"Nan" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1411.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira recompilación do dereito castelán, realizada por Alonso Díaz de Montalvo, por orde dos Reis Católicos en 1484. Coñecida tamén como Ordenamiento Real ou Ordenamiento de Montalvo, componse de oito libros divididos en títulos e leis. Compila as leis e ordenamentos de Cortes, dados a partir do Ordenamiento de Alcalá, as pragmáticas e ordenanzas reales e algunhas disposicións vixentes do Fuero Real. Contiña diversos erros e omisións e non resolveu o atomismo da lexislación castelá.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín publicado na Coruña a partir de xuño de 1943 ata 1986. Subtitulado “Boletín de la Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de La Coruña”, foi dirixido por Antonio Taboada Arceo e Manuel San Vicente Linares, e ata 1985 tivo unha periodicidade mensual. A partir de xuño de 1985 comezou unha segunda época caracterizada pola modernidade no deseño e rico contido informativo. Dirixida por Federico G. Martín Palmero e editada nos obradoiros de La Voz de Galicia, pasou a ser trimestral.
-
GALICIA
Poeta. Formouse culturalmente grazas ás súas viaxes por Europa, ata que se instalou sucesivamente en Ibiza, Madrid e Vigo. Foi colaborador das revistas Bonaval e Coordenadas, onde publicou algúns dos seus poemas, como “Golosá” ou “Alicia”. Estableceu relacións co movemento beat e participou na revista desta tendencia, Poetry. A súa poesía caracterízase polo rexeitamento das formas tradicionais e un achegamento á expresión automática, onde abundan as imaxes case imposibles e místicas. Da súa produción destacan os libros poéticos Elenkar (1976), Cabalum (1980), Poesía (1994), Cuando se habla de ti (1998) e En el norte hay un mar que es más alto que el cielo (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi profesor axudante na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (1967-1969). Nomeado director xeral de Tributos e Política Financeira (1982-1985), foi conselleiro de Economía e Facenda desde 1990 e deputado no Parlamento de Galicia polo PP (1997-2001). Escribiu varios artigos en revistas especializadas de economía, entre os que destacan “Administración autonómica e control externo público” (2000) e “O futuro da economía galega” (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor, director e crítico teatral. Formouse en Portugal, na Escola da Arte de Representar do Conservatório de Lisboa, e foi director de escena no Teatro da República e o responsable da introdución de pezas teatrais portuguesas no ámbito galego. En Galicia coñeceu a Lois Peña Novo e A. Villar Ponte, ingresou nas Irmandades da Fala e colaborou en A Nosa Terra. Dirixiu, entre 1919 e 1922, o Conservatorio Nazonal da Arte Galega, e a obra A man da santiña (1919), de R. Cabanillas. Tamén realizou as obras Sem porta nem tranca (1913), Norte (1920) e Desourentación (1924), subtitulada “boceto teatralizado e analítico de ideas”, que se premiou no certame teatral da Irmandade da Fala da Coruña, e na que critica a falta de solidariedade coa pobreza e a indixencia. Fundou, xunto a Ánxel Casal, en 1930 o semanario El Adelante.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidad de Madrid en 1911. Ante a carencia de hospitais en Granada, decidiu construír, xunto con Víctor Escribano, o Sanatorio de la Salud (1923). Participou, así mesmo, en numerosos proxectos: impulsou a construción do Hospital Clínico e da Facultade de Medicina e colaborou na construción do Sanatorio da Alfaguara. Á súa volta a Granada decidiu participar activamente en política. Afiliouse ao PSOE e á UGT. Foi deputado nas Cortes en 1931 (escollido por Granada e Pontevedra optou pola acta galega). Participou como orador en todos os mitins da Frente Popular, a pesar de non figurar nas súas listas. Durante o levantamento militar do 18 de xullo de 1936 atopábase no estranxeiro pero regresou a Madrid para colaborar co goberno republicano. Posto a disposición do seu partido e do goberno, ocupou o cargo de vicepresidente do PSOE (1938) e foi nomeado subsecretario de Armanento, colaborando directamente...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Especializado en material relacionado co ensino e cos movementos de renovación pedagóxica, foi membro fundador da Fundación Castelao, fundador e secretario adxunto da Fundación do Pedrón de Ouro, e presidente e membro fundador de Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Escribiu os libros de versos dedicados aos nenos Cousas para facer, dicir e pensar (1987) e O albendar dos animais (1987); o relato Por se che pasa (1988); as novelas xuvenís A verdade na bufarda (1991) e Chano (1991); a colección de relatos breves Contos de ir e volver (1994); diversos traballos sobre a figura de destacados autores galegos, especialmente Castelao, como Castelao corenta anos despois (1950-1990) (1991), A vida de Rafael Dieste (1995), A vida de Xesús Ferro Couselo (1996) e A vida de Eladio Rodríguez (2001); e os libros Que facer coas palabras? (1998) e Para iso está o futuro...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Foi xefe de sección da oficina de coordinación de transplantes de Galicia. É membro honorífico da Asociación Galega de Investigadores en Ciencias da Saúde. Colaborador en distintas revistas especializadas en ciclismo, publicou Introdución ao ciclismo (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bibliófilo, escritor e industrial. Foi un dos fundadores do primeiro Centro Gallego en Bos Aires e refutou a tese de que Cristovo Colón era galego. Publicou Cristóbal Colón. Su origen y su patria (1912) e Colombinos Art Nouveau: nuevo campeón. Un zapatero que ahorca el tirapié (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Cofundador da revista Liberté (1958), escribiu os libros de poesía Ces anges de sang (1955) e En la nuit, la mer (1981), o ensaio Journal dénoué (1974) e novelas como La mort vive (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Manuel Fernández Pacheco-Cabrera de Bobadilla y Zúñiga.
