboldt, participou nunha expedición científica por Exipto, Siria, Arabia e o centro de Asia, durante a que recolleu numerosas especies de animais e plantas. Tralo seu regreso, centrou os seus estudios sobre os microorganismos e estableceu os fundamentos para a creación dunha bacterioloxía e dunha protozooloxía sistemáticas. A súa obra máis importante é Die Infusionsthierchen als vollkommene Organismen (1838) na que intentou establecer unha clasificación sistemática de microorganismos semellante á efectuada por Linné para as plantas e os animais superiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo austríaco. Licenciouse na Universidade de Viena (1888), e foi discípulo de Franz Brentano e Alexius Meinong. Formulou a teoría da Gestalt, coa que afirmou que a mente pode percibir o todo por riba dos seus compoñentes. Tamén se interesou pola psicoloxía, con posicións achegadas á Gestalt, e pola ética, disciplina na que intentou establecer unha gradación de valores. Cómpre subliñar as súas obras Über Gestalt Qualitäten (Das calidades da Gestalt, 1891), System der Wertheorie (Sistema de teoría dos valores, 1897) e Grundbegriffe der Ethik (Conceptos fundamentais de ética, 1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente nazi. Ingresou no partido en 1932 e acadou o grao de coronel das SS. Nomeado director da Oficina de Asuntos Xudeus (1940), elaborou o Plan Madagascar, que avogaba pola expatriación dos xudeus a esta illa africana, pero que pronto foi substituído pola ‘solución final’, que planeaba o exterminio total do pobo xudeu nos campos de concentración. Trala derrota alemana, refuxiouse en Sudamérica e foi condenado en rebeldía polo tribunal de Nuremberg. Capturado en Bos Aires en 1960 e trasladado a Israel, foi de novo xulgado en 1961 e executado ao ano seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Eidián (Agolada). A súa planta orixinal tiña forma de L, pero as reformas posteriores convertérona nun T. Ten dúas alturas, e na fachada destacan os brasóns dos López de Basadre e Varela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Agolada. De estilo románico, reconstruíuse en 1790. Ten planta e ábsida cadrada, que na súa orixe tiña menor altura ca a nave. A cuberta é de madeira e o arco triunfal apóiase en dúas semicolumnas pegadas con capiteis con decoración floral e bases con decoración de poutas. A fachada principal ampliouse cun campanario. Consérvanse da primitiva construción canzorros zoomórficos e en aresta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e deseñador alemán. Discípulo de Poelzig (1923-1927), introduciu en Alemaña o estilo internacional. Construíu numerosas fábricas durante a posguerra, entre as que destaca a fábrica de tecidos de Blumberg (1951). Realizou, entre outras obras, a Nebau der Kaiser-Wilhelm-Gedächtniskirche de Berlín (1957-1963) e o pavillón de Alemaña na Exposición de Bruxelas de 1958. En 1967 presidiu o xurado que estudiou os proxectos dos edificios dos Xogos Olímpicos de Múnic.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro francés. En 1855 graduouse na École Centrale des Arts et Manufactures de París. En 1856 comezou a traballar con Charles Nepveu, director dunha compañía dedicada á fabricación de maquinaria ferroviaria. Dirixiu as obras da ponte metálica sobre o Garonne en Bordeos (1858) e en 1866 fundou a súa propia empresa coa que construíu, entre outras, a ponte Maria Pia sobre o Douro en Porto, inaugurada en 1877. Elaborou, entre outras obras, os viadutos de Tardes, Cuzbac e Garabit, a estación ferroviaria do Staatsbahn (Budapest), os pavillóns das exposicións de 1876 e 1878 de París, a cúpula do observatorio de Nice e a armadura interna da Estatua da Liberdade de Nova York (1881-1882). Con motivo dunha nova exposición universal, erixiu en París a torre que leva o seu nome. Participou nos traballos de construción do canal de Panamá dende 1887 ata a quebra da compañía en 1889. Fundou o laboratorio aerodinámico de Auteil en 1912.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Estudiou física e química na Universidade de Gottingüer, na que obtivo o título de doutor en 1951. Logo de traballar durante dous anos como profesor na mesma universidade, en 1953 entrou no Instituto Max Planck, do que foi director no período 1967-1970. En 1967 recibiu o Premio Nobel de Química, xunto con R. G. W. Norrish e G. Porter, polos seus traballos sobre o estudo dos mecanismos de reacción. Tamén traballou no campo da análise dos enzimas.

    VER O DETALLE DO TERMO