"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Alzamento militar ocorrido en Sagunt (Campo de Morvedre) o 29 de decembro de 1874, ao pronunciarse os xenerais Arsenio Martínez de Campos e Luis Dabán Ramírez de Arellano, xunto cun grupo de coroneis, a favor da restauración monárquica de Afonso XII. A revolta propagouse por toda España e o 31 de decembro formouse en Madrid o primeiro goberno da Restauración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade ibérica e despois romana situada na zona norte do territorio ocupado polos edetanos, preto da costa, que corresponde á actual Sagunt. O emprazamento, sobre un lugar alto de fácil defensa, é típico dos poboados ibéricos e non corresponde ás fundacións marítimas dos gregos. Foi un centro económico importante. As primeiras informacións sólidas sobre a súa historia refírense ao ataque de Aníbal (219 a C) que iniciou a Segunda Guerra Púnica. O problema da responsabilidade da orixe da guerra, a defensa encarnizada dos saguntinos e a súa fidelidade a Roma deron ao feito un gran relevo na historia romana. Despois da guerra a cidade foi reconstruída, primeiro polos cartaxineses, e despois de 212 a C polos romanos. Foi cidade federada ata que nun momento incerto do s I a C, ou durante a época de Augusto, pasou a ser municipio romano. Durante o Alto Imperio foi unha das cidades máis destacadas da costa mediterránea peninsular, probablemente unha das máis poboadas, e suntuosas: con teatro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Caldas de Reis. De orixe románica, ten unha soa nave e ábsida de época posterior. A portada principal está formada por dúas arquivoltas tóricas apoiadas en dúas columnas e un arco semicircular sobre mochetas amodo de tímpano; e a portada sur ten unha arquivolta tórica apoiada en columnas, no tímpano está esculpido o Agnus dei coa cruz arcebispal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo e escritor. Criado nun ambiente liberal e progresista, desde moi novo sentiu a influencia do seu tío Indalecio Armesto. En 1886 tirou do prelo as follas propagandísticas La Guindilla e Los amigos del Progreso, coas que procuraba unha revitalización da actividade política da mocidade pontevedresa. Ao ano seguinte editou unha pequena novela, Amor y celos, que apareceu como folletín no xornal que dirixía o seu tío Indalecio, e en 1897 o estudo Análisis y Ensayos, onde se advirte certa moderación nos seus postulados políticos, influído pola lectura de escritores franceses da biblioteca de Xesús Muruais. Nesta época exerceu como profesor no Instituto de Pontevedra. A partir de 1902 comezou a recolleita de material para a publicación do Cancionero Musical de Galicia, que presentou, xunto con Casto Sampedro, ao concurso da Academia de Belas Artes, premio que conseguiron en 1910. Previamente, en 1905 participou na comisión preparatoria da fundación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés, señor de Saint-Amant. De nome Marc-Antoine Girard, escribiu, entre outros, os poemas Les “goinfre” e “Le melon”, con influencias de Rabelais, e o poema satírico “Rome ridicule” (1643).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e piloto francés. Piloto civil da sociedade Latécoére (1926), levou a cabo diversas misións, algunhas das cales lle inspiraron as primeiras novelas. Sufriu un grave accidente en 1937. Mobilizado durante a Segunda Guerra Mundial, en 1943 foi destinado a Sardeña. Trasladado a Córsega (1944), saíu en misión, onde morreu. Das súas obras destacan Vol de nuit (1931) e Le petit prince (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Partidario de M. de Robespierre, formou parte do Comité de Salvación Pública (1793-1794). Entregado á Revolución Francesa, reorganizou os exércitos do Rin e do norte e iniciou unha política de reformas sociais. Morreu guillotinado tras a Revolución Termidoriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica de Francia, en Poitou, comprendida no actual departamento francés de Charente-Maritime. A súa capital é Saintes. Colleu o nome da tribo dos santóns. Tomada sucesivamente polos alanos, os vándalos e os visigodos (419), formou parte do ducado de Aquitania e en 1152 pasou a Inglaterra. Reconquistada polos franceses (1375), durante a Reforma foi un foco importante do protestantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Considerado un dos modernizadores da novela vasca, escribiu Egunero hasten delako (Por que comeza cada día, 1969), 100 metro (100 metros, 1976), Ene Jesus (Meu Xesús, 1979), Hamaika pauso (1995), Gorde nazazu lurpean (2000), Gudari zaharraren gerra galdua (2000), Bihotz bi, hilobi bat (2001), Rossetti-ren obsesioa (2001) e Kandinskyren tradizioa (2003). Cultivou tamén a poesía. É membro da Euskaltzaindia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico. Pioneiro na composición de música electrónica, fundou o grupo Yellow Magic Orchestra (YMO), co que gravou Computer Game (1980). Elaborou diversos