-
PERSOEIRO
Escritor. Doutor en Literatura Inglesa pola University of Edimburg e en Literatura Española e Hispanoamericana pola Universidad de Salamanca, pertence ao grupo literario Crack, xunto a Jorge Volpi. Na súa obra pretende loitar contra a mala imitación do realismo máxico e a vulgarización da literatura hispanoamericana. É autor de Subterráneos (1990), La catedral de los ahogados (1994, Premio Juan Rulfo), Amphitryon (2000, Premio Primavera de Novela), Las tormentas del mar embotellado (2000, Premio Nacional de Literatura Infantil de México) e Las antípodas y el siglo (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Realizou estudos no Círculo de Bellas Artes e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid, e en Italia. O seu estilo evolucionou desde o realismo intimista ata obras de temas ambiguos e representacións case inaprensibles de temática mitolóxica ou literaria, influenciada pola súa estadía en Italia onde descubriu o Renacemento para o conxunto da súa obra. Destacan Vida, muerte y resurrección de Virginia Wolf, El nacimiento, El ciclo del amor e La primavera.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Sanxenxo baixo a advocación de san Xenxo, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Padriñán (Sanxenxo). Ten planta rectangular con baixo e piso, ao que se engadiron dous anexos que conformaron un patio interior. A fachada principal, rematada na esquina cunha torre con ameas, ten dous escudos de armas e un balcón. A lateral esquerda ten dúas gárgolas e dous balcóns. Na horta hai un hórreo e un pombal de pedra.
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Foi mestre de capela en Venecia e Dresden, director de orquestra do teatro italiano de París e director de música da corte de Napoleón (1807-1812). Fíxose célebre coas óperas Camilla (1799), Eleonora (1804) e Le maître de chapelle (1821), ademais de realizar dous oratorios, cantatas e diversas composicións instrumentais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e cronista. Despois da súa formación en Italia, sucedeu a Juan de Mena como cronista de Enrique IV. Participou activamente nas negociacións do matrimonio de Isabel a Católica con Fernando de Aragón. É autor de Batalla campal de los perros y los lobos (1456), obra satírica; Tratado de la perfección militar (1460) e Alphonsi Palentini Hispaniensia ex annalibus suorum diebus colligentis, traducida e editada en castelán como Crónica de Enrique IV (1904-1908). Escribiu tamén o Universal vocabulario en latín y en romance (1490), anterior ao de Nebrija.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Riomao (A Veiga). O seu cumio acada os 1.189 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e historiador, marqués de Miraflores e conde de Villapaterna. Colaborou estreitamente con R. Narváez durante o década moderada. En 1846 foi ministro de Estado e de Gobernación do Reino da Península e Adxacentes. Despois de afiliarse á Unión Liberal, presidiu o Consello de Ministros (1863-1964). É autor de Apuntes históricos para escribir la historia de la revolución de España desde el año 1820 hasta 1823 (1834) e Memorias para escribir la historia contemporánea de los siete primeros años del reinado de Isabel II (1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director teatral. En 1989 fundou o Teatro do Morcego coa intención de promocionar e profesionalizar o teatro en galego. Ademais, traduciu textos teatrais e foi coautor do Dicionario da Lingua Galega (3 vol, 1986). Coa súa compañía produciu Misterio cómico (1991), O lazariño de Tormes (1998), Os vellos non deben de namorarse (2001) e A gran ilusión (2002), e co CDG obras como A comedia do gurgullo (2004). Participou nos filmes Huidos (1992), A lingua das bolboretas (1999), O lapis do carpinteiro (2003) e O ano da carracha (2004) e en varias series de televisión. Recibiu o Premio Compostela ao mellor actor por Misterio Cómico (1992) e o Premio María Casares á mellor versión por o Lazariño de Tormes.
VER O DETALLE DO TERMO