Sobrán, pazo de

Sobrán, pazo de

Construción situada en Sobrán (Vilagarcía de Arousa). Ten planta en forma de U que se desenvolve arredor dun patio. Destacan as dúas torres cadradas que, unidas por un corpo intermedio de menor altura, conforman a fachada principal. O conxunto conserva un hórreo e unha capela. Foi reformado durante a segunda metade do s XX.