"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
PERSOEIRO
Militar e político hondureño. Estudiou dereito na Universidade Central e, logo de exercer a avogacía, ingresou na Academia Militar de Tegucigalpa. Participou na guerra contra Nicaragua en 1907 e ao ano seguinte foi elixido xefe militar da zona norte do país. Participou na fundación do Partido Nacional en 1923 e desempeñou o cargo de presidente da República (1932-1949), dende o que exerceu unha ditadura co apoio do exército. Sufocou revoltas liberais (1936-1937) e en 1941 declarou a guerra ao Eixe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como profesor de ensino medio. Colaborador en distintos medios de comunicación como La Voz de Galicia, Faro de Vigo e O Correo Galego, entre outros, e redactor de publicacións culturais en galego e castelán (Bisbarra, Revista das Letras, Ánimal+L, Dorna, etc), comezou a súa andaina literaria como poeta en 1986 co libro Paisaxe de verde chuvia. Publicou os poemarios Todo quanto há no mundo (1989), Cerne das labaredas (1994) e Flor no deserto (Premio de Poesía Cidade de Ourense, 1995), e como narrador Os ollos da noite (1990), Crónica de sucesos (1991), Soños eléctricos (Premio Blanco Amor, 1992), Lumefrío (1994), Perigo vexetal (Premio Merlín de Literatura Infantil, 1995), Ameaza na Antártida (1997) e Sarou (Premio Café Dublín, 1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Lorena (1545-1608), fillo do duque Francisco I e de Cristina de Dinamarca. Defendeu a causa católica en Francia durante as guerras de relixión. Desenvolveu a economía nos seus estados e fundou a Université de Pont-à-Mousson en 1572.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, pianista e cantante norteamericano. Coñecido como Hoagy Carmichael, colaborou con diversos músicos de jazz para os que compuxo cancións como Riverboat Shuffle (Barcaza de arrastre), Stardust (Encanto) ou Georgia on my Mind (Georgia na miña memoria).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Industrial e filántropo norteamericano de orixe escocesa. Logo de traballar nunha compañía de ferrocarrís, en 1865 fundou diversas empresas siderúrxicas, que en 1899 fusionou na Carnegie Steel Corporation. Retirado dos negocios, de acordo co que deixara establecido no seu libro The Gospel of Wealth (O evanxeo da riqueza, 1889), dedicouse á filantropía. Fundou diversas institucións benéficas e culturais nos EE UU e no Reino Unido, entre as que destaca a Carnegie Fundation for the Advancement of Teaching creada no 1905.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e crítico musical. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Socio fundador e presidente dende 1996 da Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza e director e membro do consello de redacción dende 1998 da revista Cavatina. Colaborador como crítico musical nas revistas especializadas Scherzo, Ópera Actual e Ritmo, e nos xornais La Voz de Galicia e Diario 16. Ademais de participar en distintas publicacións no campo da medicina, é autor de artigos e programas de man para a Universidade de Santiago de Compostela, Consorcio para a Promoción da Música da Coruña, Concello de Santiago de Compostela, Festival Mozart da Coruña, Asociación Galega da Lírica, entre os que destacan “Da música sacra de Mozart: a obriga, a ocasión e a vocalidade” (Festival Mozart 2000, 2000), “A canción e a cantata ao redor de Johann Sebastian Bach” (Bach 2000, 2000), “Beethoven: o popular en miniatura” (O Lied e a Canción de Cámara...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
carrancholas.
-
-
Mover de xeito pronunciado as cadeiras ao andar.
-
Balancear o corpo ao andar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de carrandear ou carrandearse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asento colgado dunhas cordas, cadeas ou barras que serve para balancearse como diversión.
-
GALICIA
Narrador, dramaturgo e director teatral. Fillo do insigne Uxío Carré Aldao, entrou desde cativo en contacto co galeguismo rexionalista que se reunía na librería do seu pai. Espectador na presentación da Escola Rexional de Declamación, promovida na Coruña en 1903 polo actor Eduardo Sánchez Miño e o dramaturgo Galo Salinas, traballou desde moi novo en La Artística. Entre os anos 1911 e 1913 viviu no Porto, onde se familiarizou coa cultura portuguesa. Escribiu en El Eco Español, España y Portugal e incorporouse desde 1916 ao recente movemento das Irmandades da Fala. No período 1916-1936 foi notable o seu labor como ensaísta, gramático e animador da vida teatral. Colaborou en numerosas publicacións (nalgunhas asinou como Ramón Alvariño) como A Nosa Terra, Nós, El Pueblo Gallego, Suevia, El Nororeste, Rexurdimento, Céltiga, Boletín da Real Academia, ás que hai que engadir despois da guerra Lar,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e sindicalista. Foi partidario da actuación política da Confederación Nacional del Trabajo (CNT) e un activo defensor en solitario do Estatuto de Autonomía no sindicalismo. Tralo seu abandono da CNT ingresou en 1934 no Partido Sindicalista e un ano máis tarde afiliouse ao Partido Galeguista. Foi colaborador de Solidaridad Obrera, voceiro da Confederación Rexional Galega (CRG), Trabajo e A Nosa Terra, co alcuño de Fausto Brand. Faleceu a consecuencia da represión desatada polo golpe militar de xullo de 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro francés. Construíu a primeira máquina