"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Honduras (7.946 km2; 878.000 h [estim 1991]). A capital é Tegucigalpa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo e historiador das relixións. Foi un dos primeiros autores en desenvolver grandes estudios recompilatorios de antropoloxía. Entre as súas obras destacan The Golden Bough (1890-1915), unha obra en doce volumes sobre mitos, rituais, maxia e tabúes na que formulou a idea de que a cultura humana evoluciona a partir da crenza na maxia, que precede á relixión e desemboca na ciencia; Totemism and Exogamy (1910), e Folklore in the Old Testament (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Barragán.
-
-
Acción de disparar ou lanzar unha frecha.
-
Ferida causada cunha frecha.
-
Feito de namorarse repentinamente alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Subxénero do jazz caracterizado pola complexidade rítmica e ausencia de tonalidade.
-
GALICIA
Xornalista e escritora. Subdirectora de comunicación da CRTVG. Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa carreira profesional na cadea SER. Foi directora e presentadora de diversos programas da Radio Galega (De cabo a cabo, A toda radio, Escola de calor, Noticias ás dúas) e xefa de programas da Radio Galega (1994-2002). Presentadora do programa da TVG Sombras de crime, colabora con O Correo Galego. Escribiu os contos para nenos Glub contra Blef (1998) e Un susto para Glub (2000), e diversos relatos breves nas publicacións colectivas Narradoras e Narradio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Dedicado ao sector armador de buques pesqueiros, foi presidente e vicepresidente da Asociación de Armadores de Pesca da Coruña (ARPESCO). Ocupou ademais os cargos de presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (1984-2000) e vicepresidente da Confederación de Empresarios de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Barrio (Pobra de Trives). Conserva dous torreóns e unha solaina de madeira ademais de construcións adxectivas, entre outras, o pombal e os restos dunha capela. O brasón fai referencia aos Losada, Feijoo e Quiroga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Friol. As súas orixes están nunha fortaleza do s XIII. Foi propiedade dos Pardo, descendentes da casa real de León e no s XIX agregouse ao condado de Maceda. O conxunto da casa e da torre reconstruíse e modificouse. A torre ten planta cadrada e foi reducida en altura; nela destaca unha ventá de falso arco monolítico na fachada N, mentres que na O consérvanse dúas, por onde se une á vivenda. Construída no s XVIII, ten planta cadrada e dúas alturas. Conserva un balcón corrido sobre soportes de pedra e balaústres de ferro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, unha torre de ouro, aclarada de sable; bordo de prata, con oito armiños de sable. Outra variante leva, en campo de prata, cinco armiños de prata, postos en aspa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santa María de Podentes (A Bola). Formado por un corpo rectangular, ten unha torre nun dos seus ángulos e un corpo alongado por outro que lle dá o aspecto de planta en forma de U de ás desiguais. Conserva unha solaina con escaleira ante o corpo central e o escudo presenta os elementos heráldicos dos Araúxo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Cosme de Fruzo (Arzúa). Pertenceu a unha antiga fortaleza. De planta rectangular, ten unha escaleira de pedra con balaustrada barroca (s XVIII) e un relanzo superior con balconada sobre a escaleira. A metade dereita da escaleira e a capela, que formaba escuadro co edificio, foron derrubadas nunha reforma.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, drenado polo río Jarama, preto da confluencia co Guadalix (3.208 h [1996]). Destaca a agricultura (cereais, viña e oliveiras) e gandería, pero tamén ten unha importante actividade industrial (metal, zapatos e transformación de plásticos). De orixes prehistóricas, foi incorporada ao patrimonio real en 1578. Do seu patrimonio cultural destaca o xacemento da Cuesta de Almodóvar.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi catedrático de Dereito Romano nas universidades de La Laguna, Salamanca e Autónoma de Madrid. Colaborou, entre outras publicacións, en Anuario de Historia del Derecho Español e Revista de Derecho Notarial e foi autor, entre outras obras de, Lecciones de historia del derecho romano (1963), Derecho Privado Romano (1978). Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1999. En 2002 foi elixido membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que dura moi pouco ou que pasa con rapidez.
-
-
Masa grande e densa de fume.
-
Fogueira que se fai o día de San Xoán ou o día de Ramos con loureiro bendito para afastar o meigallo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
fumaza.
-
-
Golpe dado cun fungueiro ou cun pao.
-
Patada que se lle dá a un balón con moita forza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros e tamén do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘bastonada, estacada, fungueirazo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Marín a partir do 19 de xaneiro de 1913 e subtitulado “Semanario satírico”. Cesou o 9 de febreiro do mesmo ano (nº4). Incluíu críticas a El Eco de Marín e algunhas contribucións literarias. Foi substituído por Marín.