Sábato, Ernesto

Sábato, Ernesto

Ensaísta e novelista. Doutor en Física, ampliou os seus estudos en París (1938), onde participou nos movementos artísticos de vangarda, interesado especialmente polo surrealismo. Ao seu regreso a Arxentina exerceu como enxeñeiro e ensinou física na Universidad de La Plata, onde foi cesado por motivos políticos (1945). Foi presidente da comisión encargada do informe sobre os desaparecidos no seu país durante a ditadura militar, titulado Nunca más (1983) e coñecido como informe Sábato. O seu primeiro libro, Uno y el Universo (1945), obtivo o Premio Municipal de Produción Filosófica y Científica (1946). Escribiu ensaios de interese político, polémicos e literarios. A súa obra como narrador forma unha interesante triloxía, composta por El Túnel (1948), Sobre héroes y tumbas (1962) e Abaddón el exterminador (1974), onde analiza a realidade arxentina desde unha profunda visión da problemática do s XX. Recibiu o Premio Cervantes (1984) e o Premio Internacional Menéndez Pelayo (1997).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Rojas, Bos Aires