frigorífica de compresión e ideou o uso do amoníaco como fluído frigoríxeno. Realizou diversos estudios sobre o transporte de alimentos conxelados e deseñou en 1875 o barco Paraguay, onde se transportou por vez primeira carne conxelada dende Bos Aires a Le Havre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Adscrito á escola barroca madrileña, inicialmente se dedicou á pintura relixiosa e realizou os frescos da igrexa de San Antonio dos Portugueses, do Palacio Real de Madrid, da catedral de Toledo, así como diversas versións de La Inmaculada. En 1671 foi nomeado pintor de cámara e especializouse no retrato. Influído por Velázquez e Van Dyck, a súa pintura caracterízase pola serenidade, a elegancia e a pincelada vigorosa. Entre as súas obras destacan os retratos de Carlos II e da raíña Mariana, do duque de Pastrana (1670) e do embaixador ruso Ivanovič Pot’omkin, e entre as súas últimas creacións, diferentes retratos de bufóns da corte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e diplomático ecuatoriano. Foi embaixador e ministro de Asuntos Exteriores do seu país en diversas ocasións. Como ensaísta traballou sobre temas literarios e políticos de signo socialista, e como poeta recibiu a influencia do simbolismo francés. Da súa produción poética destacan as obras: Estanque inefable (1922), La guirnalda del silencio (1926), Lugar de origen (1947). A súa obra recompilouse nos volumes Registro del mundo (1940) e Edades poéticas (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, xornalista e político. Licenciado en Dereito (1882), exerceu como profesor de historia de Catalunya nos Estudis Universitaris Catalans (1891-1922) e no Ateneu Enciclopèdic Popular. Membro da Lliga Regionalista, foi presidente da Joventut Conservadora (1890), rexedor do concello de Barcelona (1891-1922) e cónsul da República Dominicana en Barcelona desde o ano 1900. Como xornalista empregou o pseudónimo César Cardiran. Dirixiu a Revista Mercedaria (1918) e foi colaborador de Illustració Catalana (1896), Las Noticias (1919-1930), La Vanguardia (1930-1935) e Diari de Barcelona. Entre as súas obras destacan Geografía General de Cataluña (1908-1918), Geografía General del País Vasco-Navarro (1921?), Geografía del Reino de Valencia (1922), Geografía del Reino de Galicia (1928-1923) na que colaboraron, entre outros, A. Couceiro Freijomil, Uxío Carré Aldao, Anxo do Castillo, Vicente Risco e Juan Rof, e El folklore y costumbres de España (1933). Foi presidente...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na Real Sociedad de Amigos del País de Santiago de Compostela, onde foi discípulo de Xosé Fenollera. Formou parte da chamada Xeración Doente. Trasladouse a Madrid cunha bolsa concedida pola Deputación da Coruña e alí coñeceu a Sorolla, do que foi discípulo, ao tempo que traballaba no obradoiro de Manuel Domínguez. Protexido por Montero Ríos, foi nomeado restaurador do Museo del Prado. Durante os seus anos de formación realizou álbums de debuxos e obras nas que representaba personaxes populares retratados con realismo como La Cabeza de anciano. En Madrid amosou a súa preocupación polo realismo social en obras como Víctima del trabajo (1899). Desde 1900 abandonou a temática social para achegarse aos modelos franceses dominantes neses anos e realizou obras nas que predominou unha fonda preocupación polo luminismo propio de Sorolla, que incidiu nunha evolución da paleta desde as gamas azuis (Anciano sentado a la luz de la luna) ata os ocres, terras e laranxas en lenzos que...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Licenciado en Dereito, foi profesor de Dereito Político e Constitucional na Universidade de Santiago de Compostela. Foi subdelegado do ministerio de Obras Públicas e Urbanismo na Coruña e xerente da gran área de expansión industrial de Galicia. Senador polo PSOE na lexislatura 1977-1982, ocupou o cargo de tenente de alcalde da Coruña e de alcalde interino tralo cesamento de Domingo Merino. Deputado no Parlamento galego entre 1982 e 1996, formou parte da Asemblea de parlamentarios que aprobaron o Estatuto de Autonomía e da comisión mixta de transferencias da Xunta de Galicia ás deputacións. Pertence ao Consello Consultivo de Galicia. Membro da Asociación de Estudios Galegos, do Seminario de Estudios Galegos, da Asociación Española de Ciencia Política e Dereito Constitucional e da Asociación Española de Estudio do Dereito Europeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Catedrático de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela. Foi director do departamento de Dereito Público e Teoría do Estado e vicedecano da facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. É autor de numerosos artigos dedicados ao estudo da autonomía de Galicia. Recibiu o Premio Vittorio Emanuelle II.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e escultor. Formouse na facultade de Belas Artes da Universidade do País Vasco (Bilbao), onde se especializou en escultura e pintura no ano 1990. Nese mesmo ano comezou a expoñer de forma regular e a desenvolver a súa actividade docente na Escola de Artes Aplicadas Antonio Faílde de Ourense. Desde 1997 realiza ese labor na Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña. A súa obra pictórica parte das formas expresionistas e informalistas das primeiras producións para pasar a interesarse por unha figuración distorsionada pola mancha e a cor como amosa a serie Evocacións (1998).
VER O DETALLE DO TERMO