Saintonge
Saintonge
Rexión histórica de Francia, en Poitou, comprendida no actual departamento francés de Charente-Maritime. A súa capital é Saintes. Colleu o nome da tribo dos santóns. Tomada sucesivamente polos alanos, os vándalos e os visigodos (419), formou parte do ducado de Aquitania e en 1152 pasou a Inglaterra. Reconquistada polos franceses (1375), durante a Reforma foi un foco importante do protestantismo.