"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

    1. Espírito excesivamente mercantil, sobre todo en cousas que se deberían realizar de maneira desinteresada.

    2. Corrente de pensamento económico, dominante en Europa do s XV ao XVIII, caracterizada polo principio segundo o que a riqueza dun estado depende do seu comercio exterior e é directamente proporcional ao volume de reservas de materiais preciosos (especialmente o ouro), e tamén polo feito de fomentar as exportacións e reducir as importacións. Interpretouse o nacemento do mercantilismo como unha consecuencia da aparición ao final da Idade Media dun novo tipo de estado e de capitalismo comercial. Como consecuencia da súa estreita visión “nacionalista”, os mercantilistas non examinaron o comercio desde un punto de vista internacional e non comprenderon, polo tanto, os defectos do seu esquema: se un estado acadaba unha balanza de pagamentos positiva, facíao en detrimento da balanza doutro estado, feito que implicaba a posibilidade de guerras arancelarias e dunha mingua considerable dos intercambios comerciais internacionais. Por iso, a corrente mercantilista é considerada máis como unha expresión...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mercantilismo.

    2. Partidario do mercantilismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Foi director de El Compostelano, redactor de El Correo Gallego, cofundador de La Noche, subdirector de Hoja del Lunes e redactor xefe de La Voz de Galicia. Ademais, exerceu como presidente de honra da Asociación de la Prensa Gallega da Coruña. Publicou Mujeres de ideas largas (1985), Pequeña historia de un hombre cabal. Memorias de un periodista (1988), La vida que vuelve (1989), Los españoles: entre caballeros y pícaros (1992) e El Mundo que conocí (1999). Membro correspondente da Real Academia Galega e do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, pertenceu á Asociación Internacional de Críticos Literarios (UNESCO).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Álvaro Cunqueiro publicada en 1955. Na primeira parte do libro, coñécense por medio do narrador, Felipe de Amancia, as persoas e as historias que ían parar á casa luguesa de Miranda, propiedade do amo e mestre Merlín, un mago que satisfai plenamente as demandas das diversas visitas. Ensaríllanse, a partir da evocación dun Felipe vello e anugallado, un grupo de historias que agrandan e multipican o universo espacial e temporal da novela e amplían o número e tipoloxía dos narradores e protagonistas: clérigos franceses, unha serea, un reloxeiro suízo ou unha princesa de prata déixanse caer por Miranda para beneficiárense das artes máxicas de Merlín. Todos veñen dos lugares máis recónditos buscando no corazón de Galicia unhas habilidades que resultan non só exquisitas, senón verdadeiramente eficaces. Na segunda parte da novela, cando xa Felipe de Amancia non traballaba na casa de Merlín, danse a coñecer outras historias como as ditas por uns abades e escoitadas na Pousada de Tremar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés, conde de Douai. Coñecido como Merlin de Douai, foi deputado nos Estados Xerais (1789) e conseguiu a abolición do dereito de primoxenitura. Membro xacobino da Convención Nacional e do Comité de Salvación Pública, foi ministro de Xustiza (1795-1797) e formou parte do Directorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido insaturado que se atopa no aceite da macela e que se emprega na obtención de resinas acrílicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido que se obtén por redución do ácido 3-nitrobenzensulfónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido non coñecido en estado libre, e que é un dos ácidos dos que derivan formalmente os silicatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico resistente á acción da penicinilase e cen veces menos activo que a penicilina G, que se emprega como axente antimicrobiano por vía parenteral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao radical metilo.

    2. Que contén o radical metilo.

    3. metanol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos micetofílidos.

    2. Insecto díptero da familia dos micetofílidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos dípteros, de 2 a 13 mm de lonxitude con patas longas, que presentan 1 ou 2 esporóns no extremo de cada tibia, coxas grandes, patas frecuentemente moi espiñentas e cunha cabeza pequena. Os ocelos laterais están frecuentemente preto dos bordos internos dos ollos. As ás, a miúdo con manchas, teñen unha nervación bastante variable e algunhas veces reducida. As antenas son longas con moitos segmentos. Xeralmente son de corpo amarelo con manchas máis escuras no abdome, pero tamén poden ser completamente escuras, algunhas veces con porcións amarelas rechamantes. Os adultos posúen un período de voo crepuscular ou nocturno e atópanse onde se crían as larvas, máis abundantemente no bosque húmido. As larvas son claras, algunhas veces de pigmentación rechamante na parte superior e coa cabeza escura. Existen arredor de 2.200 especies de micetofílidos coñecidos no mundo, nuns 150 xéneros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección e interese polos fungos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía que consiste na pequenez anormal dos dedos dos pes e das mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos microhílidos.

    2. Anfibio da familia dos microhílidos.

    3. Familia de anfibios, da orde dos anuros, formada por individuos de medida pequena e de hábitats moi variados. Existen especies arborícolas e escavadoras, e en xeral habitan nas zonas cálidas e húmidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Coñecido como Argiris Eftaliotis, foi un dos autores máis relevantes da poesía da Grecia de principios do s XX, como S. Mirivilis ou Ilias Venezis. Cultivou a poesía, o teatro e a narrativa, e da súa produción destaca Nēsiótikes Historíes (Historias das illas, 1894).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘milésima parte’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de intensidade eléctrica que equivale a unha milésima de ampere.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que mide a intensidade dunha corrente eléctrica en miliamperes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que marca a distancia de mil pasos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao millo miúdo.

      1. Que se semella a un gran de millo pola súa forma e tamaño.

      2. Que se caracteriza por presentar o tamaño ou a forma dun gran de millo.

      3. tuberculose miliar

        Tuberculose xeral ou diseminada, que comporta a aparición de granulacións tuberculosas en numerosos órganos.

    VER O DETALLE DO TERMO