"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • Liñaxe que leva por armas, en campo de goles, catro faixas de ouro. Tamén se recolle coa forma Ferreirós.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Becerreá baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Radiólogo. Licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela (1945). Especializouse en radioterapia e radiodiagnóstico. Mestre da primeira xeración de radiólogos modernos galegos, foi o primeiro catedrático de Terapéutica Física da universidade compostelá (1966) e xefe do departamento de radioloxía no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, no que organizou o primeiro servizo de radioterapia do hospital. Foi o primeiro catedrático, posto que ocupou ata a súa xubilación (1985). Foi un dos impulsores do cambio de denominación da asignatura a Radioloxía e Medicina Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monterroso baixo a advocación de san Cibrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Tomé de Xaviña (Coristanco). Ten planta alongada en forma de L e dúas alturas na fachada. A cuberta é a dúas augas. Na súa construción empregouse a cantería coa cachotería de granito. Na parte posterior está amurallado. Conserva construcións adxacentes como o pombal, as palleiras e o lavadoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monterroso. De estilo románico, construíuse no s XII. Ten unha soa nave e ábsida. O arco triunfal é dobrado coa aresta viva; apóiase en columnas pegadas. A cuberta é de madeira a dúas augas. A fachada principal ten unha espadana dun só van. Conserva unha pía bautismal románica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Paradela. De construción románica, ten unha nave e ábsida con cuberta de madeira. O arco triunfal é dobrado. No exterior destaca a portada cun arco de medio punto con tres arquivoltas con molduras, separadas por cintas escaqueadas, e un tímpano liso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pol. Construída no s XVII, ten nave rectangular con cuberta a dúas augas e capela maior de planta cadrada con cuberta a catro augas. Ao pé da nave sitúase un pórtico sobre o que se erixiu a espadana de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada na parroquia de Santo Eusebio da Peroxa (Coles). De orixe románica, trátase dun templo barroco construído sobre un xacemento castrexo. O edificio ten planta única e ábsida rectangular. Da construción románica consérvanse a nave, unha ventá sobre o testeiro e os canzorros dos beirís laterais. A fachada e a torre son froito dunha reconstrución realizada polo mestre Blas de Cabanelas no 1808. Conserva un retablo maior barroco, obra de Francisco de Castro Canseco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pobra do Brollón baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Meteorólogo norteamericano. Investigou os fenómenos mariños e formulou unha lei, que leva o seu nome, que establece que unha corrente de aire se desvía cara á dereita no hemisferio boreal e cara á esquerda no austral. Estudiou, ademais, as mareas, os ventos e as tempestades mariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequenos discos de chapa metálica, enrestrados nun arame ou noutro soporte, que se empregan en xoguetes ou intrumentos musicais para facelos soar ao imprimirlle movemento.

    2. Instrumento musical formado por un aro de madeira cunha serie de pares de pequenos discos de chapa metálica, enrestrados por aramios ou correas, que soan ao imprimirlle movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva por armas, en campo de azul, un sol figurado de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: férreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que é de ferro ou que o contén.

      2. Que ten características ou propiedades semellantes ao ferro.

    1. Aplícase a quen ou ao que se caracteriza pola obstinación, a rixidez ou a intransixencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe na voz común latina ferreolus, diminutivo de ferru ‘ferro’. Hai tres santos co nome de Ferreol ou Ferriol: un discípulo de santo Ireneo (s III) que predicou en Besançon, celebrado o 16 de xullo; un tribuno romano (s IV), celebrado o 18 de setembro; e un bispo de Grenoble (s VII), celebrado o 16 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e escritor. Exerceu o xornalismo en España e Nova York e foi cofundador de El Honor. Da súa produción destaca Cuestiones de Méjico, Venezuela y América en general (1861), Historia del combate naval de Trafalgar, precedida de la del renacimiento de la Marina española durante el siglo XVIII (1851), Reincorporación de Santo Domingo a España (1861) e Los negros en sus diversos estados y condiciones (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse no obradoiro de Buciños. Traballou o bronce en obras figurativas de carácter neorrealista. Realizou exposicións en diversas salas e no ano 2000 expuxo no Festival Intercéltico de Lorient.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e político. Licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou diversos cargos públicos como alcalde de Ourense (1963-1970) e presidente da Deputación (1970-1973; 1976-1979). Presidiu o consello de administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense (1989-1998) e foi presidente da Federación Galega de Caixas de Aforros.

    VER O DETALLE DO TERMO