"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Umberto Poli.
-
PERSOEIRO
Ensaísta e novelista. Doutor en Física, ampliou os seus estudos en París (1938), onde participou nos movementos artísticos de vangarda, interesado especialmente polo surrealismo. Ao seu regreso a Arxentina exerceu como enxeñeiro e ensinou física na Universidad de La Plata, onde foi cesado por motivos políticos (1945). Foi presidente da comisión encargada do informe sobre os desaparecidos no seu país durante a ditadura militar, titulado Nunca más (1983) e coñecido como informe Sábato. O seu primeiro libro, Uno y el Universo (1945), obtivo o Premio Municipal de Produción Filosófica y Científica (1946). Escribiu ensaios de interese político, polémicos e literarios. A súa obra como narrador forma unha interesante triloxía, composta por El Túnel (1948), Sobre héroes y tumbas (1962) e Abaddón el exterminador (1974), onde analiza a realidade arxentina desde unha profunda visión da problemática do s XX. Recibiu o Premio Cervantes (1984) e o...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Inversión parcial ou total da imaxe impresionada nunha emulsión fotográfica. É dicir, inversión dos tons escuros e claros respecto aos que corresponden ás características da emulsión ao recibir unha exposición moderada de luz branca durante o revelado.
-
MONTES
Monte situado na parroquia do Castro de Laza (Laza). O seu cumio acada os 1.461 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido sacárido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ser imaxinario que asusta os nenos ameazándoos con levalos metidos dentro dun saco para logo matalos e vender o seu unto.
-
PERSOEIRO
Humanista italiano. Coñecido como Il Platina, escribiu In Bessarionis laudem, o diálogo De flosculis quibusdam linguae latine ad Laelium e o discurso De laudibus bonorum artium ad Pium II P. M. (1464). Rebelouse contra Paulo II e foi encarcerado. Obtida a liberdade, cambiou a súa posición co discurso Ad Paulum II P. M. de pace Italiae componenda atque de bello Turcis inducendo e co diálogo De optimo cive e Liber de vita Christi ac omnium pontificum (1474).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Il Pordenone, formouse con G. Bellini e Giorgione. Destacado representante do manierismo, traballou na catedral de Cremona (1521-1522), na igrexa da Madonna di Campagna en Piacenza (1528), na catedral de Pordenone, onde realizou Madonna della Misericordia (1515) e na catedral de Treviso (1520).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora inglesa. Formou parte do grupo de Bloomsbury. Da súa obra destaca o poemario The land (1926), as novelas The Edwardians’(1930) e All Passion Spent (1931), e as biografías noveladas The Eagle and the Dove (1943) e Daughter of France (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Gramático e escritor. Comezou os estudos de bacharelato no Instituto de Ourense e rematounos en Santiago de Compostela (1850), onde en 1951 iniciou na súa universidade os estudos de teoloxía pero, clausurada a facultade compostelá, houbo de continualos no Seminario Conciliar de San Fernando de Ourense (1851-1854) e posteriormente concluílos na cidade compostelá (1858), onde tamén se graduou (1866) en Filosofía e Letras. En 1861 foi ordenado presbítero e en 1862 cursou estudos de doutoramento en Sagrada Teoloxía na Universidad de Madrid, sen deixar de estudar ao mesmo tempo francés, italiano e alemán. En 1863 conseguiu a cátedra de Lingua Grega de ensino medio e foi destinado primeiramente ao Instituto de Castelló de la Plana, pero pouco despois foi trasladado ao de Ourense. Coa supresión desta cátedra no bacharelato (1866), pasou a desempeñar a de Retórica e Poética e, en 1870, foi cesado deste cargo por non querer xurar a Constitución ata que en 1873 foi reincorporado ao seu posto. Dentro...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro técnico industrial. Publicou traballos técnicos sobre seguridade en Ingeniería Química e Protección Civil. Estudoso da topografía e da arqueoloxía, publicou Coincidencias cartográficas del petroglifo (Pico de San Francisco) con las señales arqueológicas del Monte de Santa Tecla GA36023024 (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Deputado pola Provincia Oriental, protestou pola exclusión da representación nacional cubana nas Cortes de 1837. Defendeu o reformismo e a automonía cubana, e rexeitou a anexión a EE UU (1848). Escribiu Protesta de los diputados electos por la isla de Cuba (1837).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Signo sensible e eficaz da graza, segundo a teoloxía tradicional. Concepto ligado ao de signo e ao de símbolo, comprende as nocións de misterio e de rito. Na historia das relixións, emprégase a expresión para indicar todas aquelas accións rituais destinadas a facer participar, momentaneamente ou dunha maneira permanente, ao home coa divindade. Entre as diversas formas de rito sacramental sobresae a comida sagrada, que aparece en todos os niveis de relixión desde o totemismo e canibalismo ata as iniciacións mistéricas e a celebración cristiá da Eucaristía, e que dunha maneira ou outra aspira á fusión ou comuñón con Deus. Na teoloxía cristiá, o termo adquiriu co tempo un valor técnico para indicar as principais celebracións rituais da Igrexa centradas en cada un dos momentos importantes da vida: nacemento, comida, relacións de amor e convivencia, enfermidade e morte. Durante o primeiro milenio reservouse este concepto aos sacramentos da iniciación: bautismo, confirmación e eucaristía. A teoloxía...
-
Hostia consagrada.
-
Sacramentos da penitencia, eucaristía e extremaución que se administran a unha persoa en perigo de morte.
-
-
RIOS
Río de California, EE UU, que nace na ladeira sur do monte Shasta, pasa pola cidade homónima, conflúe co San Joaquin, e tras un percorrido de 600 km, desemboca na baía de San Francisco.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de California, EE UU, situada nas ribeiras do río homónino (407.018 h [2000]). Porto fluvial, a actividade industrial está centrada na transformación de produtos agrícolas, na metalurxia, na informática e na aeronáutica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que é sagrado e santo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sada. Realizada en cachotaría, agás os ocos e as arestas que se fixeron en cantaría, o conxunto sufriu un incendio e algunha parte da primitiva obra non foi reconstruída. A súa orixe atópase na torre do s XV á que se engadiu un corpo rectangular, cunha escaleira exterior que dá acceso á planta nobre. Conserva un balcón de pedra erixido sobre ménsulas de granito. O recinto está amurallado e no portón hai un escudo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto situado na beira meridional da ría de Betanzos. Situado entre os illotes da Marola e Miranda, o acceso é amplo e sen máis dificultades ca os fondos areosos da ría. Conta cunhas infraestruturas naútico-deportivas que o converten nun dos portos turísticos máis importantes da provincia da Coruña, con máis de 549 prazas de atraque en peiraos flotantes. Como porto pesqueiro destaca na pesca da xouba.
-
PERSOEIRO
Cardeal e humanista italiano. Exerceu diversas funcións políticas e eclesiásticas, sobre todo de concilación cos protestantes. Escribiu poemas latinos, aínda que a fama lle veu do seu ciceronianismo, obras de filosofía, de pedagoxía e de teoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Extirpación cirúrxica da vea safena para o tratamento das varices.