temas para a banda sonora de filmes cinematográficos, como The Last Emperor (1987), coa que obtivo un Oscar; Tacones Lejanos (1991), Little Buddha (1993), Snake Eyes (1998) e Original Child Bomb (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Deputado liberal desde 1866, substituíu a Giolitti como primeiro ministro (1914-1916) e, ao comezar a Primeira Guerra Mundial, mantivo a Italia neutral. Polo Tratado de Londres (1915), aliñou o país coa Triple Entente. Deposto (1916), cooperou inicialmente co fascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Introduciuse na fotografía a través do seu pai, Osvaldo Salas, e comezou a traballar en El Imparcial (1955). Establecido en La Habana (1959), traballou en Revolución, Cuba, Bohemia e fundou co seu pai Gramma. Correspondente na Guerra de Vietnam, ocupou diversos cargos públicos e foi o fundador da Agencia de Prensa Latina. A partir da década de 1990 experimentou coa manipulación de imaxes e publicou Tabaco: visiones sobre la leyenda (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Poeta romántico, viaxou por diversos países de Europa e América. Fundou o semanario No me Olvides (1837) e La Revista del Progreso (1841), ademais de colaborar en diversas revistas. Da súa produción destacan Poesías (1834), o drama Claudia, El casamiento de la reina (1845) e a novela El día del siglo (1848).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso xesuíta. Foi catedrático de Teoloxía Eclesiolóxica en Comillas (1929-1932) e de Teoloxía Positiva e Historia dos Dogmas na Pontificia Università Gregoriana de Roma. Dirixiu Gregorianum e colaborou en numerosas publicacións. Escribiu Sacra Theologiae Summa (1950) con M. Nicolau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo peruano. Das súas obras destacan Albores y destellos (1851) e Diamantes y perlas (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. Coñecido como Rafael Farina, realizou diversos espectáculos como El cante ya tiene rey (1956) e Arte español (1968). Participou nos filmes Café de chinitas, Puente de Coplas e La Copla andaluza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político portugués. Catedrático de Economía na Universidade de Coimbra, foi deputado (1921) e, tras o golpe de estado de 1926, converteuse en ministro de Facenda, pero dimitiu pouco despois. Chamado novamente polo presidente António Óscar de Fragoso Carmona (1928), nun ano equilibrou o orzamento estatal e desenvolveu unha política de austeridade que levou ao país ao estancamento. Converteuse en primeiro ministro en 1932 e inspirou a Constitución de 1933, que estableceu o Estado Novo con fundamentos corporativistas, nacionalistas e autoritarios e instaurou unha férrea ditadura. Apoiou ao bando franquista na Guerra Civil Española e durante a Segunda Guerra Mundial mantivo neutral Portugal. As guerras pola independencia das coloniais iniciadas en 1961 levaron ao país á bancarrota. Enfermo, en 1968 foi substituído polo seu ministro Marcelo José das Neves Caetano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista brasileiro. Escribiu novelas de carácter social, das que destacan Cascalho (1944), Dados biográficos do finado Marcelino (1965), Histórias ordinárias (1966), Uma telha de menos (1970), O fruto do vosso ventre (1976), Rebanho do ódio (1995) e A prostituta (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Seguiu a carreira eclesiástica no Seminario de Lugo e, desde 1916, exerceu como mestre. Coñecedor das correntes pedagóxicas europeas renovadoras, destacou pola súa participación nas organizacións corporativas e de defensa profesional do maxisterio. Así promoveu a creación da Federación de las Asociaciones de Maestros Gallegos (1935). No ámbito pedagóxico publicou Concepción Arenal en el aspecto pedagógico (1925), Qué medios pueden ponerse en práctica para elevar la cultura general y profesional de los maestros actuales. Ponencia leída en el Congreso Pedagógico de Lugo de 1923 (1925), Puntos cardinales del pensamiento pedagógico contemporáneo (1927) e Colaboraciones sociales que la escuela precisa (1928). Tamén escribiu sobre temas históricos e de cultura galega: Capricho literario-apologético (1910), Por Galicia y por el arte (1920), Odoario o Lugo en el siglo VIII (1923) e Santuarios Gallegos: El Corpiño (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor e director teatral. Director da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en diversas revistas especializadas, dirixiu cursos e participou en tarefas de tradución e dirección de Teatro da Lúa ou Uvegá-Teatro. É autor das obras O arce no xardín (Premio Álvaro Cunqueiro 1988), estreada polo Centro Dramático Galego en 1989; Historia de Neera (1989), que foi finalista no devandito premio e estreada en 1990 por Teatro do Atlántico; Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado (2001), Matanza (2002), Molière final (2003) e Apnea (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO