Sobral Iglesias, Antón

Sobral Iglesias, Antón

Pintor e historiador da arte. Foi presidente da Asociación de Artistas Plásticos de Santiago de Compostela e fundador da Asociación de Amigos da Arte de Ortigueira. Despois dunha primeira etapa figurativa, centrouse na representación de paisaxes e ambientes caracterizados polo tratamento impresionista e a desestruturación. A luz representa o papel protagonista nas súas obras e o seu efecto sobre as cores, -fundamentalmente verdes, azuis, violetas e brancos, que incrementan a súa intensidade cara aos extremos- conseguiu dar aos seus cadros unha aparencia de irrealidade, especialmente nas representacións de ceos e de masas de auga. Destacan, entre outros, Palleiros de Ouro (1980) e Mar-silencio (2002). Recibiu o Primeiro Premio nos XI Certame Xuvenil de Arte da Coruña (1969) e no II Certame Xuvenil de Artes Plásticas de Santiago de Compostela (1970), así como a Medalla de Ouro do IV Salón de Arte da Coruña (1972).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Marín