"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • PENÍNSULAS

    Península duns 12 km de lonxitude e 3 km de ancho, pertencente ao municipio de Pollença e situada na parte máis setentrional de Mallorca, no extremo oriental da Serra de Tramuntana. O arxentino Adam Diehl construíu en 1928 enriba da praza de Formentor, o hotel Formentor, unha das primeiras construcións turísticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo que significa ‘historia das formas’. Utilízase como forma abreviada do método esexético (formgeschichtliche Methode), iniciado a principios do s XX polos alemáns Martin Dibelius, Karl L. Schmidt e Rudolf Bultman. Convencidos de que os evanxeos posuían unha tradición anterior oral, prepararon un instrumento de traballo para recompoñer os evanxeos actuais nas primitivas formas de evanxelización. Hermann Gunkel preparou este método utilizando as formas estilísticas propias do Antigo Testamento. As achegas no ámbito da filoloxía feitas por Paul Wendland (1864-1915) e Eduard Norden (1868-1941) sobre a literatura helenística, e por Axel Olrik (1864-1917) sobre a poesía épica, foron de moita importancia. A predicación oral e o catecumenado serviron para transmitir unha mensaxe cristiá que se percibiu nos textos escritos do Evanxeo. Só algunhas formas de linguaxe estereotipadas (ditos, sentencias, boaventuranzas, parábolas e exemplos, frases de Cristo encabezadas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal ou éster do ácido fórmico.

    2. Anión do ácido fórmico, de fórmula HCOO - .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Material plástico de recubrimento que se utiliza en mobles, paredes, pisos, etc, pola súa resistencia mecánica e facilidade de mantemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás formigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás formigas.

      1. Relativo ou pertencente ao ácido fórmico.

      2. ácido fórmico [ácido metanoico: HCOOH]

        O máis simple dos ácidos orgánicos monocarboxílicos, descuberto en 1749 por A. S. Margraft na destilación acuosa das formigas vermellas. Localízase tamén nas estrugas e na suor. Emprégase na industria téxtil nos baños de mordente e de tintura, como desinfectante e xermicida e como coagulante do látex do caucho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é mellor ou maior do habitual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insecto, da orde dos himenópteros, caracterizado por presentar o corpo aparentemente dividido en catro partes: a cabeza, o mesosoma -no que aparecen unidos o tórax e o primeiro segmento abdominal-, o pecíolo -constituído polo segundo e ás veces o terceiro segmento abdominal- e o gastro -que engloba do terceiro ou cuarto ata o sétimo segmento abdominal-. Existen unhas 2.500 especies distribuídas dende os trópicos ata as zonas temperadas, que viven socialmente, organizadas en colonias que poden variar no número dende uns poucos ata máis de 100.000 individuos. As máis das especies contan con castes polimórficas formadas fundamentalmente por femias estériles que fan o labor de obreiras -nalgúns casos especializadas en distintas tarefas-, ou como soldados provistos de fortes mandíbulas. As obreiras son as encargadas de buscar a comida, de manter e agrandar o formigueiro e de coidar das formigas en estado de larva. As formigas trasladan os ovos e as larvas -pequenos vermes ápodos de 13 segmentos-,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Experimentar unha sensación de cóxegas en calquera parte do corpo debido á falta de circulación do sangue.

    2. Mostrar alguén unha certa inquietude ou desacougo.

    3. Haber nun lugar moitas persoas ou animais movéndose conxuntamente de xeito semellante ao das formigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, un león andante, de sable; bordo cosido con oito lobatos, de sable. Outra variante leva, en campo de sinople, un mono ao natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doenza que sofre o gando e que vai desfacendo os cascos ou pezuños pola parte interior.

    2. Inflamación con pus que se produce na pel dos dedos, sobre todo nos bordos das uñas.

    3. Sensación semellante á das cóxegas que se produce nunha parte do corpo por falta de circulación no sangue.

      1. costro.

      2. Filloa que se fai co primeiro leite que dá a vaca despois de parir.

      3. Comida feita con migallas de pan, ovos e azucre, ou trigo e millo, cocida toda a mestura con leite ou auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Material utilizado en construción, formado por grava, area, cemento pórtland e auga. Trátase dun material que pode ser moldeado de moitas formas e que presenta unha gran variedade de texturas e cores. Os materiais empregados para elaborar a masa teñen que estar nunha proporción adecuada para formar unha masa compacta na que a area encha suficientemente os espacios comprendidos entre a grava, e o cemento fai de elemento de ligazón da area e da grava e enche os ocos comprendidos entre elas. Os diferentes tipos de formigón defínense segundo a proporción en volume en que interveñen os seus compoñentes: o formigón 1:4:8 faise cunha parte do volume de cemento, catro de area e oito de grava. A adecuada proporción dos ingredientes fai que sexa máis compacto e, polo tanto, máis resistente. Ao ser un material pastoso, pódese obter a forma desexada verténdoo nun encofrado construído previamente ou nun foso, baixo terra, que serve de cimento.

    2. Formigón composto por unha estrutura interna metálica destinada a resistir esforzos de tracción e flexión que o formigón normal non pode aguantar.

    3. Formigón formado por unha mestura de agregado mineral e de asfalto ou masa de asfalto.

    4. Formigón que ten os seus compoñentes ligados con betume.

    5. Formigón no que se engaden elementos grosos como bloques, que se emprega na construción de presas e outros traballos semellantes.

    6. Formigón formado por unha mestura de agregado mineral e alcatrán, preparada previamente e comprimida.

    7. Formigón composto por grava e area unidos por arxila.

    8. Formigón no seu estado natural unha vez que se lle retirou o encofrado.

    9. Formigón no que se empregou cal hidraúlico.

    10. Formigón de pouca densidade elaborado a base de materiais porosos ou inxectado no seu interior con burbullas de aire. Emprégase para estruturas lixeiras.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina para mesturar os materiais que forman o formigón e que consiste, polo xeral, nun tambor xiratorio no que se botan os produtos para a súa mestura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Campo Lameiro. Ten planta de forma cadrada e escaleira exterior. O portón conserva as ameas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Lugar onde as formigas viven en sociedade.

      2. Conxunto de formigas que viven xuntas en sociedade.

    1. Lugar onde hai moitas persoas movéndose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza situada en San Pedro de Trasalba (Amoeiro). Fortaleza real, foi un dos castelos que Afonso IX deu en dote a dona Berenguela. Foi unha posesión disputada entre os seus propietarios e o mosterio beneditino de Santa Comba de Naves. Destruído durante a Segunda Guerra Irmandiña, foi reconstruído e mantívose en pé ata comezos do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Samos baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de substitución electrofílica mediante a que se introduce un ou máis grupos formilo nun composto orgánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo acilo univalente, de fórmula HCO-, que deriva do ácido fórmico. É característico dos aldehidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea de rizoma carnoso, de follas basais ensiformes e cunha lonxitude de entre 10 e 20 cm, de flores carmesís ou amarelas, sostidas por un escapo máis longo ca as follas, e de froitos en cápsula. Natural de Nova Zelanda, cultívase para obter a fibra das súas follas e como planta ornamental. Tamén se coñece como liño de Nova Zelanda.

    2. Fibra que se extrae en forma de fascículos, de 60 a 100 cm de lonxitude, das follas do formio mediante a batedura e a torsión a man ou a máquina. Emprégase para fabricar tecidos, papel e, sobre todo, cordas. Tamén se coñece como liño de Nova Zelanda.

    VER O DETALLE DO TERMO