"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín aparecido en maio de 1811 e que se considera como o primeiro periódico de Lugo. Recibiu diversos epígrafes e denominacións, entre elas: Estado Mayor. 6º Exército. Resultado de las operaciones de este Exército; Quartel General del Exército. Diario de Operaciones del Ejército Español; Boletín del 6º Cuerpo del Ejército. Diario del 6º Cuerpo de Operaciones. Os seus artigos acompáñanse de datos sobre outros corpos do exército e novas sobre recoñecementos e actos de valor e heroísmo dos soldados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de estercar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Excrementos animais mesturados con restos vexetais que se empregan para fertilizar a terra. Na tradición oral recóllense ditos como: “Bota esterco ao pan, que as terras cho pagarán. Con esterco e rega non hai mala terra. O esterco non é santo, pero onde cae fai milagros”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento biliar de cor amarela que se produce como resultado da degradación do grupo hemo da hemoglobina, por oxidación do urobilinóxeno. Fórmase nos intestinos e elimínase cos excrementos. Emprégase para a diagnose de enfermidades hepáticas e intestinais.
-
-
Relativo ou pertencente aos excrementos.
-
Aplícase aos organismos que habitan nos excrementos.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás esterculiáceas.
-
Árbore da familia das esterculiáceas.
-
Familia da orde das malvas que comprende árbores de follas alternas e lanceoladas, tronco liso con cortiza de cor canela sobre o que aparecen directamente as flores en acios, de cinco pétalos, de cor vermella e amarela, inodoras, e que son polinizadas principalmente por formigas. Os froitos son cápsulas elípticas, arestadas e indehiscentes. O xénero de maior difusión da familia das esterculiáceas é Theobroma.
-
-
GALICIA
Deseñador gráfico, pintor e gravador. Foi xefe de estudo gráfico da axencia de publicidade AHA (1983-1986), debuxante de GRAFORSA (1987-1991), director de arte do Grupo Córcega Galicia Comunicación (1997-1998) e de Edicións Espiral Maior (1998-2002). Realizou traballos gráficos para a Universidade da Coruña, Xunta de Galicia, concellos da Coruña e Sada, Asociación de Escritores en Lingua Galega, Trofeo Teresa Herrera e diversas empresas coruñesas. Colaborou en Aetinape (1986-1996), La Voz de Galicia (1998-1999) e Obradoiro (1995-2000). No eido da pintura e do gravado, inclinouse pola abstracción aínda que tamén traballou a figuración deformada. As súas composicións caracterizáronse pola cor e o grafismo xestual con trazos fortes e vigorosos. Foi membro fundador dos grupos GALREXO (1974) e Galicia Estudio (1978). Realizou, entre outras, as carpetas de gravados Ortigas da memoria, con poemas de C. Sánchez (1984), Mulleres (1987) e participou na...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
escordar.
-
Retorcer a roupa mollada para lle quitar a auga.
-
Prensar as uvas no lagar.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación semestral aparecida en 1981 e subtitulada “Revista oficial del Instituto de Estudios Bercianos”. Dirixiuna inicialmente José A. Carro Celda. No número once exerceu como director J. Enrique Fernández Llamazares, e dende o dezanove coordinouna J. Ignacio González Ramos. Tentou fomentar e difundir a cultura berciana en todos os seus ámbitos, cunha recompilación de literatura oral e popular da zona, ademais de achegas literarias de diversos autores, en que se incluían escritores galegos e portugueses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Condesa de Mercia, filla de Alfredo o Grande. Administrou o territorio de Mercia trala morte do seu home, o conde de Mercia (911), e enfrontouse xunto a Eduardo I de Wessex contra os daneses. Trala súa morte, o condado de Mercia foi incorporado ao Reino de Wessex.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Título inferior ao de rei, atribuído a certos soberanos orientais.
-
Arcebispo dunha comunidade ortodoxa sometida a dominio estranxeiro, pero que mantiña poder civil.
-
-
GALICIA
Comarca administrativa do NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coas comarcas de Ortegal (concellos de Mañón e Ortigueira) e Ferrol (As Somozas, San Sadurniño e Neda); ao S coa de Betanzos (Aranga, Irixoa, Vilarmaior e Miño); ao L coa de Ferrol (Fene) e coas rías de Ares e Betanzos; e ao O coa Terra Chá (concellos de Muras, Xermade e Guitiriz). Abrangue unha superficie de 541,3 km2nos que acolle unha poboación de 28.842 h (2001), distribuídos entre os concellos de Cabanas (30,3 km2; 3.292 h), A Capela (58,7 km2; 1.559 h); Monfero (172,5 km2; 2.639 h); Pontedeume (29,4 km2; 8.912 h) e As Pontes de García Rodríguez (250,4 km2; 12.440 h). Dous son os núcleos principais: As Pontes de García Rodríguez, situada a 43° 26’ 55’’ de latitude N e 7° 51’ 25’’ de lonxitude O; e Pontedeume, situada a 43° 24’ 20’’ de latitude N e 8° 10’ 20’’ de lonxitude O, que organizan cadansúa subárea funcional dentro da comarca. A máis extensa...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mercado financeiro de diñeiro e capitais, global e non regulable, en que se emiten títulos ou se outorgan préstamos en divisas diferentes ás do país emisor. O mercado de diñeiro é a curto prazo, con marxes que van dun día a varios meses, e o de capitais (onde se inclúen euroempréstitos e eurobonos) é a medio e longo prazo, a partir de dezaoito meses.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización destinada ao desenvolvemento da investigación espacial para a realización de grandes proxectos que sobrepasan a capacidade dun só Estado. En 1975 fusionouse coa ELDO para dar lugar á ESA.
-
PERSOEIRO
Bispo de Vercelli (340-368), no Piemonte. Contrario ao arianismo, foi desterrado polo Emperador Constancio, primeiro a Escitópolis (355) e despois a Capadocia. Trala morte do emperador regresou a Vercelli, onde se dedicou á instrución e formación de sacerdotes. A petición do Emperador Xuliano asistiu ao concilio convocado por Atanasio en Alexandría, que lles concedeu o perdón aos bispos arianos a condición de que volvesen ao estado de leigos. Honrado como mártir, foi o primeiro bispo de Occidente que introduciu a vida monacal para o clero. Escribiu unha serie de cartas apostólicas con eloxios da vida monacal. A súa festa celébrase o 2 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Gobernador que representaba os emperadores de Bizancio en Italia e África, establecido baixo o Emperador Mauricio (582-602). Tiña, entre outras atribucións, o mando supremo das tropas, a dirección da diplomacia, a autoridade sobre a administración civil e o dereito de inspección sobre as cuestións eclesiásticas.
-
Gobernador dun exarcado da Igrexa ortodoxa. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
-
Cargo ou dignidade de exarca.
-
Época e duración do goberno dun exarca.
-
-
Circunscrición administrativa do Imperio Bizantino en Italia e África gobernada por un exarca. Constituíuse baixo o goberno de emperador bizantino Mauricio (582-602). O exarcado de Ravenna creouse no 584 e desapareceu polos ataques dos lombardos no 751, aínda que nominalmente sobreviviu ata finais do s XII. O exarcado de Cartago, creado en 587, foi invadido polos árabes no 647 e desapareceu no 709.
-
Demarcación territorial da Igrexa ortodoxa que se corresponde basicamente coas homónimas do Imperio Bizantino. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de excarcerar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liberar a alguén do cárcere por mandato xudicial.