"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Barbadás baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado na Porta (Sobrado). Fundado no s X, tivo carácter familiar ata que en 1142 se incorporou á orde do Císter. A súa fundación foi confirmada polo Papa Uxío III en 1147. Nas primeiras décadas do s XIII viviu momentos de óptima riqueza que lle era proporcionada pola produción de viño, trigo e sal, e polos privilexios concedidos por Fernando II e Afonso IX. Cara a finais de s XIII comezou a súa decadencia, que se fixo manifesta no s XIV e da que non se recuperou ata a época dos Reis Católicos. A consolidación das súas edificacións e a construción dalgunhas novas a partir de entón, como a sancristía renacentista (1569-1572) -obra de Juan de Herrera- de planta cadrada e cúpula esférica, convertérono, durante os ss XVII e XVIII, no mosteiro cisterciense máis poderoso de Galicia. En 1673 construíuse, cunha impoñente cúpula, a capela do Rosario que, atribuída a Domingo de Andrade, se converteu nun claro manifesto do Barroco, tanto no que respecta á decoración coma á iluminación. Desa...
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Director do Diario de Córdoba. Licenciado en Dereito e Ciencias da Información, fundou e dirixiu a axencia de noticias Radial Press (1964) e foi membro fundador de Ciudadano (1973) e Posible (1974). Traballou en Sábado Gráfico, El Periódico, Interviu ou Leer e foi director de Relacións Internacionais do Grupo Zeta. Director da axencia EFE (1986-1996), foi vicepresidente da Asociación da Prensa de Madrid (1981-1985), editor de Onda Mezquita e presidente do Consello Social da Universidade de Córdoba (2001). Publicou ensaios e novelas como Agotando la esperanza (Premio Café Gijón 1961), Las linotipias del miedo (1973), Una larga sed (1983) ou Te amaré después de siempre (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi ministro da Audiencia de Galicia. Publicou Odas de Horacio, traducidas en verso castellano (1813) e El triunfo mayor de España por el gran lord Wellington (1813).
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOAS
Pequena lagoa artificial situada no concello de Sobrado, preto do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes, onde conflúen as cabeceiras dos ríos Mandeo e Tambre. Aliméntase de forma regular polos regos Portevirtude e Rodelo, entre os que se instala a braña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Pertenceu á Comisión dos 16, encargada da redacción do Anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Vinculado ao Partido Galeguista, foi substituído por Xosé Manteiga.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Discípulo de Juan de Juni, traballou co obradoiro deste no coro de San Marcos de León. Cara á década de 1540 foi reclamado polos monxes de Santa María de Sobrado dos Monxes para facer (1545-1550) o retablo maior da igrexa do mosteiro, do que destacan os altorrelevos do Nacemento da Virxe, a Adoración dos Pastores e a Lamentación sobre Cristo morto, aos que dotou dunha gran naturalidade, conseguida a través dunha rica policromía e de varios planos de profundidade. Posteriormente instalouse en Ourense, co seu propio obradoiro. Para a catedral e por encargo do arcediago Alonso González de la Morera, realizou o retablo da Quinta Angustia, -tamén coñecido como o altar da misa de alba-, en que representou novamente a Lamentación sobre Cristo morto, esta vez formulado cun maior grao de dramatismo e que rematou coa imaxe dun san Bieito no corpo superior. O retablo culminouse en 1565, sendo dourado e policromado por Juan Tomás Celma. Tamén na diocese...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Pedrafita (Chantada). O edificio consta de tres corpos, o da torre, o intermedio -con porta de arco de medio punto- e o do corredor con escaleira de acceso á planta alta.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Pobra de Trives. Trátase dun edificio románico de comezos do s XII que pertenceu ao antigo mosteiro homónimo. Ten nave única con cuberta a dúas augas e ábsida semicircular precedida dun tramo recto. Realizado en cantaría, presenta varios contrafortes no exterior. Destaca a súa portada principal, precedida por un pórtico do s XIV e, no interior, os capiteis e os cimacios decorados dos dous pares de columnas que sosteñen o arco triunfal, así como a imposta axadrezada que marca o arranque de varios vans ao longo de toda a nave e da ábsida.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Sobrado (A Pobra de Trives). Tratouse dun mosteiro de monxas beneditinas moi ligado ao de Ferreira de Pantón, que desde 1175 se vinculou á orde do Císter e desde 1504 se uniu ao de San Paio de Antealtares.
-
PERSOEIRO
Pintor e historiador da arte. Foi presidente da Asociación de Artistas Plásticos de Santiago de Compostela e fundador da Asociación de Amigos da Arte de Ortigueira. Despois dunha primeira etapa figurativa, centrouse na representación de paisaxes e ambientes caracterizados polo tratamento impresionista e a desestruturación. A luz representa o papel protagonista nas súas obras e o seu efecto sobre as cores, -fundamentalmente verdes, azuis, violetas e brancos, que incrementan a súa intensidade cara aos extremos- conseguiu dar aos seus cadros unha aparencia de irrealidade, especialmente nas representacións de ceos e de masas de auga. Destacan, entre outros, Palleiros de Ouro (1980) e Mar-silencio (2002). Recibiu o Primeiro Premio nos XI Certame Xuvenil de Arte da Coruña (1969) e no II Certame Xuvenil de Artes Plásticas de Santiago de Compostela (1970), así como a Medalla de Ouro do IV Salón de Arte da Coruña (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de san Martiño de Fóra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sobrán (Vilagarcía de Arousa). Ten planta en forma de U que se desenvolve arredor dun patio. Destacan as dúas torres cadradas que, unidas por un corpo intermedio de menor altura, conforman a fachada principal. O conxunto conserva un hórreo e unha capela. Foi reformado durante a segunda metade do s XX.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vilagarcía de Arousa. De estilo románico, foi construída durante o s XII e pertenceu a un antigo mosteiro homónimo que desde o s XV se transformou en pazo. O templo ten planta rectangular de nave única e ábsida semicircular, unida ao presbiterio. Destaca a fachada principal con dous contrafortes; sobre a portada, que enmarca o tímpano liso con varias arquivoltas, destacan dous corpos abertos cunha fiestra -que dá ao coro- enmarcada por unha triploa arquivolta, un rosetón na parte superior e unha torre campanario no lateral. Exteriormente decorouse todo o contorno con pequenos aleróns sostidos por ménsulas e canzorros. Tamén destaca a decoración zoomórfica e vexetal dos capiteis e os motivos axadrezados das columnas da portada principal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que destaca ou ocupa un lugar privilexiado pola súa calidade ou superioridade.
-
-
Que sobra.
-
Cousa que sobra.
-
-
-
Quedar parte dalgunha cousa despois de empregar ou consumir o necesario.
-
Existir ou haber máis do que se necesita.
-
Estar de máis algo ou alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embutido que se fai con carne picada, touciño e graxa de porco, adobada con sal, pemento vermello e outras especias, típico das Illes Balears.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poñer as brasas debaixo daquilo que está ao lume para que se faga antes e mellor.