Carou Fernández, José Víctor

Carou Fernández, José Víctor

Médico e crítico musical. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Socio fundador e presidente dende 1996 da Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza e director e membro do consello de redacción dende 1998 da revista Cavatina. Colaborador como crítico musical nas revistas especializadas Scherzo, Ópera Actual e Ritmo, e nos xornais La Voz de Galicia e Diario 16. Ademais de participar en distintas publicacións no campo da medicina, é autor de artigos e programas de man para a Universidade de Santiago de Compostela, Consorcio para a Promoción da Música da Coruña, Concello de Santiago de Compostela, Festival Mozart da Coruña, Asociación Galega da Lírica, entre os que destacan “Da música sacra de Mozart: a obriga, a ocasión e a vocalidade” (Festival Mozart 2000, 2000), “A canción e a cantata ao redor de Johann Sebastian Bach” (Bach 2000, 2000), “Beethoven: o popular en miniatura” (O Lied e a Canción de Cámara nas Cidades Europeas da Cultura, 2000) e “Festivais, punto de encontro” (Festival Are More, 2000). Coordinou a publicación do libro O lied e a canción de cámara nas Cidades Europeas da Cultura (2000).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela